De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, as notificacións que non se puidesen efectuar faranse por medio de anuncio no Boletín Oficial del Estado (BOE), e quedaran supeditadas á súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do BOE.
Polo anterior, e logo de intentada a notificación persoal no último domicilio coñecido aos interesados que se sinalan no anexo, a continuación publícase este anuncio, que terá efectos a partir do día seguinte ao da súa publicación no BOE.
Sen prexuízo do anterior, e en virtude do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, este anuncio publícase no Diario Oficial de Galicia.
Así mesmo, infórmase os interesados de que os expedientes se encontran a súa disposición, para coñeceren o contido íntegro dos actos, nas dependencias da Xefatura Territorial da Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación na Coruña, Edificio Administrativo Monelos, 1º andar (Servizo de Industria), das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.
A Coruña, 26 de decembro de 2022
Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña
Anexo
Expediente: SAI_PI2022_P1-AE-15-15.
NIF: 34596153J.
Acto de notificación: requirimento de documentación.
Concello: Ames.