Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 9 Venres, 13 de xaneiro de 2023 Páx. 4230

III. Outras disposicións

Axencia Galega das Industrias Culturais

RESOLUCIÓN do 22 de decembro de 2022 pola que se establecen as bases reguladoras de subvencións, en réxime de concorrencia competitiva, á creación escénica e se convocan para o ano 2023 (código de procedemento CT403B).

A Axencia Galega das Industrias Culturais é unha entidade de dereito público con personalidade xurídica propia, patrimonio propio e autonomía na súa xestión, que ten por obxecto o impulso e a consolidación do tecido empresarial no sector cultural galego, segundo o previsto nos artigos 3, 4 e 5 da Lei 4/2008, do 23 de maio, de creación da Axencia Galega das Industrias Culturais. A Axencia Galega das Industrias Culturais é o organismo en que a Xunta de Galicia, coa participación necesaria dos sectores culturais implicados, centraliza os programas de apoio destinados a reforzar o papel dos creadores individuais, empresas e industrias culturais privadas, dentro do obxectivo xenérico de promoción e fomento da cultura galega impulsado pola Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades. O obxectivo da Axencia é consolidar o tecido industrial no sector cultural galego para promover un tecido empresarial capitalizado, competitivo e innovador, fomentar a creación e potenciar a comercialización de bens e servizos culturais de calidade, favorecendo a difusión da lingua e da cultura galegas como elementos singularizadores.

A Axencia pretende fomentar a demanda de produtos culturais na sociedade galega e, pola súa vez, aumentar a exportación. Os destinatarios da Axencia son as empresas culturais privadas dedicadas principalmente á produción, distribución ou comercialización de produtos culturais incorporados en calquera clase de soporte, así como de espectáculos ao vivo.

Con esta convocatoria de axudas, a Axencia Galega das Industrias Culturais quere seguir impulsando o marco de actuación baseado nas premisas:

1. Favorecer a produción escénica en todas as súas disciplinas artísticas.

2. Incrementar os espectadores en artes escénicas.

3. Consolidar industrias culturais competitivas que xeren un retorno.

4. Buscar a excelencia nos produtos culturais galegos.

Por todo isto, en consonancia cos seus obxectivos inmediatos, e no uso das atribucións que me foron conferidas,

RESOLVO:

1. Convocatoria e bases reguladoras.

1.1. Esta resolución ten por obxecto aprobar as bases, que se inclúen como anexo I, polas que se rexerá a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, de subvencións á creación escénica e se convocan para o ano 2023 (código de procedemento CT403B).

1.2. Estas axudas deberán cumprir as condicións de exención e os límites do artigo 3 do Regulamento (UE) 1470/2013 da Comisión, do 18 de decembro, relativo á aplicación dos artigos 107 e 108 do Tratado de funcionamento da Unión Europeo ás axudas de minimis, O importe total das axudas de minimis concedidas por un Estado membro a unha única empresa non excederá os 200.000 euros durante calquera período de tres exercicios fiscais.

2. Persoas beneficiarias.

Poderán ser beneficiarias destas axudas as persoas indicadas no artigo 2.1.

3. Solicitudes.

3.1. Para poder ser beneficiario das subvencións deberá presentarse unha solicitude axustada ao modelo normalizado que se inclúe como anexo II desta resolución, que irá acompañada dos documentos que se especifican no artigo 8, así como cumprir cos requisitos exixidos nas bases reguladoras.

3.2. As solicitudes presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal. O prazo para a presentación das solicitudes será dun mes desde o día seguinte ao da publicación da correspondente convocatoria no Diario Oficial de Galicia.

4. Prazo de duración do procedemento de concesión.

As solicitudes serán tramitadas de acordo co procedemento de concorrencia competitiva, que non poderá ter unha duración superior aos cinco (5) meses contados desde o día seguinte ao da publicación desta convocatoria.

5. Información ás persoas interesadas.

5.1. Sobre este procedemento administrativo poderase obter documentación normalizada ou información adicional na Axencia Galega das Industrias Culturais, a través dos seguintes medios:

a) Na páxina web oficial da Axencia Galega das Industrias Culturais, http://agadic.gal

b) Nos teléfonos 881 99 60 77/881 99 60 78.

c) No enderezo electrónico agadic@xunta.gal

d) Persoalmente.

e) Na guía de procedementos e servizos administrativos no enderezo:

http://sede.xunta.gal/guia-de-procedementos-e-servizos

5.2. Así mesmo, para cuestións xerais sobre este procedemento, poderá facerse uso do teléfono de información xeral da Xunta de Galicia 012.

