Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 10 Luns, 16 de xaneiro de 2023 Páx. 5918

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Mar

ANUNCIO do 22 de decembro de 2022, da Xefatura Territorial de Vigo, polo que se notifica a resolución de retirada dun permiso de explotación para o marisqueo a pé.

De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, logo de intentada sen éxito a notificación de acordo co previsto no artigo 42 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, notifícaselle á persoa que se relaciona no anexo a resolución de retirada do permiso de explotación para o marisqueo a pé.

En cumprimento do artigo 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, a persoa interesada poderá comparecer no prazo de dez días hábiles, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no taboleiro de edictos único do Boletín Oficial del Estado (TEU do BOE), nas oficinas da Xefatura Comarcal da Consellería do Mar, situadas en Alto da Rosa, s/n, O Carril, Vilagarcía de Arousa, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, para o coñecemento íntegro da mencionada resolución e constancia de tal coñecemento.

Transcorrido o dito prazo sen se efectuar a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no TEU do BOE.

Vigo, 22 de decembro de 2022

A xefa territorial de Vigo
P.D. (Resolución do 29.12.2021)
Carmen de Benito Caula
Xefa do Servizo de Pesca, Acuicultura e Innovación Tecnolóxica

ANEXO

DNI

Acto que se notifica

35475119B

Resolución do 14.12.2022