Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 10 Luns, 16 de xaneiro de 2023 Páx. 4720

III. Outras disposicións

Consellería de Política Social e Xuventude

RESOLUCIÓN do 29 de decembro de 2022, da Dirección Xeral de Persoas con Discapacidade, pola que se publica a Resolución do 28 de decembro de 2022, pola que finaliza o procedemento administrativo ao abeiro da Orde do 23 de setembro de 2022 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de subvencións destinadas á adquisición de vehículos que faciliten a prestación de servizos a persoas dependentes ou a persoas con discapacidade por entidades de iniciativa social da Comunidade Autónoma de Galicia, ao abeiro do Plan de recuperación, transformación e resiliencia financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU, de conformidade co Regulamento (UE) número 2021/241, do 12 de febreiro, polo que se establece o Mecanismo de recuperación e resiliencia, e se convocan para o ano 2023 (código de procedemento BS631C).

No Diario Oficial de Galicia número 193, do 10 de outubro de 2022, publícase a Orde da Consellería de 23 de setembro de 2022, pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de subvencións destinadas á adquisición de vehículos que faciliten a prestación de servizos a persoas dependentes ou a persoas con discapacidade por entidades de iniciativa social da Comunidade Autónoma de Galicia, ao abeiro do Plan de recuperación, transformación e resiliencia financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU, de conformidade co Regulamento (UE) número 2021/241, do 12 de febreiro, polo que se establece o Mecanismo de recuperación e resiliencia e se convocan para o ano 2023 (código de procedemento BS631C).

De conformidade co artigo 17 da antedita orde, a resolución dos expedientes de axudas, corresponde á persoa titular da Dirección Xeral de Persoas con Discapacidade, á vista da proposta do órgano instrutor, segundo o previsto no seu artigo 16, logo da fiscalización pola Intervención Delegada.

Así mesmo, o artigo 18 da mesma orde establece que se publicarán no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co artigo 45 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, os actos administrativos e a correspondente resolución deste procedemento. Esta publicación producirá os efectos da notificación.

Polo exposto, finalizada a instrución e emitida a resolución que finaliza o procedemento,

RESOLVO:

Primeiro. Ordenar a publicación no Diario Oficial de Galicia do contido íntegro da Resolución do de 28 decembro de 2022, ditada no procedemento BS631C, respecto das axudas destinadas á adquisición de vehículos que faciliten a prestación de servizos a persoas dependentes ou a persoas con discapacidade por entidades de iniciativa social da Comunidade Autónoma de Galicia ao abeiro da Orde do 23 de setembro de 2022, pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de subvencións destinadas á adquisición de vehículos que faciliten a prestación de servizos a persoas dependentes ou a persoas con discapacidade por entidades de iniciativa social da Comunidade Autónoma de Galicia, ao abeiro do Plan de recuperación, transformación e resiliencia financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU, de conformidade co Regulamento (UE) número 2021/241, do 12 de febreiro, polo que se establece o Mecanismo de recuperación e resiliencia e se convocan para o ano 2023 (código de procedemento BS631C), e que se xunta como anexo á presente resolución.

Segundo. Comunicar que a Resolución do 28 de decembro de 2022 que finaliza este procedemento esgota a vía administrativa e contra ela poderá interporse o recurso potestativo de reposición ante o mesmo órgano que a ditou, no prazo dun mes contado a partir da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, ou ben directamente o recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous (2) meses contados a partir do día seguinte á súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 29 de decembro de 2022

Fernando González Abeijón
Director xeral de Persoas con Discapacidade

ANEXO

Resolución do 28 de decembro de 2022 pola que se finaliza o procedemento administrativo ao abeiro da Orde de 23 de setembro de 2022, pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de subvencións destinadas á adquisición de vehículos que faciliten a prestación de servizos a persoas dependentes ou a persoas con discapacidade por entidades de iniciativa social da Comunidade Autónoma de Galicia, ao abeiro do Plan de recuperación, transformación e resiliencia financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU,
de conformidade co Regulamento (UE) número 2021/241, do 12 de febreiro, polo que se establece o Mecanismo de recuperación e resiliencia e se convocan
para o ano 2023 (código de procedemento BS631C)

A través da Orde do 23 de setembro de 2022 (Diario Oficial de Galicia número 193, do 10 de outubro) establecéronse as bases reguladoras e convocouse o procedemento para a concesión de subvencións destinadas á adquisición de vehículos que faciliten a prestación de servizos a persoas dependentes ou a persoas con discapacidade por entidades de iniciativa social da Comunidade Autónoma de Galicia, xestionado por esta consellería.