5.3. De acordo co establecido no artigo 14, letra ñ), da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, as entidades beneficiarias quedan informadas da existencia do Rexistro Público de Subvencións.

6. Réxime de recursos.

Esta resolución pon fin á vía administrativa e contra ela poderán interpoñerse os seguintes recursos, sen prexuízo de que os interesados poidan exercer calquera outro que consideren procedente:

a) Recurso potestativo de reposición ante o presidente do Consello Reitor da Axencia Galega das Industrias Culturais, no prazo dun mes contado a partir do seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

b) Recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses contados desde o seguinte ao de publicación da resolución, de conformidade co disposto no artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, ante os xulgados do contencioso-administrativo de Santiago de Compostela.

7. Base de datos nacional de subvencións.

En cumprimento do disposto nos artigos 17.3.b) e 20.8.a) da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, o texto da convocatoria e a información requirida no ordinal oitavo do devandito artigo será comunicado á Base de datos nacional de subvencións (BDNS). A BDNS dará traslado ao Diario Oficial de Galicia do extracto da convocatoria para a súa publicación.

Santiago de Compostela, 22 de decembro de 2022

Román Rodríguez González
Presidente do Consello Reitor da Axencia Galega
das Industrias Culturais

ANEXO I

Bases reguladoras, en réxime de concorrencia competitiva, de subvencións á creación escénica e convocatoria para o ano 2023
(código de procedemento CT403B)

Artigo 1. Obxecto, finalidade e principios de xestión

1. Estas bases teñen por obxecto determinar as condicións de concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das subvencións establecidas pola Agadic, para contribuír á promoción da creatividade escénica, no marco das competencias deste organismo, e proceder á súa convocatoria para o ano 2023 (código de procedemento CT403B).

A finalidade das subvencións é o fomento da produción escénica en calquera disciplina artística.

2. As axudas deberán cumprir as condicións de exención e os límites do artigo 3 do Regulamento (UE) nº 1407/2013, relativo á aplicación dos artigos 107 e 108 do Tratado de funcionamento da Unión Europea ás axudas de minimis. O importe total das axudas de minimis concedidas por un Estado membro a unha única empresa non excederá os 200.000 euros durante calquera período de tres exercicios fiscais.

3. Estas subvencións son incompatibles con outras axudas polo mesmo proxecto da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades e dos seus organismos dependentes. No caso da modalidade 4, ademais, é incompatible con calquera das axudas convocadas pola Axencia Galega das Industrias Culturais.

4. Estas subvencións son compatibles con outras axudas polo mesmo proxecto do resto da Administración da Xunta de Galicia e organismos dependentes, así como doutras administracións públicas e entidades públicas ou privadas, e con outros ingresos ou recursos para a mesma finalidade. A suma das distintas axudas públicas para a mesma finalidade non pode superar o 100 % do custo do proxecto obxecto de subvención.

5. A normativa aplicable a estas subvencións axustarase ao disposto nesta resolución aprobatoria das bases de subvencións, en réxime de concorrencia competitiva, á creación escénica; na Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia; no Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei de subvencións de Galicia; na Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, así como nos preceptos básicos do Real decreto 887/2006, do 21 de xullo, polo que se aproba o Regulamento da Lei xeral de subvencións; na Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas; na Lei orgánica 3/2018, do 5 de decembro, de protección de datos persoais e garantía dos dereitos dixitais; na Lei 4/2019, do 17 de xullo, de administración dixital de Galicia, e demais normativa de xeral aplicación.

6. A xestión e a concesión destas axudas realizaranse mediante o procedemento de concorrencia competitiva, e de acordo cos seguintes principios:

a) Publicidade, concorrencia, obxectividade, transparencia, igualdade e non discriminación.

b) Eficacia no cumprimento dos obxectivos fixados pola Administración outorgante.

c) Eficiencia na asignación de efectivos e na utilización de recursos públicos.

Artigo 2. Persoas beneficiarias

1. Poderán acceder a estas axudas as persoas físicas (autónomas) ou xurídicas privadas, e as súas asociacións, así como as sociedades civís e comunidades de bens –ou calquera outra agrupación de persoas sen personalidade xurídica propia–, así como as unións temporais de empresas, dedicadas profesionalmente á produción de actividade escénica, que desenvolvan maioritariamente a súa actividade na Comunidade Autónoma de Galicia.

2. Non poderán ser beneficiarias desta convocatoria de subvencións en ningunha das súas modalidades:

a) As asociacións e restantes entidades sen fins de lucro.

b) As persoas beneficiarias da modalidade 4 (subvencións á actividade escénica de carácter plurianual) da convocatoria de subvencións á creación escénica do ano 2022.

c) As persoas ou entidades en que concorra algunha das prohibicións establecidas nos termos previstos no artigo 10.2 e 3 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

En todo caso, as persoas solicitantes declararán non estar incursas en tales circunstancias, consonte o establecido no anexo II desta convocatoria.

