Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 12 Mércores, 18 de xaneiro de 2023 Páx. 6806

III. Outras disposicións

Axencia Tributaria de Galicia

RESOLUCIÓN do 10 de xaneiro de 2023 pola que se modifica o anexo II da Orde do 9 de decembro de 2020 pola que se aproban os diferentes modelos de autoliquidación do imposto sobre transmisións patrimoniais e actos xurídicos documentados na Comunidade Autónoma de Galicia e se regula o procedemento e as condicións para o seu pagamento e presentación, así como determinadas obrigacións formais e de subministración de información tributaria.

A Orde do 9 de decembro de 2020 aprobou os diferentes modelos de autoliquidación do imposto sobre transmisións patrimoniais e actos xurídicos documentados na Comunidade Autónoma de Galicia e regula o procedemento e as condicións para o seu pagamento e presentación, así como determinadas obrigacións formais e de subministración de información tributaria.

Para adaptar os anexos da devandita orde aos diversos cambios normativos modificáronse nas resolucións da Axencia Tributaria de Galicia do 25 de xaneiro, 4 de marzo, 14 de maio de 2021 e do 10 de xaneiro de 2022.

A Lei 31/2022, do 23 de decembro, de presupostos xerais do Estado, actualizou nun 2 por cento a escala de gravame dos títulos e grandezas nobiliarios aplicable no imposto sobre transmisións patrimoniais e actos xurídicos documentados.

O exposto fai necesario modificar no anexo II da Orde do 9 de decembro de 2020 o cadro de concepto/clave/tipo do modelo 600, e para iso é competente a persoa titular da Dirección da Axencia Tributaria de Galicia con base na habilitación normativa prevista na disposición adicional sexta da devandita orde.

En consecuencia,

RESOLVO:

Primeiro

Modificar no anexo II da Orde do 9 de decembro de 2020 o cadro de concepto/clave/tipo do modelo 600 que pasa a ser o seguinte:

ANEXO II

Modelo 600

missing image file
missing image file

Segundo

Esta resolución entrará en vigor o día da súa publicación.

Disposición transitoria

O modelo 600 en papel, modificado nesta resolución, seguirá tendo validez e eficacia ata o seu esgotamento.

Santiago de Compostela, 10 de xaneiro de 2023

Mª Victoria González Vázquez
Directora da Axencia Tributaria de Galicia