Unha vez comprobadas as solicitudes polo órgano instrutor, examinadas pola comisión de valoración as solicitudes admitidas, vista a proposta de resolución formulada polo órgano instrutor e tendo en conta as dispoñibilidades orzamentarias,

RESOLVO:

Primeiro. Que son susceptibles de obter subvencións as entidades, ordenadas de maior a menor puntuación no anexo I, na contía sinalada para cada programa en aplicación dos criterios de valoración e prelación establecidos no artigo 8, por un importe total de 3.650.000,00 € consignado na aplicación orzamentaria 13.04.312E.781.2.

Segundo. Que non son susceptibles de obter subvencións as entidades recollidas no anexo II, polo incumprimento dos requisitos sinalados no artigo 6 da orde de convocatoria.

Terceiro. Que non son susceptibles de obter subvencións as entidades recollidas no anexo III, por non acadar a puntuación necesaria da axuda de acordo co establecido no artigo 8 da dita orde e en función das dispoñibilidades orzamentarias.

Cuarto. De conformidade co artigo 24 das bases reguladoras, o pagamento das axudas farase efectivo a partir da data da resolución definitiva de concesión e realizarase sempre e cando se acreditase que a adquisición foi executada de acordo co proxecto presentado e se xustifique correctamente o seu emprego e o cumprimento das obrigas establecidas na presente resolución.

Poderá anticiparse ata o 100 % do importe concedido para cada anualidade.

Quinto. A axuda concedida no marco desta orde poderase sumar á proporcionada con arranxo a outros programas e instrumentos da Unión Europea sempre que a dita axuda non cubra o mesmo custo e, en todo caso, de conformidade co disposto no Regulamento (UE Euratom) 2018/1046, do Parlamento Europeo e do Consello, do 18 de xullo, sobre as normas financeiras aplicables ao orzamento xeral da Unión (Regulamento financeiro).

A suma de todas as axudas, ingresos ou recursos destinados ao mesmo fin, en ningún caso poderá ser de tal contía que, illadas ou en concorrencia con outras subvencións, axudas, ingresos ou recursos, superen o custo total da actividade obxecto da axuda.

Sexto. A data límite para presentar a documentación xustificativa dos investimentos será o 15 de decembro de 2023.

Xunto coa solicitude de pagamento (anexo III) deberá achegarse a seguinte documentación xustificativa:

a) Unha memoria económica xustificativa do custo das actividades realizadas, que conterá unha relación clasificada dos gastos e investimentos da actividade, con identificación do acredor e do documento, o seu importe, data de emisión e, se é o caso, data de pagamento. No caso de que a subvención se outorgue conforme a un orzamento, indicaranse as desviacións producidas.

b) Facturas orixinais ou documentos contables de valor probatorio equivalente no tráfico xurídico mercantil ou con eficacia administrativa, con expresión do seu número, acredor, data de emisión, concepto, importe e data de pagamento. Deben cumprir o disposto no Real decreto 1619/2012, do 30 de novembro, polo que se aproba o Regulamento polo que se regulan as obrigas de facturación.

c) Documento/s xustificativo/s de ter realizado os pagamentos do correspondente gasto: xustificante de transferencia bancaria, certificación bancaria ou extracto bancario, o xustificante electrónico de transferencia bancaria no que conste o código de verificación en sede electrónica da entidade bancaria ou outro mecanismo que garanta a veracidade do xustificante. Nestes documentos deberán quedar claramente identificados o receptor e o emisor do pago, o importe da factura e a súa data de pagamento. En ningún caso se admitirán os pagos xustificados mediante recibo da entidade provedora, nin os pagos por caixa ou en efectivo.

d) Unha relación detallada doutros ingresos ou subvencións que financiasen a actividade subvencionada con indicación do importe e a súa procedencia.

e) Os tres orzamentos que, en aplicación do artigo 29.3 da Lei de subvencións de Galicia, deba solicitar o beneficiario. No caso de que a elección da oferta non recaera na proposta económica máis vantaxosa deberá presentarse unha memoria na que se xustifique expresamente a dita elección.

f) Documentación xustificativa da adecuada publicidade, segundo o especificado no artigo 19.

g) Evidencia mediante material gráfico.

h) Declaración responsable sobre principios transversais do Plan de recuperación, transformación e resiliencia (anexo IV) en relación ao cumprimento do artigo 5 da orde HFP/130/2021.