Artigo 3. Modalidades e requisitos da subvención

1. Esta liña de axudas comprende diferentes modalidades que se relacionan a seguir:

a) Modalidade 1: subvencións á creación de espectáculos de empresas de nova creación.

b) Modalidade 2: subvencións á creación escénica no ámbito do teatro, novo circo e maxia.

c) Modalidade 3: subvencións á creación escénica no ámbito da danza e artes do movemento.

d) Modalidade 4: subvencións á actividade escénica de carácter plurianual.

2. Todas as modalidades teñen carácter plurianual, afectando aos exercicios orzamentarios de 2023 e 2024, agás a modalidade 4, que estende a súa vixencia ata o ano 2025.

3. Os requisitos xerais de todas as modalidades son:

a) A produción do proxecto subvencionado deberá iniciarse no exercicio 2023.

b) No suposto de coproducións, unicamente se terá en conta para valorar os criterios relativos á empresa a entidade que figure como persoa solicitante.

c) Sen prexuízo da posible presentación de máis dun proxecto distinto por unha mesma persoa solicitante nas distintas modalidades, só poderá ser obxecto de subvención un proxecto por persoa física, xurídica ou sociedade civil o comunidade de bens, ou calquera outra agrupación de persoas sen personalidade xurídica propia.

Para estes efectos, a persoa solicitante deberá establecer unha orde de prelación sobre os proxectos presentados, que a Comisión de Valoración terá en conta no caso de que varios proxectos se consideren subvencionables. Non poderán presentar o mesmo proxecto distintas persoas solicitantes. Non poderá presentarse un mesmo proxecto a distintas modalidades.

4. Ademais dos requisitos xerais, existen requisitos específicos, que se expresan a seguir:

a) Modalidade 1 (subvencións á creación de espectáculos de empresas de nova creación):

– O equipo artístico da produción debe estar integrado, como mínimo, nun 50 % por persoas nacidas a partir do ano 1988, inclusive. Para os efectos desta convocatoria, enténdese por equipo artístico: elenco, dirección, persoa ou persoas responsables do deseño do espazo escénico, do deseño de luz, do deseño do espazo sonoro e do deseño do vestiario.

– Antigüidade da compañía non superior aos cinco anos. Para estes efectos, a constitución e antigüidade da compañía contabilizaranse desde a primeira data da alta no IAE na actividade de produción ou distribución de espectáculos de artes escénicas.

b) Modalidade 4 (subvencións á actividade escénica de carácter plurianual):

– Contar cunha actividade empresarial no ámbito das artes escénicas sen interrupción nos últimos 10 anos. Para estes efectos, a constitución e antigüidade da compañía contabilizaranse desde a primeira data da alta no IAE na actividade de produción ou distribución de espectáculos de artes escénicas.

– Facturación media dos tres últimos anos de 100.000 euros como mínimo.

– Os proxectos deberán conter, como mínimo, unha produción e un plan de xira de 70 funcións que recolla tanto o mercado galego como o exterior. Deste plan de xira polo menos 15 funcións corresponderán a unha das producións do proxecto subvencionado.

– As producións que formen parte do proxecto subvencionado desta modalidade poderán presentarse de forma individual ás outras modalidades desta convocatoria. Neste caso, a persoa solicitante deberá establecer, como no resto dos casos, a orde de prelación.

– Nesta modalidade subvencionaranse unicamente dúas entidades con proxectos escénicos para desenvolver durante os anos 2023-2025.

5. Datas de estrea dos proxectos subvencionados:

– Para as modalidades 1, 2 e 3, a estrea será entre o 1 de abril de 2023 e o 31 de marzo de 2024.

– Para a modalidade 4, a estrea será entre o 1 de abril de 2023 e o 31 de marzo de 2025.

Artigo 4. Financiamento, contías e límites

1. O crédito asignado ao financiamento da subvención será de 800.000 euros, suma que irá con cargo á aplicación orzamentaria 10.A1.432B.770.0 do orzamento de gastos da Agadic, código de proxecto 2010-00005, distribuído entre as anualidades 2023, 2024 e 2025 segundo o cadro que segue:

Anualidade

Importe

2023

200.000,00 €

2024

500.000,00 €

2025

100.000,00 €

2. Os importes previstos poderán ser incrementados ao longo do exercicio, nos supostos establecidos no artigo 31.2 da Lei de subvencións de Galicia e tras declaración previa de dispoñibilidade de crédito, logo da modificación orzamentaria que proceda e sempre antes da resolución de concesión. Se é o caso, a ampliación de crédito deberase publicar nos mesmos medios que esta convocatoria, sen que tal publicidade implique a apertura de prazo para presentar novas solicitudes nin o inicio de novo cómputo de prazo para resolver.

