Mediante o Acordo da Xunta de Goberno Local, na sesión extraordinaria urxente do 26.12.2022, publícase que o Concello de Celanova aprobou a oferta de emprego público ordinaria correspondente ao exercicio 2022, co seguinte contido:
«Primeiro: aprobar a oferta de emprego público de 2022 coa inclusión das seguintes prazas:
– Prazas de acceso libre.
Persoal laboral fixo:
Denominación da praza |
Grupo |
Sistema de selección |
Nº prazas |
Xornada |
Operario de limpeza viaria e de parques e xardíns |
V |
Concurso-oposición libre |
1 |
Completa |
Segundo: publicar a oferta de emprego público no taboleiro de anuncios do concello de Celanova, así como na sede electrónica deste concello https://celanova.sedelectronica.es/info.0, no Boletín Oficial da provincia de Ourense e no Diario Oficial de Galicia.
Terceiro: notificar este acordo aos empregados públicos municipais que se encontran ocupando as prazas que son obxecto da oferta.
Cuarto: ordenar que a convocatoria das prazas se publique no Diario Oficial da provincia, Comunidade Autónoma ou, se for o caso, do Estado, no prazo improrrogable de tres anos, contado desde a data da publicación da oferta de emprego público en que se inclúan as prazas».
Contra este acordo, que pon fin á vía administrativa, poderá interpoñerse, alternativamente, ou recurso de reposición potestativo, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa publicación no Boletín Oficial da provincia de Ourense, ante a Alcaldía deste concello, de conformidade cos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ou recurso contencioso-administrativo, ante os xulgados do contencioso-administrativo de Ourense, no prazo de dous meses contado desde o día seguinte ao da súa precitada publicación no Boletín Oficial da provincia de Ourense, de conformidade co artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa. Se se opta por interpoñer o recurso contencioso-administrativo, ata que aquel sexa resolto expresamente ou se produza a súa desestimación por silencio. Así mesmo, poderase exercer calquera outro recurso que se considere pertinente.
Celanova, 9 de xaneiro de 2023
Antonio Puga Rodríguez
Alcalde