Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 12 Mércores, 18 de xaneiro de 2023 Páx. 6957

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación

ANUNCIO do 28 de decembro de 2022, da Xefatura Territorial de Pontevedra, polo que se notifica o traslado da folla de valoración dos bens e dereitos afectados pola execución do proxecto Reforma LMTA LAL803 no Castelo, Cepeiras, Candelas e Erbo, realizada pola empresa beneficiara da expropiación.

Para dar cumprimento ao disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, segundo o cal a publicación no Boletín Oficial del Estado resulta preceptiva «cando os interesados nun procedemento sexan descoñecidos, se ignore o lugar da notificación ou ben, tentada esta, non se puidese efectuar …», mediante o presente anuncio notifícase que a empresa beneficiaria da expropiación trasladou as follas de valoración dos bens e dereitos afectados pola instalación eléctrica denominada Reforma LMTA LAL803 no Castelo, Cepeiras, Candelas e Erbo, que figuran no cadro anexo.

As persoas interesadas poderán presentar, no prazo de 10 días, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, escrito no que acepten ou rexeiten a folla de valoración da empresa beneficiaria; no segundo caso, terán dereito a facer as alegacións que consideren oportunas, empregando os métodos de valoración que xulguen máis convenientes para xustificar a súa valoración e, así mesmo, achegar as probas que consideren oportunas na xustificación de ditas alegacións.

Vigo, 28 de decembro de 2022

Beatriz López del Olmo
Xefa territorial de Pontevedra

ANEXO

Expediente: IN407A 2021/56-4.

Entidade beneficiaria: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Denominación da instalación: Reforma LMTA LAL803 no Castelo, Cepeiras, Candelas e Erbo.

Concello: Lalín.

Predio

Refª catastral

Lugar

Titular

15

2807407NH320N0001IU

O Barreirón-Palmou

Hros. José Taboada