3. Contías e límites máximos:

Modalidade

Orzamento máximo por modalidade

Orzamento máximo por proxecto e modalidade

Límite da subvención sobre o orzamento

Contía máxima da subvención

Modalidade 1: nova creación

70.000,00 €

20.000,00 €

90 %

18.000,00 €

Modalidade 2: creación escénica teatro, novo circo e maxia

430.000,00 €

80.000,00 €

75 %

60.000,00 €

Modalidade 3: danza e artes do movemento

100.000,00 €

50.000,00 €

75 %

37.500,00 €

Modalidade 4: actividade escénica plurianual

200.000,00 €

150.000,00 €

80 %

100.000,00 €

4. Sen prexuízo das dotacións indicadas en cada modalidade, cando por razón de falta de solicitudes, incumprimento de requisitos ou de falta de calidade dos proxectos presentados non se esgotase a contía establecida nunha ou varias modalidades, a Dirección da Agadic poderá reasignar as contías en calquera das modalidades. No caso deste traspaso, terá prioridade a modalidade en que o desequilibrio entre a cantidade solicitada e a dotación inicial sexa maior.

5. O expediente tramítase como anticipado de gasto e no ano 2022 poderase chegar, como máximo, ata o momento anterior ao da disposición ou compromiso de gasto. Todos os actos ditados no expediente de gasto regulado por esta resolución entenderase condicionados a que, unha vez aprobado o orzamento do ano 2023, subsistan as mesmas circunstancias de feito e de dereito existentes no momento que se produciron aqueles.

Artigo 5. Gastos subvencionables

1. Son gastos subvencionables os que indubidablemente respondan á natureza da actividade subvencionada, se realicen dentro do período de execución establecido na presente convocatoria e se xustifiquen e acredite o seu pagamento antes da data de xustificación da subvención.

2. Para os efectos desta convocatoria, son gastos subvencionables:

a) Gastos de persoal incluídos na ficha de produción.

Para a modalidade 4 tamén serán subvencionables os gastos de persoal incluído na xira realizada (máximo, 70 % do total do proxecto).

b) Gastos de produción (escenografía, vestiario, música, luz, son, etc.). Os gastos deberán corresponder co proxecto presentado (máximo, 30 % do proxecto).

c) Gastos de promoción e publicidade, de acordo co orzamento presentado (máximo, 10 % do proxecto).

d) Dereitos de autor.

e) Axudas de custo, transporte e/ou outras indemnizacións, conforme as tarifas máximas establecidas no convenio colectivo de actores e actrices de Galicia.

f) Gastos xerais de mantemento e xestión, ata un máximo do 7 % sobre os custos totais.

g) Gastos financeiros, se están directamente relacionados coa actividade subvencionable e son indispensables para a adecuada preparación ou execución desta, de conformidade co artigo 29.7 da Lei de subvencións de Galicia.

h) Alugamento de locais de ensaio, cun máximo tres meses, agás para a modalidade 4, que será un máximo de seis meses.

3. Non serán subvencionables os gastos relativos a:

a) Xuros debedores das contas bancarias.

b) Imposto sobre o valor engadido, así como os impostos de natureza similar que sexan recuperables pola entidade.

c) Gastos de subcontratación de servizos con empresas vinculadas ou con aquelas que non teñan como obxecto social e actividade social a prestación dos servizos obxecto da subcontratación.

d) Gastos de contratación de servizos artísticos por parte das persoas titulares da empresa, cando excedan os seguintes límites: 20 % do total do proxecto, por cada persoa titular, co límite máximo do 50 %.

e) Calquera outro non vinculado directamente coa actividade obxecto de subvención.

4. Consideraranse gastos subvencionables os relativos á produción escénica comprendidos entre o 1 de xaneiro do 2023 e a data da estrea para as modalidades 1, 2 e 3.

No caso da modalidade 4, consideraranse tamén subvencionables os gastos orixinados pola xira para levar a cabo todas as funcións comprometidas.

Para aquelas persoas beneficiarias dunha subvención ao abeiro da Resolución do 8 de marzo de 2022 pola que se aproban as bases reguladoras das subvencións, en réxime de concorrencia competitiva, á creación escénica de 2022, que non estrearon o proxecto subvencionado nese ano, o período subvencionable abrangue desde a estrea do devandito proxecto en 2023 ata a estrea do novo proxecto subvencionado ao abeiro desta convocatoria.

