Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 11 Martes, 17 de xaneiro de 2023 Páx. 6626

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación

ANUNCIO do 26 de decembro de 2022, da Xefatura Territorial da Coruña, do requirimento de documentación do expediente SAI_PI2022_P1-AE-15-11.

De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, as notificacións que non se puidesen efectuar faranse por medio de anuncio no Boletín Oficial del Estado (BOE), e queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do BOE.

Polo anterior e, logo de intentada a notificación persoal ao interesado que se sinala no anexo no último domicilio coñecido, a continuación publícase o presente anuncio, que terá efectos a partir do día seguinte á súa publicación no BOE.

Sen prexuízo do anterior, e en virtude do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, este anuncio publícase no Diario Oficial de Galicia.

Así mesmo, o interesado é informado de que o expediente está á súa disposición, para coñecer o contido íntegro dos actos, nas dependencias da Xefatura Territorial da Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación na Coruña, Edificio Administrativo Monelos, 1º andar (Servizo de Industria), das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

A Coruña, 26 de decembro de 2022

Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña

Anexo

Expediente: SAI_PI2022_P1-AE-15-11.

NIF: B15471915.

Acto de notificación: requirimento de documentación.

Concello: Culleredo.