Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 11 Martes, 17 de xaneiro de 2023 Páx. 6675

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Coirós

ANUNCIO do 23 de decembro de 2022 de notificación do procedemento de orde de execución relativo á xestión da biomasa (expediente 2022/V001/000001).

De conformidade cos artigos 44 e 46.1 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, intentouse sen efecto a notificación do acto que se indica por causas non imputables á Administración.

Ao non ser posible a práctica da comunicación a que se refire o número 2 do artigo 22 da Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia, aos titulares das parcelas que se relacionan a continuación, por causas non imputables a esta administración, de conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, faise pública a comunicación de xestión da biomasa.

Publícase este anuncio no Diario Oficial de Galicia (DOG) e no Boletín Oficial del Estado (BOE) para que sirva de notificación á persoa interesada, advertíndolle de que no caso de persistir o incumprimento, tras o transcurso de quince días hábiles desde a publicación no BOE, procederase á execución subsidiaria dos traballos e á exacción do importe ao que ascende a liquidación provisional, sen prexuízo da liquidación definitiva que proceda unha vez finalizados , de ser o caso , os traballos de execución subsidiaria.

A totalidade do expediente está á súa disposición no Concello de Coirós (lugar de Coirós de Arriba, 16, 15316 Coirós, A Coruña). Igualmente, poderá acceder a través da sede electrónica desta entidade.

Considerando que o artigo 22.3 da Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia, establece que, cando non se puidese determinar a identidade da persoa responsable da xestión da biomasa vexetal e retirada de especies arbóreas prohibidas ou resultase infrutuosa a notificación da comunicación, efectuarase mediante un anuncio no Boletín Oficial del Estado e no Diario Oficial de Galicia, dos datos catastrais da parcela.

Considerando que o artigo 22.4 da Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia, posibilita este concello para a execución subsidiaria en caso de incumprimento dos traballos de xestión de biomasa, repercutindo os custos ás persoas responsables.

Considerando que o artigo 22.6 da Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia, establece a obriga das persoas responsables de facilitar os necesarios accesos ás entidades responsables dos traballos de xestión da biomasa, que non requirirán de ningunha autorización para a execución subsidiaria da xestión da biomasa nas redes de faixas de xestión.

Acto que se notifica: orde de execución (expediente 2022/V001/000001).

Interesada: Herminda Pato Pardo.

Referencia catastral: 1569620NH7819N0001AG (polígono 15696-parcela 20).

Superficie do predio: 1.971m². Superficie afectada: 1.971m² (0,20 Has).

Prazo: 15 días naturais (desde publicación no BOE).

Liquidación provisional: 2.550 €.

Coirós, 23 de decembro de 2022

Francisco Quintela Requeijo
Alcalde presidente