Artigo 6. Presentación das solicitudes

1. As solicitudes presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal

De conformidade co artigo 68.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, se algunha das persoas interesadas presenta a súa solicitude presencialmente, será requirida para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación da solicitude aquela en que sexa realizada a emenda.

Para a presentación electrónica poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).

2. Xunto coa solicitude deberán presentarse as seguintes declaracións responsables:

2.1. Declaración responsable de que os datos dos espectáculos producidos e distribuídos nos anos 2020, 2021 e 2022, así como a relación de funcións, recollidos no anexo IV, son certos.

2.2. Declaración responsable de que os datos da directora ou director correspondentes ás titulacións, espectáculos dirixidos e premios á dirección, recollidos no anexo VI, son certos.

2.3. Modalidade 1: declaración responsable de que o equipo artístico (elenco, dirección, persoa ou persoas responsables do deseño do espazo escénico, do deseño de luz, do deseño do espazo sonoro e do deseño do vestiario) está integrado, como mínimo nun 50 %, por persoas nacidas a partir do ano 1988, inclusive.

2.4. Modalidade 4: declaración responsable do compromiso de realización dun mínimo de 70 funcións, polo menos 15 delas correspondentes a unha das producións do proxecto presentado a esta modalidade.

Artigo 7. Prazo para a presentación das solicitudes e emenda

1. O prazo para a presentación das solicitudes será dun mes contado desde o día seguinte ao da publicación da correspondente convocatoria no Diario Oficial de Galicia. Entenderase como último día do prazo o correspondente ao mesmo ordinal do día da publicación. Se o último día do prazo é inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte e se no mes de vencemento non hai día equivalente ao inicial do cómputo, entenderase que o prazo expira o último día do mes.

2. Se a solicitude non reúne os requisitos establecidos na convocatoria, o órgano competente requirirá a persoa interesada para que a emende no prazo máximo e improrrogable de 10 días, e indicaralle que, se así non o fixer, se terá por desistida da súa solicitude, logo de resolución ditada nos termos previstos no artigo 21 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

3. Para estes efectos, considerarase como data de presentación da solicitude aquela que sexa realizada a emenda, xa que, para os efectos da concesión das axudas, terase en conta a orde cronolóxica de entrada, considerándose como data de presentación válida aquela en que o expediente sexa presentado completo, coa solicitude correctamente cuberta e achegada toda a documentación exixida na presente resolución.

Artigo 8. Documentación complementaria

1. Ademais da solicitude (anexo II), as persoas interesadas presentarán, con carácter xeral, a seguinte documentación:

Documentación xeral.

1.1. Se a persoa solicitante é unha persoa xurídica:

a) Certificado do acordo social de solicitude da axuda.

b) Estatutos rexistrados e escrituras de constitución inscritos no rexistro que corresponda.

c) Documentación que acredite suficientemente a representación de quen asina a solicitude.

1.2. Se a persoa solicitante é unha sociedade civil e comunidades de bens ou calquera outra agrupación de persoas sen personalidade xurídica propia deberá facer constar:

a) Nomeamento do representante ou apoderado legal único da agrupación (con poder bastante para cumprir as obrigas que, como persoa beneficiaria, lle corresponden á agrupación; debe facer constar tal circunstancia tanto na solicitude como na aceptación da concesión da axuda).

b) Os compromisos de execución asumidos por cada membro da agrupación e o importe de subvención que se lle aplicará a cada un.

c) O compromiso de non disolución destas ata que transcorra o prazo de prescrición previsto nos artigos 35 e 63 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

Documentación específica.

1.3. Memoria do proxecto que inclúa separadamente o tratamento, por parte das persoas solicitantes, dos seguintes puntos:

a) Interese cultural e artístico, relevancia e singularidade do proxecto e obxectivos.

b) Estratexias de difusión e promoción do proxecto.

c) Repercusión do proxecto na creación e fomento de públicos para as artes escénicas.

d) Viabilidade técnica e económica do proxecto proposto tendo en conta especialmente o orzamento, os recursos empresariais implicados e a adecuación do proxecto e do orzamento aos obxectivos que se perseguen.

e)  Descrición, cun máximo de vinte páxinas, que recolla os recursos relativos á posta en escena do espectáculo e que inclúa o currículo curto de actores e actrices e traballo actoral e coreográfico, escenografía, vestiario ou outros aspectos plásticos, iluminación, música, así como calquera outro aspecto creativo que se considere.