Sétimo. Ademais das obrigas recollidas nos artigos 14 da Lei 38/2003, do 17 de novembro, e 11 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, e sen prexuízo das demais obrigacións que resulten da normativa aplicable, as entidades beneficiarias destas axudas están obrigadas a:

a) Executar o proxecto que fundamenta a concesión da subvención e cumprir o seu obxectivo.

b) Xustificar ante o órgano concedente o cumprimento da finalidade da subvención e o seu custo real, de acordo co establecido no artigo 23.

c) Destinar os fondos percibidos ao obxecto concreto para o cal foron concedidos e realizar as actuacións que integran o proxecto subvencionado, segundo o estipulado no artigo 41 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro.

d) Destinar ao cumprimento dos fins propios de cada entidade de iniciativa social os vehículos subvencionados durante un prazo que non poderá ser inferior a cinco anos agás no suposto de que, logo de autorización, se substitúa por outro de condicións análogas, tal e como se recolle no artigo 31.4.a) da Lei 38/2003, do 17 de novembro e no artigo 29.4.a) da Lei 9/2007, do 13 de xuño. O incumprimento disto dará lugar á revogación da resolución de concesión, ao reintegro das cantidades percibidas e á exixencia dos xuros de demora legalmente establecidos desde o momento do pagamento da subvención.

e) Conservar os documentos xustificativos e demais documentación relacionada co financiamento da actuación en formato electrónico durante un prazo mínimo de 5 anos a partir da recepción do último pagamento. Este período será de tres anos se o financiamento non supera os 60.000 €.

f) Comunicarlle ao órgano concedente a obtención de subvencións, axudas, ingresos ou recursos que financien a adquisición subvencionada. Esta comunicación deberá efectuarse tan axiña como se coñeza e, en todo caso, con anterioridade á xustificación da aplicación dada aos fondos percibidos.

g) Someterse ás actuacións de comprobación e facilitar toda a información requirida pola Dirección Xeral de Persoas con Discapacidade, así como pola Intervención Xeral da Comunidade Autónoma, o Tribunal de Contas, o Consello de Contas, e outros órganos de control impostos pola normativa comunitaria no exercicio das súas funcións de fiscalización e control.

h) Dar publicidade ás axudas recibidas nos contratos relacionados coa execución da actuación, incluída a subcontratación, e en axudas, publicacións, relatorios, equipamentos, material inventariable e actividades de difusión de resultados financiadas con elas, mencionando expresamente a súa orixe e o financiamento con fondos NextGeneration da Unión Europea. Ademais, deberán publicar a concesión da axuda na páxina web e mantela actualizada. Na páxina web deberán figurar, como mínimo, os obxectivos que se perseguen. Concretamente, na documentación, carteis, propaganda ou publicacións que se elaboren para a súa difusión pública deberá figurar o logotipo da Xunta de Galicia e a frase «Consellería de Política Social e Xuventude» así como financiado con cargo aos fondos da UE e o Plan de recuperación e resiliencia. Así mesmo, deberá informarse que a actuación foi apoiada pola Xunta de Galicia.

i) Cumprir co principio de «non causar dano significativo» (principio Do no significant harm DNSH) e a etiquetaxe verde e dixital, de acordo co previsto no Plan de recuperación, transformación e resiliencia, aprobado por Decisión do Consello de Europa do 16 de xuño de 2021, e polo Regulamento (UE) 2021/241, do Parlamento Europeo e do Consello, do 12 de febreiro de 2021, en todas as fases do deseño e execución dos proxectos e de maneira individual para cada actuación.

j) Calquera outra obriga imposta ás beneficiarias na normativa estatal ou autonómica aplicable, así como nesta orde.

Oitavo. Esta resolución pon fin á vía administrativa e contra ela poderá interporse o recurso potestativo de reposición ante o mesmo órgano que a ditou, no prazo dun mes contado a partir da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, ou ben directamente o recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous (2) meses contados a partir do día seguinte á súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Noveno. A publicación desta resolución producirá os efectos de notificación, nos termos establecidos no artigo 18 da Orde do 23 de setembro de 2022.

