Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 10 Luns, 16 de xaneiro de 2023 Páx. 4705

III. Outras disposicións

Presidencia da Xunta de Galicia

RESOLUCIÓN do 5 de xaneiro de 2023, da Secretaría Xeral da Emigración, pola que se dá publicidade dos convenios de colaboración subscritos por esta secretaría xeral no terceiro cuadrimestre de 2022.

O artigo 15.2 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, impón a cada consellería ou entidade da Xunta de Galicia a obriga de publicar no Diario Oficial de Galicia unha relación dos convenios de colaboración subscritos no cuadrimestre anterior.

En consecuencia, e para lle dar cumprimento a esa obriga,

DISPOÑO:

Artigo único

Dar publicidade da relación dos convenios subscritos pola Secretaría Xeral da Emigración nos meses de setembro, outubro, novembro e decembro do ano 2022, que se incorpora como anexo a esta resolución.

Santiago de Compostela, 5 de xaneiro de 2023

Antonio Rodríguez Miranda
Secretario xeral da Emigración

ANEXO

Convenios de colaboración subscritos pola Secretaría Xeral da Emigración
nos meses de setembro, outubro, novembro e decembro do ano 2022

Título

Obxecto

Achega económica da Secretaría (€)

Data da sinatura

Addenda ao convenio de colaboración entre a Secretaría Xeral da Emigración da Xunta de Galicia e a Fundación Apoyo a la Ciudadanía Española en Venezuela (FACEV), para a prestación de asistencia socioasistencial especial e sanitaria de emerxencia a persoas de orixe galega residentes en Venezuela.

Modificar a cláusula terceira para incrementar en 20.000 € a achega económica da Secretaría Xeral da Emigración e ampliar os prazos de xustificación e de vixencia previstos na cláusula sexta e na décimo quinta.

20.000 €

14.10.2022

Addenda ao convenio de colaboración entre a Secretaría Xeral da Emigración da Xunta de Galicia e a Fundación España Salud (FES) de Venezuela en Caracas, coa finalidade de contribuír á atención das necesidades sociosanitarias e de atención domiciliaria da cidadanía galega residente en Venezuela.

Modificar a cláusula terceira para incrementar en 25.000 € a achega económica da Secretaría Xeral da Emigración e ampliar os prazos de xustificación e de vixencia previstos na cláusula sexta e na décimo quinta.

25.000 €

17.10.2022

Convenio de colaboración entre a Secretaría Xeral da Emigración da Xunta de Galicia e a Asociación de Inmigrantes e Retornados Rioplatenses, para o desenvolvemento de accións de información e asesoramento dirixidas a persoas emigrantes retornadas.

Establecer o marco da colaboración entre as entidades asinantes para o desenvolvemento de accións de información e asesoramento dirixidas a persoas galegas retornadas á Comunidade Autónoma galega.

5.000 €

20.10.2022

Addenda ao convenio de colaboración entre a Secretaría Xeral da Emigración da Xunta de Galicia e o Hogar Español de Montevideo (Uruguai), para contribuír á atención das necesidades socioasistenciais básicas da cidadanía galega residente en Montevideo.

Ampliar os prazos de xustificación e de vixencia previstos na cláusula sexta e na décimo quinta.

Sen achega económica

21.10.2022

Convenio de colaboración entre a Secretaría Xeral da Emigración da Xunta de Galicia e o Centro Cultural y Recreativo Hijos de Galicia, de Montevideo (Uruguai), para obras de reparación da instalación eléctrica.

Establecer o marco da colaboración entre as entidades asinantes para contribuír ao financiamento das obras urxentes de reparación da instalación eléctrica afectada pola inundación sufrida na sede do Centro Cultural y Recreativo Hijos de Galicia, de Montevideo.

5.000 €

21.10.2022

Convenio de colaboración entre a Secretaría Xeral da Emigración da Xunta de Galicia e a entidade Xuventude de Galicia-Centro Galego de Lisboa (Portugal), para obras de reforma da explanada dianteira e da rampla lateral da entidade.

Establecer o marco da colaboración entre as entidades asinantes para contribuír ao financiamento das obras urxentes de reforma da explanada dianteira e da rampla lateral da sede da entidade Xuventude de Galicia-Centro Galego de Lisboa.

29.500 €

21.10.2022

Convenio de colaboración entre a Secretaría Xeral da Emigración da Xunta de Galicia e a entidade Xuntanza de Asociacións Galegas de Cataluña, para a celebración dos actos conmemorativos dos 50 anos da emigración en Cataluña.

Establecer o marco de colaboración entre as entidades asinantes para a concesión dunha subvención destinada a contribuír ao financiamento do custo da celebración da gran gala de teatro musical «Unha Xeración. Dous Mundos», de homenaxe á Galicia en Cataluña, 50 anos de galeguidade comprometida (1970-2020).

20.000 €

26.10.2022

Segunda addenda ao convenio de colaboración entre a Secretaría Xeral da Emigración da Xunta de Galicia e o Hogar Español de Montevideo (Uruguai), para contribuír á atención das necesidades socioasistenciais básicas da cidadanía galega residente en Montevideo.

Modificar a cláusula terceira para incrementar en 35.000 € a achega económica da Secretaría Xeral da Emigración.

35.000 €

10.11.2022

Convenio de colaboración entre a Secretaría Xeral da Emigración da Xunta de Galicia e a Hermandad Gallega de Venezuela, para a adquisición de medicamentos destinados ás persoas galegas residentes en Venezuela.

Establecer o marco da colaboración entre as entidades asinantes para articular o financiamento dos servizos de distribución de medicinas e demais produtos farmacolóxicos entre os galegos e galegas residentes en Venezuela en situación de discapacidade ou con algún tipo de enfermidade.

50.000 €

28.11.2022