1.4. Certificación acreditativa da titularidade dos dereitos de autor. Nun primeiro momento (e durante o trámite de presentación da solicitude da subvención), poderase achegar unicamente a acreditación da súa solicitude. Non obstante, a dita titularidade deberase acreditar con anterioridade ao aboamento da subvención.

1.5. Memoria da empresa (anexo III).

1.6. Memoria das actividades realizadas pola compañía (anexo IV). Non se terán en conta os espectáculos ou funcións non recollidos no anexo nin os que non veñan acompañados da documentación acreditativa.

1.7. Ficha de produción (anexo V).

1.8. Historial da directora ou director (anexo VI). Non se terá en consideración o historial non recollido no anexo nin o que non veña acompañado da documentación acreditativa.

1.9. Plan económico financeiro (anexo VII).

1.10. Compromiso de contratación (anexo VIII). O compromiso de contratación será o das persoas integrantes do equipo artístico, asinado tanto pola empresa como pola persoa traballadora, coa declaración expresa de non participación en máis de tres proxectos escénicos e cos salarios referidos ao convenio en vigor.

1.11. Acreditación documental da memoria das actividades realizadas pola compañía do anexo IV e do historial do director ou directora do anexo VI.

2. As persoas solicitantes da modalidade 4, cando o proxecto estea integrado por máis dunha produción, poderán presentar os anexos V (ficha de produción), VI (historial da directora ou director), VII (plan económico financeiro) adaptados ao proxecto, respectando en todo caso as epígrafes de cada un deles.

3. De conformidade co artigo 28.3 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, non será necesario achegar os documentos que xa foron presentados anteriormente pola persoa interesada ante calquera Administración. Neste caso, a persoa interesada deberá indicar en que momento e ante que órgano administrativo presentou os citados documentos, que serán solicitados electronicamente a través das redes corporativas ou mediante consulta ás plataformas de intermediación de datos ou outros sistemas electrónicos habilitados para o efecto, agás que conste no procedemento a oposición expresa da persoa interesada.

De forma excepcional, se non se poden obter os citados documentos, poderá solicitarse novamente á persoa interesada a súa achega.

4. A documentación complementaria deberá presentarse electronicamente. Se algunha das persoas interesadas presenta a documentación complementaria presencialmente, será requirida para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación aquela en que sexa realizada a emenda.

5. As persoas interesadas responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten. Excepcionalmente, cando a relevancia do documento no procedemento o exixa ou existan dúbidas derivadas da calidade da copia, a Administración poderá solicitar de maneira motivada o cotexo das copias achegadas pola persoa interesada, para o que poderá requirir a exhibición do documento ou da información orixinal.

6. Sempre que se realice a presentación de documentos separadamente da solicitude deberase indicar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de rexistro de entrada da solicitude e o número de expediente, se se dispón del.

7. No caso de que algún dos documentos que se presente de forma electrónica supere os tamaños máximos establecidos ou teña un formato non admitido pola sede electrónica permitirase a presentación deste de forma presencial dentro dos prazos previstos e na forma indicada no número anterior. A información actualizada sobre o tamaño máximo e os formatos admitidos pode consultarse na sede electrónica da Xunta de Galicia.

Artigo 9. Comprobación de datos

1. Para a tramitación deste procedemento consultaranse automaticamente os datos incluídos nos seguintes documentos en poder da Administración actuante ou elaborados polas administracións públicas, agás que a persoa interesada se opoña á súa consulta:

• DNI ou NIE da persoa solicitante.

• DNI ou NIE da persoa representante.

• NIF da entidade solicitante.

•Certificado de estar dado de alta no imposto de actividades económicas, na epígrafe/subepígrafe que corresponda, no exercicio actual.

• Certificado de estar ao día no pagamento de obrigas tributarias coa AEAT.

• Certificado de estar ao día no pagamento coa Seguridade Social.

• Certificado de estar ao día no pagamento das débedas coa Administración pública da Comunidade Autónoma.

• Consulta de concesións de subvencións e axudas.

• Consulta de inhabilitacións para obter subvencións e axudas.

• Consulta de concesións pola regra de minimis.

2. No caso de que as persoas interesadas se opoñan á consulta, deberán indicalo no recadro correspondente habilitado no formulario correspondente e achegar os documentos.

Cando así o exixa a normativa aplicable, solicitarase o consentimento expreso da persoa interesada para realizar a consulta.

3. Excepcionalmente, no caso de que algunha circunstancia imposibilite a obtención dos citados datos poderase solicitar ás persoas interesadas a presentación dos documentos correspondentes.

