Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 9 Venres, 13 de xaneiro de 2023 Páx. 4685

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Ponte Caldelas

ANUNCIO do 20 de decembro de 2022 de notificación do procedemento de execución subsidiaria relativo á xestión da biomasa.

De conformidade cos artigos 44 e 46.1 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, unha vez tentada sen efecto a notificación do acto que se indica por causas non imputables á Administración, ao non ser posible efectuarlles a comunicación a que se refire o número 2 do artigo 22 da Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia, aos titulares das parcelas que se relacionan a seguir, por causas non imputables a esta administración, de conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, faise pública a comunicación da xestión da biomasa.

Acto que se notifica

Ref. catastral

Polígono/parcela

Localización

Interesado/a

Persoa responsable

Custos da execución subsidiaria

Orde de execución (exp. 317-2021)

Resolución da execución subsidiaria do 15.12.2022

36043A035005470000JS 

(Polígono 35-parcela 547)

Barbudo

En investigación

600 €

Orde de execución (exp. 1532-2022)

Resolución da execución subsidiaria do 15.12.2022

36043A044037870000JO 

(Polígono 44-parcela 3787)

A Insua

Descoñecido

1.200 €

Orde de execución (exp. 1533-2022)

Resolución da execución subsidiaria do 15.12.2022

36043A044037840000JT 

(Polígono 44-parcela 3784)

A Insua

Descoñecido

1.200 €

Orde de execución (exp. 1534-2022)

Resolución da execución subsidiaria do 15.12.2022

36043A044037820000JP

(Polígono 44-parcela 3782)

A Insua

Descoñecido

1.200 €

Orde de execución (exp. 1535-2022)

Resolución da execución subsidiaria do 15.12.2022

36043A044037800000JG

(Polígono 44-parcela 3780)

A Insua

Descoñecido

1.200 €

Orde de execución (exp. 1536-2022)

Resolución da execución subsidiaria do 19.12.2022

36043A044037790000JP (Polígono 44-parcela 3779)

A Insua

En investigación

1.200 €

Publícase o presente anuncio no Diario Oficial de Galicia (DOG) para que lle sirva de notificación á persoa interesada, para cuxo fin se lle comunica que tanto a notificación como o expediente se atopan á súa disposición no Concello de Ponte Caldelas (avenida de Galicia 17, 36820 Ponte Caldelas, Pontevedra). Igualmente poderá acceder a través da sede electrónica desta entidade.

Considerando que o artigo 22.3 da Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia, establece que cando non puider determinarse a identidade da persoa responsable da xestión da biomasa vexetal e de retirada de especies arbóreas prohibidas, ou resultase infrutuosa a notificación da comunicación, efectuarase mediante un anuncio no Boletín Oficial del Estado e no Diario Oficial de Galicia dos datos catastrais da parcela.

Considerando que o artigo 22.4 da Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia, posibilita a este concello para a execución subsidiaria en caso de incumprimento dos traballos de xestión da biomasa e para repercutir os custos ás persoas responsables.

Considerando que o artigo 22.6 da Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia, establece a obriga das persoas responsables de facilitar os accesos necesarios ás entidades responsables dos traballos de xestión da biomasa, que non requirirán de ningunha autorización para a execución subsidiaria da xestión da biomasa nas redes de faixas de xestión.

Prazo: 1 mes.

Ponte Caldelas, 20 de decembro de 2022

Andrés Díaz Sobral
Alcalde