Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 9 Venres, 13 de xaneiro de 2023 Páx. 4416

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación

RESOLUCIÓN do 22 de decembro de 2022, da Xefatura Territorial de Pontevedra, pola que se autoriza a execucion do proxecto de desmontaxe dunha instalación eléctrica no concello de Lalín (expediente IN407A 2022/405-4).

Visto o expediente para o outorgamento da autorización de desmontaxe da instalación eléctrica que a seguir se describe:

Solicitante: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Domicilio social: avenida América, 38, 28028 Madrid.

Denominación: desmantelamento da LMTS e CS 36CRZ1 no P.I. Lalín 2000.

Situación: Lalín.

Características técnicas: desmantelamento do centro de seccionamento 36CRZ1 e de 27 metros de liña subterránea de entrada e saída a este. A instalación que se desmantela está situada no Polígono Lalín 2000, no municipio de Lalín.

Consideracións legais:

A Xefatura Territorial de Pontevedra é competente para resolver este expediente con fundamento no Decreto 116/2022, do 23 de xuño, polo que se establece a estrutura orgánica da Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación (DOG núm. 126, do 4 de xullo) e no Decreto 9/2017, do 12 de xaneiro, polo que se establecen os órganos competentes para a resolución dos procedementos de autorización de instalacións eléctricas que sexan competencia da Comunidade Autónoma de Galicia (DOG núm. 22, do 1 de febreiro).

De acordo co disposto no artigo 53 da Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, e nos artigos 135 a 139 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, o peche de instalacións está suxeito a un procedemento de autorización. En consecuencia, esta xefatura territorial resolve:

Autorizar a execución das actuacións recollidas no proxecto de desmantelamento da LMTS e CS 36CRZ1, no Polígono Lalín 2000, concedéndolle un prazo de 12 meses, a partir da recepción deste documento, para a realización delas.

O remate dos traballos descritos neste proxecto deberáselle comunicar a esta xefatura territorial coa finalidade de que se comproben as actuacións realizadas para emitir a preceptiva acta de peche de instalación, tal e como dispón o artigo 139 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro.

Esta autorización outórgase sen prexuízo de terceiros e independentemente das autorizacións, licenzas ou permisos de competencia municipal, provincial ou outros necesarios para a realización das obras da instalación autorizada.

Contra esta resolución, que non é definitiva en vía administrativa, cabe interpoñer recurso de alzada ante o vicepresidente primeiro e conselleiro de Economía, Industria e Innovación da Xunta de Galicia no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da notificación ou publicación desta resolución, conforme o establecido no artigo 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, sen prexuízo de que os interesados poidan interpoñer calquera outro recurso que consideren pertinente.

Pontevedra, 22 de decembro de 2022

Beatriz López del Olmo
Xefa territorial de Pontevedra