Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 12 Mércores, 18 de xaneiro de 2023 Páx. 6875

III. Outras disposicións

Axencia Instituto Enerxético de Galicia

RESOLUCIÓN do 3 de xaneiro de 2023 pola que se dá publicidade dos convenios de colaboración subscritos por esta axencia no terceiro cuadrimestre do ano 2022.

O artigo 15.2 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno (DOG núm. 30, do 15 de febreiro), impón a cada consellería ou entidade da Xunta de Galicia a obriga de publicar no Diario Oficial de Galicia unha relación dos convenios de colaboración subscritos.

En consecuencia, e para dar cumprimento a esa obriga,

DISPOÑO:

Dar publicidade á relación dos convenios subscritos polo Instituto Enerxético de Galicia (Inega) nos meses de setembro a decembro do ano 2022, que se incorpora como anexo a esta resolución.

Santiago de Compostela, 3 de xaneiro de 2023

Pablo Fernández Vila
Director do Instituto Enerxético de Galicia

ANEXO

Convenios subscritos pola Axencia Instituto Enerxético de Galicia (Inega) nos meses de setembro, outubro, novembro e decembro

Convenio

Data de sinatura

Achega Axencia

Convenio entre a Axencia Instituto Enerxético de Galicia (Inega) e a Universidade de Santiago de Compostela para a presentación de asesoramento en materia de acumulación enerxética

19.9.2022

    9.200,00 €

Convenio entre a Axencia Instituto Enerxético de Galicia (Inega) e a Asociación Galega de Actividades Náuticas (Aganplus) para a implantación de sistemas de xeración e acumulación de enerxía nos equipamentos para o Camiño Portugués da costa no tramo náutico entre Caminha e A Guarda (Camposancos)

18.10.2022

  45.000,00 €

Convenio entre a Axencia Instituto Enerxético de Galicia (Inega) e o Instituto Tecnolóxico de Galicia (ITG) para o desenvolvemento dunha plataforma software para a xestión enerxética integral da Redexga e de comunidades enerxéticas

22.10.2022

121.100,00 €

Convenio entre a Axencia Instituto Enerxético de Galicia (Inega) e o Comité Español de Iluminación (CEI) para o desenvolvemento da Xornada Iluminación Urbana

14.11.2022

   2.000,00 €