Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 12 Mércores, 18 de xaneiro de 2023 Páx. 6939

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación

RESOLUCIÓN do 23 de decembro de 2022, da Xefatura Territorial de Pontevedra, pola que se somete a información pública o estudo de impacto ambiental e o proxecto para a nova saída da subestación de Lalín e reordenación da LMT LAL811, localizado nos concellos de Lalín e Dozón, provincia de Pontevedra (expediente IN407A 2021/270-4).

En cumprimento do disposto na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico; no Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica; na Lei 21/2013, do 9 de decembro, de avaliación ambiental, e demais normas vixentes de aplicación, sométese á información pública o estudo de impacto ambiental e o proxecto da instalación eléctrica que se describe a seguir:

Solicitante: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Denominación do proxecto: nova saída subestación Lalín e reordenación LMT LAL811.

Obxecto do proxecto: a actuación ten como obxectivo a mellora da subministración eléctrica entre as localidades de Lalín e Dozón mediante a construción e repotenciación dunha liña LMTA de 20 kV que contará con varios tramos aéreos, varios tramos subterráneos e o desmantelamento dalgúns tramos existentes. Así mesmo, proxéctase a substitución de varios apoios existentes, así como a renovación dalgúns condutores e o tensado de vans. No concello Lalín a liña ten unha lonxitude duns 2.165 metros e no de Dozón duns 3.678 metros aproximadamente.

Orzamento: 60.234,84 €.

Concellos afectados: Lalín e Dozón, na provincia de Pontevedra.

Localización: rúa nº 1, rúa nº 2, Agruchave, Catasós e Torguedo, no concello de Lalín. Pereiró, As Maceiras, Santo Domingo e O Castro, no concello de Dozón.

Características das instalacións proxectadas:

Retíranse os seguintes tramos:

Un total de 226 metros do condutor LA-56 do tramo LAL8110992 entre o apoio existente AV6P6NGC//9 e apoio proxectado C-1000/18.

Un total de 494 metros do condutor LA-30 dos tramos LAL8111018, LAL8111045, LAL8111458 e LAL8111119.

Para reforzar o tramo da LMTA LAL8110943 desmóntase o condutor LA-30 para tenderse un novo condutor LA-110.

Retíranse os tramos LAL8111297 e LAL8111298 na derivación ao CT Granxa Bernárdez (36PKB0).

Instalación ou substitución dun total de 49 apoios. Os apoios substituídos son:

Apoio AVE648WB//9-22 por un C-7000/16 e retensado do van aguas arriba.

Apoio AVADE3WG//9-23 por un C-1000/16 e retensado do van augas abaixo.

Apoio AWJ34UMC//49-45-9 por un C-4500/16 e retensado do van augas arriba.

Apoio AWTRJGRS//49-45-4 por un C-1000/16 e do apoio AWW1UM30//49-45-3 por un C-1000/16.

Apoio B1SNSW6A/88-A9 por un apoio C-1000/14 no que se instala un ITC e reténsase o van augas arriba.

Instalación dos seguintes tramos de liña de media aérea (LMTA) a 20 kV en:

1. De 107 metros en condutor LA-56 AVIF mm2 Al desde o apoio proxectado C-3000/14 ata o apoio proxectado C-1000/18.

2. De 189 metros en condutor LA-56 mm2 Al desde o apoio proxectado C-7000/16 ata o apoio proxectado C-1000/16.

3. De 2164 metros en condutor LA-110 AVIF mm2 Al desde o apoio proxectado C-7000/16 ata o apoio existente AWID6Q57//49-45-9-9.

4. De 147 metros en condutor LA-56 AVIF mm2 Al desde o apoio existente AWJ4LQQ8//49-45-9-1 ata o apoio proxectado C-4500/16.

5. De 99 metros en condutor LA-110 AVIF mm2 Al desde o apoio proxectado C-4500/16 ata o apoio proxectado C-7000/14.

6. De 28 metros en condutor LA-56 AVIF mm2 Al desde o apoio proxectado C-4500/14 ata o apoio existente AWSMMG3R//49-45-5-1CT.

7. De 424 metros en condutor LA-110 AVIF mm2 Al desde o apoio proxectado C-1000/14 ata o apoio existente AX398JBA//49-45.

