Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 9 Venres, 13 de xaneiro de 2023 Páx. 4420

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación

RESOLUCIÓN do 30 de decembro de 2022, da Xefatura Territorial de Pontevedra, pola que se someten a información pública o estudo de impacto ambiental e as solicitudes de autorización administrativa previa e de construción e aprobación do proxecto sectorial de incidencia supramunicipal (proxecto de interese autonómico) do proxecto do parque eólico Monte do Pé, situado nos concellos de Cerdedo-Cotobade e Ponte Caldelas, provincia de Pontevedra (IN408A 2019/25).

En cumprimento do disposto na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico; na Lei 8/2009, do 22 de decembro, pola que se regula o aproveitamento eólico en Galicia e se crean o canon eólico e o Fondo de Compensación Ambiental, modificada pola Lei 5/2017, do 19 de outubro, de fomento da implantación de iniciativas empresariais en Galicia, e pola Lei 9/2021, do 25 de febreiro, de simplificación administrativa e de apoio á reactivación económica de Galicia; no Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica; na Lei 21/2013, do 9 de decembro, de avaliación ambiental; na Lei 1/2021, do 8 de xaneiro, de ordenación do territorio de Galicia, e demais normas vixentes de aplicación, sométese a información pública a solicitude relacionada coa instalación que se describe a continuación:

Solicitante: Green Capital Power, S.L.

Denominación do proxecto: parque eólico Monte do Pé.

Concellos afectados: Cerdedo-Cotobade e Ponte Caldelas (Pontevedra).

Potencia para instalar: 18 MW.

Número de aeroxeradores que se van instalar: 4.

Produción de enerxía media neta ou vertida á rede: 56.446 MWh/ano.

Orzamento total (execución material): 14.310.460,56 €.

Localización: (coordenadas UTM).

Coordenadas da poligonal de delimitación:

Vértice

UTM-X (ETRS89)

UTM-Y (ETRS89)

Concello

P1

542.409,34

4.698.351,15

Cerdedo-Cotobade

P2

543.249,58

4.697.976,23

Cerdedo-Cotobade

P3

543.074,90

4.697.100,00

Cerdedo-Cotobade

P4

542.874,90

4.697.100,00

Cerdedo-Cotobade

P5

542.874,91

4.696.536,00

Cerdedo-Cotobade

P6

542.910,00

4.696.536,00

Cerdedo-Cotobade

P7

542.910,00

4.696.136,00

Cerdedo-Cotobade

P8

542.565,00

4.696.136,00

Ponte Caldelas

P9

542.051,60

4.696.573,01

Cerdedo-Cotobade

P10

542.090,00

4.696.822,00

Cerdedo-Cotobade

P11

542.266,00

4.696.916,00

Cerdedo-Cotobade

P12

541.990,00

4.697.429,00

Cerdedo-Cotobade

Coordenadas dos aeroxeradores, da torre meteorolóxica e do centro de seccionamento e control (CSC):

Aeroxerador

UTM-X (ETRS89)

UTM-Y

(ETRS89)

Concello

MDP-01

542.704,00

4.696.338,00

Cerdedo-Cotobade

MDP-02

542.284,00

4.696.663,00

Cerdedo-Cotobade

MDP-03

542.992,00

4.697.803,00

Cerdedo-Cotobade

MDP-04

542.874,00

4.697.340,00

Cerdedo-Cotobade

Torre meteorolóxica

X (ETRS89)

Y (ETRS89)

Concello

542.739,00

4.696.664,00

Cerdedo-Cotobade

Centro de seccionamento e control (CSC)

Punto

X (ETRS89)

Y (ETRS89)

Concello

P1

542.626,29

4.697.097,23

Cerdedo-Cotobade

P2

542.655,67

4.697.103,81

Cerdedo-Cotobade

P3

542.672,94

4.697.026,74

Cerdedo-Cotobade

P4

542.643,57

4.697.020,12

Cerdedo-Cotobade

Características técnicas recollidas no proxecto:

– 4 aeroxeradores tripá modelo Siemens Gamesa SG145-4.5 de 145 m de diámetro, ou similar, 4,5 MW de potencia unitaria e 127,5 m de altura de buxa.

– Unha torre meteorolóxica de 127,5 m de altura, con 6 anemómetros horizontais (a 127,5, 100 e 80 m), 3 cataventos, unha combinación de anemómetro horizontal e cataventos a 127,5 m, 1 sensor de temperatura e humidade e 1 sensor de presión. A torre estará alimentada en baixa tensión desde o aeroxerador MDP-02. Estará conectada á rede de terra do parque.

