Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 12 Mércores, 18 de xaneiro de 2023 Páx. 6876

III. Outras disposicións

Instituto de Seguridade e Saúde Laboral de Galicia

RESOLUCIÓN do 3 de xaneiro de 2023 pola que se dá publicidade dos convenios de colaboración subscritos por este organismo no terceiro cuadrimestre do ano 2022.

O artigo 15.2 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, impón a cada consellería ou entidade da Xunta de Galicia a obriga de publicar, no Diario Oficial de Galicia, unha relación dos convenios subscritos no cuadrimestre anterior.

En consecuencia, e para dar cumprimento a esta obriga,

DISPOÑO:

Artigo único. Dar publicidade da relación dos convenios subscritos polo Instituto de Seguridade e Saúde Laboral de Galicia nos meses de setembro, outubro, novembro e decembro do ano 2022, que se incorpora como anexo a esta resolución.

Santiago de Compostela, 3 de xaneiro de 2023

A presidenta do Instituto de Seguridade e Saúde Laboral de Galicia
P.D. (Resolución do 8.3.2019, DOG núm. 54/2019)
María Adela Quinzá-Torroja García
Xerente do Instituto de Seguridade e Saúde Laboral de Galicia

anexo

Convenio

Obxecto

Importe achegao polo ISSGA

Data da sinatura

Acordo de prórroga do convenio de cooperación educativa entre o Instituto de Seguridade e Saúde Laboral de Galicia e a Universidade da Coruña, para a realización de prácticas académicas externas do alumnado do mestrado universitario en prevención de riscos laborais e riscos comúns

A realización de prácticas académicas externas do alumnado do Mestrado Universitario en Prevención de Riscos Laborais e Riscos Comúns

0,00 €

26.10.2022

Acordo de prórroga do convenio de cooperación educativa entre o Instituto de Seguridade e Saúde Laboral de Galicia e a Universidade de Vigo, para a realización de prácticas académicas externas do alumnado do mestrado universitario en prevención de riscos laborais

A realización de prácticas académicas externas do alumnado do Mestrado Universitario en Prevención de Riscos Laborais

0,00 €

26.10.2022