Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 9 Venres, 13 de xaneiro de 2023 Páx. 4278

III. Outras disposicións

Axencia Galega das Industrias Culturais

EXTRACTO da Resolución do 22 de decembro de 2022 pola que se establecen as bases reguladoras de subvencións, en réxime de concorrencia competitiva, á creación escénica e se convocan para o ano 2023 (código de procedemento CT403B).

BDNS (Identif.): 669567.

De conformidade co previsto nos artigos 17.3. b) e 20.8.a) da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, publícase o extracto da convocatoria cuxo texto completo se pode consultar na Base de datos nacional de subvencións (http://www.pap.minhap.gob.es/bdnstrans/index):

Primeiro. Persoas beneficiarias

Poderán acceder a estas axudas as persoas físicas (autónomas) ou xurídicas privadas, e as súas asociacións, así como as sociedades civís e comunidades de bens –ou calquera outra agrupación de persoas sen personalidade xurídica propia–, así como as unións temporais de empresas, dedicadas profesionalmente á produción de actividade escénica, que desenvolvan maioritariamente a súa actividade na Comunidade Autónoma de Galicia.

Segundo. Finalidade

Determinar as condicións de concesión en réxime de concorrencia competitiva, das subvencións establecidas pola Agadic, para contribuír á promoción da creatividade escénica, no marco das competencias deste organismo, e proceder á súa convocatoria para o ano 2023. A finalidade é o fomento da produción escénica en calquera disciplina artística.

Terceiro. Bases reguladoras

Resolución do 22 de decembro de 2022 pola que se establecen as bases reguladoras de subvencións, en réxime de concorrencia competitiva, á creación escénica e se convocan para o ano 2023 (código de procedemento CT403B).

Cuarto. Importe

O crédito destinado ao financiamento da subvención será de 800.000,00 euros, suma que irá con cargo á aplicación orzamentaria 10.A1.432B.770.0 do orzamento de gastos da Agadic, código de proxecto 2010-00005, distribuído entre as anualidades 2023, 2024 e 2025 segundo o cadro que segue:

Anualidade

Importe

2023

200.000,00 €

2024

500.000,00 €

2025

100.000,00 €

Quinto. Prazo de presentación de solicitudes

O prazo para a presentación das solicitudes será dun mes desde o día seguinte ao da publicación da correspondente convocatoria no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 22 de decembro de 2022

Román Rodríguez González
Presidente do Consello Reitor da Axencia Galega
das Industrias Culturais