Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 9 Venres, 13 de xaneiro de 2023 Páx. 4489

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Xurado de Expropiación de Galicia

CÉDULA do 21 de decembro de 2022 pola que se notifican os acordos que fixan o prezo xusto de varios predios (expediente 2022000727 e catorce máis).

De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas e dado que non foi posible efectuar a notificación,

DISPOÑO:

1. Notificarlles mediante esta cédula ás persoas que se relacionan no anexo os actos do Xurado de Expropiación de Galicia que se citan, das datas que nel se recollen.

2. Contra estas resolucións, que esgotan a vía administrativa, as persoas interesadas poderán interpoñer recurso potestativo de reposición, ante o mesmo órgano que as ditou, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa notificación ou publicación desta cédula no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado (BOE), de acordo co previsto nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015. As persoas interesadas poderán tamén interpoñer directamente o recurso contencioso-administrativo, ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da súa notificación ou publicación desta cédula no TEU do BOE, de conformidade cos artigos 10.1.i), 14.1 e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa. A interposición do recurso potestativo de reposición impide a interposición simultánea do recurso contencioso-administrativo, que non se poderá interpoñer ata que sexa resolto o recurso de reposición ou se entenda presuntamente desestimado. O texto íntegro do acordo referido nesta cédula está á disposición dos interesados nas dependencias do Xurado de Expropiación de Galicia, con enderezo na rúa Avelino Pousa Antelo, 1 de Santiago de Compostela, 15781.

3. A eficacia desta notificación queda supeditada á súa publicación no TEU do BOE.

4. En consecuencia, para que conste e lles sirva de notificación ás persoas expropiadas, expido e asino esta cédula.

Santiago de Compostela, 21 de decembro de 2022

Patricia Ulloa Alonso
Presidenta do Xurado de Expropiación de Galicia

ANEXO

Proxecto

Persoas que se notifican

Data do acto que se notifica

Nº de
expediente

Predio

01556-Modificado nº 1 da ampliación da plataforma e mellora do trazado na CP 7103 de Laranga a Olveira por Seráns, p.q. 0,000 ao p.q. 6,100. Termo municipal de Porto do Son.

Carmen Blanco Mariño

24.11.2022

2022000727

124 CO2

01556-Modificado nº1 da ampliación da plataforma e mellora do trazado na CP 7103 de Laranga a Olveira por Seráns, p.q. 0,000 ao p.q. 6,100. Termo municipal de Porto do Son.

Avelina García Otero

24.11.2022

2022000728

128 CO

01776-Ampliación e mellora de trazado e seguridade viaria na DP 0402 Ares-Chanteiros (Ares) Fase I. Termo municipal de Ares

Antonio Francisco Porta

24.11.2022

2022000786

143 CO3

01786-Ampliación e mellora do trazado da CP-8203. Vedra-Ponte de Santa Lucía do p.q. 8,130 ao p.q. 10,370. Código 14.1110.0002.0

Hrdos. Manuel Vieites Neiro e outros

24.11.2022

2022000776

36

01980-Conversión en autovía corredor Nadela-Sarria, treito A Pobra de San Xiao-Sarria centro. Clave: LU/17/005.01. p.q. 13,500 a 24,000. Termos municipais do Páramo e de Sarria

Arturo Ramón López Sindín

27.10.2022

2022000366

19A

02099-LAT 220 kV DC Lousame-Mazaricos (expte. IN407A 2010/269-1). Termos municipais de Lousame, Rois, Brión, Negreira, Outes e Mazaricos.

Manuel Vara García

27.10.2022

2022000509

AC-NE-169

02154-Itinerario peonil e ciclista na AC-133. Eixe sur. Treito Franza-Rilo p.q. 7+200-8+500. Termo municipal de Mugardos (AC/16/071.06)

Hrdos. Benedicta Mauriz Pernas

27.10.2022

2022000491

20

02156-Referencia catastral 6289047NG2968N0001DX na Travesía do Castelo (Casal-San Xoán). Termo municipal de Poio

José Miguel Romay Graña

24.11.2022

2022000546

REF.CAT. 6289047NG2968N0001DX

02156-Referencia catastral 6289047NG2968N0001DX na Travesía do Castelo (Casal-San Xoán). Termo municipal de Poio

Manuel Constantino Romay Graña

24.11.2022

2022000546

REF.CAT. 6289047NG2968N0001DX

02173-Acondicionamento e mellora integral na OU-1006 Vilardevós-Vilarello da Cota p.q. 2+860. PQ 4-560

Higinio Vaz Guerrero

24.11.2022

2022000575

67

02173-Acondicionamento e mellora integral na OU-1006 Vilardevós-Vilarello da Cota p.q. 2+860. PQ 4-560

Domingo Vaz Guerrero

24.11.2022

2022000582

77

02173-Acondicionamento e mellora integral na OU-1006 Vilardevós-Vilarello da Cota p.q. 2+860. PQ 4-560

Julia Losada Barreira

24.11.2022

2022000585

84

02173-Acondicionamento e mellora integral na OU-1006 Vilardevós-Vilarello da Cota p.q. 2+860. PQ 4-560

Julia Losada Barreira

24.11.2022

2022000589

93

02173-Acondicionamento e mellora integral na OU-1006 Vilardevós-Vilarello da Cota p.q. 2+860. PQ 4-560

Manuel Alonso Rodríguez

24.11.2022

2022000596

108

02174-Mellora da estrada LU-651, Treito Ferrería Vella - Seoane do Courel. Clave LU/17/128.01.1. Termo municipal de Folgoso do Courel

Carmen Parada López

24.11.2022

2022/000631

118