Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 12 Mércores, 18 de xaneiro de 2023 Páx. 6937

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación

RESOLUCIÓN do 23 de decembro de 2022, da Xefatura Territorial de Pontevedra, pola que se somete a información pública a petición de autorización administrativa e de declaración de utilidade pública, en concreto, dunha instalación eléctrica nos concellos de Vigo e Redondela (expediente IN407A 2022/435-4).

Para os efectos previstos na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización administrativa e de declaración de utilidade pública, en concreto, e a urxente ocupación que leva implícita da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Domicilio social: avenida de América, 38, 28028 Madrid.

Denominación: reforma da LMT TRO718 e substitución do CTI Parada-Teis 36AC73 por CTC.

Situación: Vigo e Redondela.

Características técnicas: liña de media tensión subterránea (LMTS) a 15 kV, con condutor RHZ1, en dúas actuacións. A primeira é de 530 metros con orixe no paso aéreo subterráneo no apoio proxectado C-7000/14, na LMT TRO718, entre a derivación ao centro de transformación Fonte das Mozas e o centro de transformación Parada-Teis que se retira, e final no novo centro de transformación Parada-Teis. A segunda actuación é de 420 metros con orixe no novo centro de transformación Parada-Teis e final no paso aéreo subterráneo no apoio proxectado C-7000/14, na LMT TRO718, entre a derivación ao centro de transformación Parada-Teis que se retira e os centros de transformación Pé do Pandeiro (Chapela) e Instituto Cidadelle. Centro de transformación compacto telecontrolado, a 250 kVA, con RT 15 kV/400 V, situado en Parada, Redondela, na parcela con referencia catastral 36045A053008260000WM. Retensado dos vans aéreos contiguos aos apoios proxectados (91+91 metros). A instalación está situada nas parroquias de Teis, no municipio de Vigo, e Chapela, no municipio de Redondela (Pontevedra).

A relación concreta e individualizada dos bens ou dereitos que se van expropiar figura no anexo.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presentar as súas alegacións nesta xefatura territorial, avenida María Victoria Moreno, 43, 36003 Pontevedra, no prazo máximo de trinta días, a partir da última publicación ou notificación individual.

O proxecto encóntrase á disposición do público para a súa consulta no portal da Vicepresidencia primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación (http://ceei.xunta.gal/transparencia/documentos-sometidos-a-informacion-publica) durante o prazo de trinta días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Durante o dito período calquera persoa poderá achegar, por escrito, os datos oportunos para rectificar posibles erros na relación de persoas, bens e dereitos afectados, así como formular as posibles alegacións por razón do disposto no artigo 145 do Real decreto 1955/2000 anteriormente citado.

Pontevedra, 23 de decembro de 2022

Beatriz López del Olmo
Xefa territorial de Pontevedra

ANEXO

Nº expediente: IN407A 2022/435-4.

Denominación: reforma da LMT TRO718 e substitución do CTI Parada-Teis 36AC73 por CTC.

Concellos: Vigo e Redondela.

Lugar

Cultivo

Referencia catastral

Titular

Afección

CT

Apoio

Canliz. Subt.

m2

Lonx.

Sup. (m2)

2

Pugariño

Rústico

54057A009001910000AW

Juan Manuel Álvarez Iglesias e Juan Carlos Álvarez Iglesias

2

3,24

3,94

10,52

4

Parada

Rústico

36045A053008260000WM

María Tizón Paz

16,81

3,00

17,97