Santiago de Compostela, 28 de decembro de 2022. A conselleira de Política Social e Xuventude. P.D. (Orde do 23.9.2022). Fernando González Abeijón, director xeral de Persoas con Discapacidade.

ANEXO I

Entidades solicitantes, ordenadas de maior a menor puntuación,
en aplicación dos criterios de valoración e prelación establecidos
no artigo 8, incluído o importe da concesión

Código

Entidade

NIF

Puntos

Núm. vehículos subvencionados

Importe concedido

BS631C/2022/0088

Asociación de Familiares de Persoas con Parálise Cerebral (Apamp)

G36624120

75

2

100.000,00 €

BS631C/2022/0086

Cruz Vermella Española

Q2866001G

75

2

89.904,88 €

BS631C/2022/0080

Asociación Galega San Francisco

G36613891

75

1

40.900,00 €

BS631C/2022/0077

Asociación Amicos

G15747678

75

2

64.628,00 €

BS631C/2022/0070

Fundación San Martín

G32274433

75

2

87.140,34 €

BS631C/2022/0069

Fundación San Rosendo

G32150427

75

2

87.140,34 €

BS631C/2022/0066

Hermanas Hospitalarias del Sagrado Corazón de Jesús

R1500110J

75

1

35.938,10 €

BS631C/2022/0044

Asociación de Padres de Personas con Discapacidad Intelectual (Aspas)

G15031537

75

1

45.266,23 €

BS631C/2022/0039

Aspronaga

G15028855

75

1

40.689,42 €

BS631C/2022/0034

Aspanaes

G15048937

75

1

47.229,00 €

BS631C/2022/0030

Asociación Protección D. Mental (Prodeme)

G27011790

75

1

43.114,23 €

BS631C/2022/0029

Asociación de Pais a Favor das Persoas con R. Mental de Ourense

G32005498

75

1

45.537,42 €

BS631C/2022/0013

Aspnais

G27018365

75

1

42.945,63 €

BS631C/2022/0009

Asociación Juan XXIII

G36012128

75

1

44.393,92 €

BS631C/2022/0001

Confederación Galega de Persoas con Discapacidade

G32115941

75

2

100.000,00 €

BS631C/2022/0072

Asociación de Padres de Personas con Discapacidad Intelectual Aspadex

G15063092

70

1

50.000,00 €

BS631C/2022/0059

Asociación Pais de D. Psíquicos de Bergantiños (Aspaber)

G15031669

70

1

49.998,84 €

BS631C/2022/0012

Asociación de D. Psíquicos de Valdeorras

G32204703

70

1

32.539,30 €

BS631C/2022/0090

Asociación San Xerome Emiliani

G36018802

65

1

49.728,39 €

BS631C/2022/0085

Hogar y Clínica San Rafael

R3600336F

65

1

49.011,40 €

BS631C/2022/0083

Asociación Nuestra Señora de Chamorro

G15028889

65

1

49.999,99 €

BS631C/2022/0074

Asociación Ambar

G15052434

65

1

42.700,00 €

BS631C/2022/0042

Asociación Personas con Discapacidad Intelectual de Pontevedra (Aspanaex)

G36605905

65

1

49.000,00 €

BS631C/2022/0021

Asociación de Padres de Personas con Parálisis Cerebral

G15031529

65

1

43.900,00 €

BS631C/2022/0065

Asociación Aixiña

G32144669

60

1

49.639,20 €

BS631C/2022/0054

Asociación Autismo Bata

G36105567

60

1

50.000,00 €

BS631C/2022/0050

Alento-Asociación de Daño Cerebral de Vigo

G36873511

60

1

50.000,00 €

BS631C/2022/0016

Asociación para la Protección de los Ancianos de Lalín y Comarca

G36022762

60

1

50.000,00 €

BS631C/2022/0011

Fundación Menela

G36685964

60

1

31.319,37 €

BS631C/2022/0006

Asociación Aspadeza

G36369494

60

1

33.917,10 €

BS631C/2022/0076

Casa Santa María de la Esperanza Esclavas Virgen Dolorosa

R3600131A

55

1

40.321,28 €

BS631C/2022/0051

Aceesca Asoc. Apoyo Personas con Div. Inte.