Artigo 10. Transparencia e bo goberno

1. Deberá darse cumprimento ás obrigas de transparencia contidas no artigo 17 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, e no artigo 15 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

2. En virtude do disposto no artigo 4 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, as persoas físicas e xurídicas beneficiarias de subvencións están obrigadas a subministrar á Administración, ao organismo ou á entidade das previstas no artigo 3.1 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, a que se atopen vinculadas, logo de requirimento, toda a información necesaria para o cumprimento por aquela das obrigas previstas no título I da citada lei.

Artigo 11. Trámites administrativos posteriores á presentación de solicitudes

Todos os trámites administrativos que as persoas interesadas deban realizar tras a presentación da solicitude deberán ser efectuados electronicamente accedendo á Carpeta cidadá da persoa interesada dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia.

Artigo 12. Instrución do procedemento e avaliación de solicitudes

1. A Dirección da Agadic, directamente ou a través dos seus servizos administrativos, actuará como órgano instrutor do procedemento, nos termos previstos no artigo 21 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e correspóndelle realizar de oficio cantas actuacións considere necesarias para a determinación, coñecemento e comprobación dos datos en virtude dos cales se debe pronunciar a resolución. En particular, terá atribuídas especificamente as seguintes funcións:

1.1. Examinar as solicitudes e documentación presentadas.

1.2. Requirir das persoas solicitantes a emenda ou achega da documentación que resulte de obrigado cumprimento.

1.3. Formular a proposta de resolución, debidamente motivada.

2. Co fin de facilitar unha mellor avaliación das solicitudes, poderáselles pedir información complementaria ás persoas interesadas, a persoas profesionais e expertas, así como a outros servizos da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades.

Sen prexuízo das facultades que teñan atribuídas outros órganos da Administración do Estado ou da Comunidade Autónoma, a Dirección da Agadic e as unidades administrativas encargadas da tramitación e seguimento do expediente respectivo poderán comprobar en todo momento a aplicación das subvencións concedidas para os fins programados, e levará a cabo as funcións de control, así como de avaliación e seguimento dos labores e demais actuacións que deriven da presente resolución.

Para estes efectos, as persoas beneficiarias deberán cumprir coas obrigas de comprobación que se establezan nesta resolución e na de adxudicación da subvención.

Artigo 13. Comisión de Valoración

1. Para a avaliación das solicitudes constituirase unha comisión de valoración nomeada polo director da Agadic, que estará integrada por unha persoa do cadro de persoal da Agadic, que exercerá as funcións de secretaría, e polos seguintes vogais, entre os que designará a presidencia:

– Para a avaliación dos criterios automáticos, dúas persoas do cadro de persoal da Agadic.

– Para a avaliación dos criterios artísticos, tres profesionais externos de entre persoas vinculadas ao mundo das artes escénicas en Galicia.

2. A condición de vogal da comisión ten carácter persoal e non pode actuar por delegación nin ser substituído en ningún caso. Os membros da comisión declararán por escrito non ter relación coas persoas solicitantes ou, se é o caso, cos partícipes das persoas xurídicas solicitantes na correspondente convocatoria. Así mesmo, absteranse se concorre algunha das circunstancias descritas do artigo 23 da Lei 40/2015, do 1 de outubro, de réxime xurídico do sector público.

3. Tanto esta comisión como o órgano instrutor especificado no artigo anterior poderán solicitar das persoas solicitantes cantos datos e acreditacións xulguen necesarios para unha máis correcta avaliación dos proxectos.

4. Os vogais que valorarán os criterios artísticos, previamente á cualificación das solicitudes, elaborarán un documento concretando os criterios definidos no artigo 14.b) para aplicalos de xeito obxectivo. Así mesmo, tras a súa avaliación deixarase constancia documental cun informe da motivación das puntuacións.

5. A avaliación das solicitudes presentadas farase en dúas fases. A primeira será a avaliación dos criterios automáticos establecidos no artigo 14 e a segunda fase será a avaliación dos criterios artísticos.

A puntuación final dos proxectos propostos para ser subvencionados consistirá na suma de ambas as valoracións.

6. Unha vez avaliadas as solicitudes, a comisión emitirá un informe relacionando os proxectos examinados por orde de prelación, indicando a puntuación asignada a cada un deles de xeito motivado e redactarase acta cunha proposta dos que se consideran subvencionables.