– A rede de media tensión do parque recollerá a enerxía xerada polos aeroxeradores e transportarase ata o centro de seccionamento e control; estará formada polos seguintes elementos:

• 4 centros de transformación de tipo seco e illado mediante resina epoxi, de 5.500 kVA, grupo de conexión Dyn11 e tensión 30/0,69 kV instalados no interior dos aeroxeradores.

– 2 liñas soterradas de 30 kV para conectar os aeroxeradores entre si e co CSC:

• Circuíto nº 1 conecta MP-01 con MP-02 de lonxitude 870 m e MP-02 co CSC de lonxitude 840 m.

• Circuíto nº 2 conecta MP-03 con MP-04 de 1.003 m e MP-04 co CSC de lonxitude 725 m.

Os condutores de media tensión serán de tipo RHZ1-2OL-AL-H16Cu 18/30 kV e sección variable (95 e 150 mm2), con illamento de polietileno reticulado XLPE.

A rede de cables do parque eólico estará composta polo tendido de media tensión, rede de terras (condutor de cobre espido de sección 50 mm2 no fondo das gabias), comunicacións e fibra óptica que conecta os aeroxeradores e a torre meteorolóxica co sistema automático de control do parque.

– O centro de seccionamento e control do parque estará constituído por un edificio onde se recollerá a enerxía procedente do dito parque, que se enviará á subestación do PE Coto Aguado mediante unha LAMT 30 kV (non obxecto deste expediente). Constará dos seguintes elementos:

• Unha cela de liña de interconexión coa subestación de Coto Aguado.

• Dúas celas de liña de 30 kV para a conexión dos aeroxeradores.

• Unha cela de medida con transformadores de tensión.

• Unha cela de transformador de servizos auxiliares de 30 kV.

• Un transformador de servizos auxiliares 30/0,42-0,23 kV de 50 kVA.

Para o acceso aos aeroxeradores, así como ao centro de seccionamento e á torre meteorolóxica, deseñáronse 4.100 m de vías, das cales 2.850 m son novos e 1.250 son acondicionados a partir dos xa existentes.

Órgano competente: o órgano competente para autorizar o proxecto da referida instalación eléctrica é a Dirección Xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais.

Procedemento de avaliación ambiental: o proxecto da referida instalación eléctrica está suxeito a avaliación de impacto ambiental ordinaria, segundo o establecido no artigo 7.1.a) da Lei 21/2013, do 9 de decembro, de avaliación ambiental.

De acordo co disposto no artigo 33 da Lei 8/2009, do 22 de decembro, e polas demais normas de aplicación relacionadas ao inicio desta resolución, constitúen o obxecto da información pública os seguintes documentos: proxecto de execución, estudo de impacto ambiental e proxecto sectorial de incidencia supramunicipal (proxecto de interese autonómico).

O que se fai público de conformidade co artigo 33.10 da Lei 8/2009, do 22 de decembro, pola que se regula o aproveitamento eólico en Galicia e se crea o canon eólico e o Fondo de Compensación Ambiental, modificada pola Lei 5/2017, do 19 de outubro, de fomento da implantación de iniciativas empresariais en Galicia, e pola Lei 9/2021, do 25 de febreiro, de simplificación administrativa e de apoio á reactivación económica de Galicia, para coñecemento xeral e para que todas aquelas persoas, naturais ou xurídicas, que se consideren prexudicadas nos seus dereitos poidan presentar as súas alegacións no prazo de trinta (30) días, a partir do día seguinte ao da última publicación desta resolución.

A consulta da documentación realizarase preferentemente a través da seguinte ligazón da web da Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación: https://ceei.xunta.gal/transparencia/documentos-sometidos-a-informacion-publica, na epígrafe de instalacións de xeración. A atención será telefónica no número 986 80 52 51.

Cando sexa indispensable a atención presencial, poderase acudir á Xefatura Territorial da Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación (avenida Mª Victoria Moreno, 43, 5º, 36071 Pontevedra), mediante cita previa no número de teléfono indicado, así como nas dependencias dos concellos de Ponte Caldelas (avenida de Galicia, 17, 36820 Ponte Caldelas) e Cerdedo-Cotobade (sede municipal de Carballedo: Chan, 11, 36856 Carballedo, ou sede municipal de Cerdedo: praza do Concello, 1, 36130 Cerdedo).

Pontevedra, 30 de decembro de 2022

Beatriz López del Olmo
Xefa territorial de Pontevedra