G36021970

55

1

44.198,57 €

BS631C/2022/0036

Amencer-Aspace

G36153757

55

1

50.000,00 €

BS631C/2022/0035

Asociación Benéfica Social de Padres y Amigos La Esperanza del Valle Miñor

G36630572

55

1

47.713,60 €

BS631C/2022/0008

Asociación de Discapacitados da Bisbarra de Muros

G15052137

55

1

41.500,00 €

BS631C/2022/0004

Centro de Desenvolvemento Rural O Viso

G32122376

55

1

49.009,17 €

BS631C/2022/0040

Fundación Eu Son

G27222983

50

1

32.356,73 €

BS631C/2022/0017

Asociación de Persoas con Discapacidade Avante

G15052442

50

1

50.000,00 €

BS631C/2022/0007

Aspavi

G36870558

50

1

39.800,01 €

BS631C/2022/0005

Asociación Dano Cerebral Compostela

G15775604

50

1

50.000,00 €

BS631C/2022/0003

Agora

G27150820

50

1

40.864,88 €

BS631C/2022/0002

Asociación Integro para la Diversidad Funcional de las Comarcas

G15173263

50

1

50.000,00 €

BS631C/2022/0062

Nosa Señora de Fátima en Crecente (Esclavas de la Virgen Dolorosa)

R3600113I

45

1

40.900,00 €

BS631C/2022/0049

Misela (Asoc. Pers. Disc. Comar.

Noia-Muros)

G15450208

45

1

42.830,36 €

BS631C/2022/0028

Asociación Persoas con Discapacidade Arzúa e Terra de Melide-Amarai

G15637325

45

1

48.532,90 €

BS631C/2022/0075

Asociación de Familiares de Enfermos de Alzheimer de Ourense

G32198970

40

1

45.577,73 €

BS631C/2022/0061

Fundación Igual Arte

G36427524

40

1

34.161,95 €

BS631C/2022/0052

Fundación para a Protección de Discapacitados Psíquicos de Verín

G32228124

40

1

47.700,00 €

BS631C/2022/0038

Asoc. de Familiares de Enfermos de Alzheimer de la Comarca del Morrazo

G36368488

40

1

37.658,95 €

BS631C/2022/0031

Asoc. de Dano Cerebral da

Coruña-Adaceco

G15780166

40

1

50.000,00 €

BS631C/2022/0026

Asociación de Familiares de Enfermos Alzheimer

G15620628

40

1

6.331,88 €

BS631C/2022/0023

Asociación Autismo Ourense

G32249484

40

1

50.000,00 €

BS631C/2022/0019

Asociación de Padres de Minusválidos Psíquicos Sta. María de la Cabeza de Teo

G15513641

40

1

42.747,92 €

BS631C/2022/0018

Asociación Galega para Axuda dos Enfermos con Demencia (Agadea)

G15483498

40

1

41.510,14 €

BS631C/2022/0015

Asociación de Disminuídos Psíquicos con Eles

G36296739

40

1

42.896,58 €

BS631C/2022/0081

Asociación Saúde Mental Ferrol Eume e Ortegal

G15524614

35

1

49.250,00 €

BS631C/2022/0079

Asoc. Pro Salud Mental A Creba

G15476310

35

1

42.319,00 €

BS631C/2022/0067

Fundación Lar Pro Salud Mental Vilagarcía

G36302776

35

1

50.000,00 €

BS631C/2022/0057

Asoc. de Padres de Disminuídos Psíquicos

G15407604

35

1

38.400,00 €

BS631C/2022/0048

Asociación Autismo Vigo

G36849883

35

1

48.800,00 €

BS631C/2022/0043

Asociación Alume Saúde Mental

G27198977

35

1

48.792,03 €

BS631C/2022/0032

Asociación Fonte da Virxe de Familiares y Amigos dos Enfermos Mentais

G15474562

35

1

16.064,58 €

BS631C/2022/0020

Asociación de Axuda ao Enfermo Mental A Mariña

G27262799

35

1

41.636,58 €

BS631C/2022/0087

Asociación Limisi

G32302671

30

1

50.000,00 €

BS631C/2022/0058

Asociación de Persoas con Discapacidade Vontade

G36452837

30

1

50.000,00 €

BS631C/2022/0046

Asociación de Familiares de Enfermos de Alzheimer de Lugo

G27285980

30

1

41.863,59 €

BS631C/2022/0089

Asociación Doa Saúde Mental

G36044295

25

1

24.185,08 €

BS631C/2022/0084

Asociación Sociocultural ASCM

G15161573

25

1

21.744,16 €

BS631C/2022/0064

Federación Autismo Galicia

G15549306

25

1

26.398,50 €

BS631C/2022/0063

Asociación de Axuda ás Persoas con Problemas de Saúde Mental (Avelaíña)

