Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 10 Luns, 16 de xaneiro de 2023 Páx. 5916

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Mar

ANUNCIO do 22 de decembro de 2022, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se notifica o inicio do expediente PSC-CO-0444/2022-PRE e nove máis.

De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, logo de ser intentada sen éxito a notificación persoal a través do servizo de Correos, notifícaselles ás persoas interesadas que se sinalan no anexo deste anuncio, o inicio do expediente PSC-CO-0444/2022-PRE e nove máis.

A eficacia do acto queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único do Boletín Oficial del Estado, polo que o prazo para presentar alegacións computarase desde esa publicación.

As persoas interesadas poderán comparecer nas oficinas da sede da Xefatura Territorial da Consellería do Mar, sitas na rúa Ramón y Cajal, 2, 5º, A Coruña, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, para o coñecemento íntegro do acordo de inicio e constancia de tal coñecemento.

As persoas interesadas dispoñen dun prazo de 15 días para achegar cantas alegacións, documentos ou informacións xulgue pertinentes e, de ser o caso, propoñer proba concretando os medios de que pretenda valerse, segundo o disposto no artigo 64.2.f) da Lei 39/2015, do 1 de outubro.

De non efectuar alegacións sobre o contido do acordo de inicio no prazo previsto no artigo citado, este poderá ser considerado proposta de resolución, cos efectos previstos para esta no artigo 89.2 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, de conformidade co establecido no artigo 64.2.f) citado.

A Coruña, 22 de decembro de 2022

Mª José Cancelo Baquero
Xefa territorial da Coruña

ANEXO

Núm. de expediente

DNI/NIF/NIE

Acto que
se notifica

Enderezo

PSC-CO-0444/2022-PRE

76871710Y

Inicio

Barrio Lomba da Dona, 16, Bamio, 36618 Vilagarcía de Arousa (Pontevedra)

PSC-CO-0460/2022-PPM

32824666D

Inicio

Avenida Montserrat, 4, piso 1º B, 15009 A Coruña

PSC-CO-0461/2022-PPM

32836675N

Inicio

Avenida de Oza, 143, 6º esqda., 15006 A Coruña

PSC-CO-0480/2022-V

35469212S

Inicio

Rúa Castelo, 25, 1º A, 15900 Padrón (A Coruña)

PSC-CO-0488/2022-PPM

45860100D

Inicio

Rúa Doutor don Teo, 4, 2º C, 15200 Noia (A Coruña)

PSC-CO-0508/2022-PPM

32787104Y

Inicio

Rúa Eugenio Carré Aldao, 2, 1º esqda., 15007 A Coruña

PSC-CO-0552/2022-PPM

76779647N

Inicio

Os Seixos, 14, 15110 Cabana de Bergantiños (A Coruña)

PSC-CO-0564/2022-COP

78791889F

Inicio

Rúa do Cruceiro, 7, 15117 Laxe (A Coruña)

PSC-CO-0572/2022-ORS

76321850F

Inicio

Prado da Viña, 10, 15155 Fisterra (A Coruña)

PSC-CO-0585/2022-PPM

35470037N

Inicio

Rúa do Charco, 13, 36626 A Illa de Arousa (Pontevedra)