8. De 3433 metros en condutor LA-110 AVIF mm2 Al desde o apoio existente AX398JBA//49-45 ata o apoio proxectado C-4500/14.

9. De 78 metros en condutor LA-56 AVIF mm2 Al desde o apoio existente AXN0F06W//88-A71-11-1 ata o apoio existente AXNJ6M9R//89-69X-12-1.

10. De 147 metros en condutor LA-56 AVIF mm2 Al desde o apoio proxectado existente B1SNSW6A//88-A9 ata o apoio existente B1SPBSC5//88-A8.

Instalación dos seguintes tramos de liña de media tensión subterránea (LMTS) a 20 kV:

1. De 100 metros en condutor RHZ1-20L 12/20 kV 1×240 mm2 Al desde a cela de media tensión de saída da subestación de Lalín ata o empalme que se vai realizar na arqueta proxectada.

2. De 1.183 metros en condutor RHZ1-20L 12/20 kV 1×240 mm2 Al desde o empalme que se vai realizar na arqueta proxectada ata o apoio proxectado C-3000/14.

3. De 609 metros en condutor RHZ1-20L 12/20 kV 1×240 mm2 Al desde o apoio existente AWGXAEPB//49-45-9-8 ata o apoio existente AWFGEA0H//49-45-9-7.

4. De 681 metros en condutor RHZ1-20L 12/20 kV 1×240 mm2 Al desde o apoio proxectado C-7000/14 ata o apoio proxectado C-1000/14.

5. De 466 metros en condutor RHZ1-20L 12/20 kV 1×240 mm2 Al desde o apoio proxectado C-4500/14 ata o apoio existente AXNOF06W//88-A71-11-1.

O órgano competente para as autorizacións administrativa e de construción desta instalación eléctrica é a Xefatura Territorial de Pontevedra da Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación.

O proxecto da nova saída da subestación de Lalín e a reordenación LMT LAL811 está suxeito a avaliación de impacto ambiental ordinaria, conforme o artigo 7.1.a) da Lei 21/2013, do 9 de decembro, de avaliación ambiental. O órgano ambiental competente para emitir a declaración de impacto ambiental é a Dirección Xeral de Calidade Ambiental, Sostibilidade e Cambio Climático da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda.

De conformidade co previsto no artigo 53.1.a) da Lei 24/2013, do 26 de decembro, a tramitación de ambos procedementos (autorización administrativa previa e de construción e a avaliación de impacto ambiental) efectúase de maneira conxunta.

Corresponde ao Servizo de Enerxía e Minas da Xefatura Territorial de Pontevedra a tramitación de ambos procedementos. Polo tanto, as alegacións que se poidan presentar deben ser dirixidas a este servizo.

Todo iso faise público para o coñecemento xeral, e especialmente dos interesados e afectados, para que poidan ser examinados o proxecto das instalacións e o estudo de impacto ambiental e obter a información pertinente no Servizo de Enerxía e Minas, sito na Xefatura Territorial de Pontevedra, avenida María Victoria Moreno, 43, 5º andar, 36071, Pontevedra. Para a consulta presencial será necesario unha solicitude de cita previa chamando ao teléfono 981 80 52 37 ou 981 80 52 48.

O proxecto das instalacións e o estudo de impacto ambiental tamén poderán ser consultados a través do seguinte enlace:

http://ceei.xunta.gal/transparencia/documentos-sometidos-a-informacion-publica

A documentación anterior tamén foi posta á disposición de cada un dos concellos afectados.

As alegacións que se consideren oportunas poderán ser presentadas nas formas previstas no artigo 16 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, no prazo de 30 días hábiles a partir do seguinte ao da publicación do presente anuncio.

O artigo 14 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, confire con carácter xeral ás persoas físicas o dereito de elixir en todo momento se se comunican coas administracións públicas para o exercicio dos seus dereitos e obrigacións a través de medios electrónicos ou non, salvo que estean obrigadas a iso.

Por outra banda, as persoas xurídicas estarán obrigadas, en todo caso, a relacionarse a través de medios electrónicos coas administracións públicas para a realización de calquera trámite dun procedemento administrativo.

Pontevedra, 23 de decembro de 2022

Beatriz López del Olmo
Xefa territorial de Pontevedra