G36298867

25

1

27.502,63 €

BS631C/2022/0060

Asociación Gallega de Fibrosis Quística

G15088396

25

1

35.924,52 €

BS631C/2022/0056

Afaga Alzheimer

G36776920

25

1

33.520,07 €

BS631C/2022/0053

Federación Down Galicia

G15665144

25

2

58.257,73 €

BS631C/2022/0047

Special Olympics Galicia

G15771777

25

1

41.109,54 €

BS631C/2022/0045

Fademga Plena Inclusión Galicia

G36620037

25

2

83.234,15 €

BS631C/2022/0041

Asociación de Padres de Minusválidos Psíquicos

G36100071

25

1

31.627,03 €

BS631C/2022/0033

Federación Aspace Galicia

G36344950

25

2

78.156,86 €

BS631C/2022/0022

Asociación de Familiares y Amigos de Enfermos Psíquicos Alba

G36287787

25

1

28.543,41 €

BS631C/2022/0014

Federación de Asociacións de Familiares e Enfermos Mentais de Galicia

G15545353

25

1

19.476,79 €

3.650.000,00 €

ANEXO II

Entidades que non obteñen subvención polo incumprimento dos requisitos sinalados no artigo 6

Código

Entidade

NIF

Causa

BS631C/2022/0010

Accede Social, S.L.

B15780778

Incumprimento requisito 6.1.b) Carecer de ánimo de lucro

BS631C/2022/0024

Congregación Hermanas Franciscanas Hospitalarias

R3600091G

Incumprimento requisito 6.1.a) A entidade solicitante non se atopa inscrita no RUEPSS nas áreas de discapacidade na data de publicación desta convocatoria

BS631C/2022/0037

Fundación Raiola

G15390636

Incumprimento requisito 6.1.a) A entidade solicitante non se atopa inscrita no RUEPSS nas áreas de discapacidade na data de publicación desta convocatoria

BS631C/2022/0073

Fundación Hospital Asilo de Vilalba

G27472927

Incumprimento requisito 6.1.a) A entidade solicitante non se atopa inscrita no RUEPSS nas áreas de discapacidade na data de publicación desta convocatoria

BS631C/2022/0078

Fundación Asilo Hospitalillo Sagrado Corazón de Jesús

G36017929

Incumprimento requisito 6.1.a) A entidade solicitante non se atopa inscrita no RUEPSS nas áreas de discapacidade na data de publicación desta convocatoria

BS631C/2022/0082

Asociación de Mulleres Anel

G32207516

Incumprimento requisito 6.1.a) A entidade solicitante non se atopa inscrita no RUEPSS nas áreas de discapacidade na data de publicación desta convocatoria

ANEXO III

Entidades que non obteñen subvención por non acadar a puntuación
necesaria da axuda de acordo co artigo 8

Código

Entidade

NIF

Puntos

Observacións

BS631C/2022/0068

Asociación Xuvenil Integrados

G15973357

20

Non susceptible de obter subvención por non acadar a puntuación mínima necesaria

BS631C/2022/0025

Fundación Foltra

G70246558

20

Non susceptible de obter subvención por non acadar a puntuación mínima necesaria

BS631C/2022/0071

Fundación Amicos

G70169610

15

Non susceptible de obter subvención por non acadar a puntuación mínima necesaria

BS631C/2022/0055

Asociación Andaina Pro Saúde Mental

G70264999

15

Non susceptible de obter subvención por non acadar a puntuación mínima necesaria

BS631C/2022/0027

Federación Galega de Dano Cerebral

G70191051

15

Non susceptible de obter subvención por non acadar a puntuación mínima necesaria

BS631C/2022/0091

Asociación Educación Mujer Tempus

G15681000

10

Non susceptible de obter subvención por non acadar a puntuación mínima necesaria