Artigo 14. Criterios de valoración e avaliación

1. A valoración das solicitudes presentadas realizarase de acordo cos seguintes criterios, excepto para a modalidade 1, na cal non se terán en conta os números 1 (valoración da empresa) e 2 (capacidade de produción e distribución) dos criterios automáticos:

Criterios automáticos

62 puntos

1) Valoración da empresa

12

a) Porcentaxe mínima de subvención solicitada sobre o orzamento do proxecto

– Menos do 55 %: 4 puntos

– Entre o 55 % e o 65 %: 2 puntos

– Máis do 65 %: 1 punto

Ata 4 puntos

b) Facturación media da empresa nos últimos 3 anos (modalidades 1, 2 e 4)

– Máis de 200.001 euros: 4 puntos

– De 100.001 a 200.000 euros: 2 puntos

– Entre 50.000 e 100.000 euros: 1 punto

Ata 4 puntos

Facturación media da empresa nos últimos 3 anos (modalidade 3)

– Máis de 40.001 euros: 4 puntos

– De 25.001 a 40.000 euros: 2 puntos

– Entre 15.000 e 25.000 euros: 1 punto

Ata 4 puntos

c) Nivel de contratación persoal (cálculo realizado sobre a media do importe das cotizacións á Seguridade Social da empresa -socios traballadores e contratos laborais-, nos últimos 3 anos naturais na rama de actividade de empresas de espectáculos) (modalidades 1, 2 e 4)

– Máis de 18.001 euros: 4 puntos

– Entre 12.001 e 18.000 euros: 2 puntos

– De 5.000 a 12.000 euros: 1 punto

Ata 4 puntos

c) Nivel de contratación persoal (cálculo realizado sobre a media do importe das cotizacións á Seguridade Social da empresa -socios traballadores e contratos laborais-, nos últimos 3 anos naturais na rama de actividade de empresas de espectáculos) (modalidade 3)

– Máis de 6.001 euros: 4 puntos

– Entre 3.001 e 6.000 euros: 2 puntos

– De 1.500 a 3.000 euros: 1 punto

Ata 4 puntos

2) Capacidade de produción e distribución

16

a) Nivel de produción. 0,5 puntos por espectáculo producido pola entidade solicitante durante os últimos 3 anos naturais, dun mínimo de 35 minutos de duración (excepto para espectáculos de danza), con dez ou máis representacións realizadas, cinco para os espectáculos de danza

Ata 3 puntos

b) Nivel de distribución. Media anual de funcións distribuídas nos últimos 3 anos dos espectáculos producidos pola entidade solicitante. Terán a consideración de funcións aquelas que supoñan unha contraprestación económica e unha duración mínima de 35 minutos. Non se exixirá duración mínima para os espectáculos de danza

Non se deben incluír as funcións realizadas pola persoa solicitante no espazo escénico que xestiona.

Para a contabilización das funcións realizadas de cada espectáculo aplicarase a seguinte dobre ponderación:

– Ponderación 1:

a) Funcións realizadas fóra de Galicia: 1,5 puntos

b) Funcións realizadas en Galicia: só incluídas na RGTA, RGS (salvo a propia ou xestionada) e RGMV: 1 punto

– Ponderación 2: caché ata 1.500 euros x 0,65 puntos

caché entre 1.501 e 2.500 euros x 1,5 puntos

caché superior a 4.500 euros x 2 puntos

Entre 10 e 20 funcións: 2 puntos

Entre 21 e 50 funcións: 6 puntos

Entre 51 e 70 funcións: 9 puntos

Entre 71 e 90 funcións: 11 puntos

Máis de 91 funcións: 13 puntos

Ata 13 puntos

3) Características da produción

34

a) Autoría do texto. A autoría do texto é equiparable á autoría da coreografía. A consideración de obra orixinal estará suxeita ao rexistro dos dereitos de autor. O rexistro deberá ser efectivo con anterioridade ao cobramento da subvención

– Obra orixinal de autor ou autores galegos vivos: 3 puntos

– Obra autores galegos: 2 puntos

– Outros: 1 punto

Ata 3 puntos

b) Dirección artística

– Fomento da dirección feminina: 2 puntos

– Traxectoria profesional:

• 0,5 puntos pola titulación oficial no ámbito das artes escénicas e musicais

• 0,25 puntos por outras titulacións oficiais relacionadas coas artes escénicas ou musicais

• 0,25 puntos por cada premio á dirección de espectáculos escénicos profesionais, cun máximo de 2 puntos

• 0,5 puntos por cada dirección de montaxes profesionais de artes escénicas, ata un máximo de 8 puntos

Cando a dirección do espectáculo sexa compartida, terase en conta a puntuación da persoa responsable da dirección con máis puntuación global

Ata 12 puntos

c) Elenco (actores, manipuladores, bailaríns e músicos en escena)

– 1 punto por intérprete

Ata 7 puntos

d) Investimento en promoción e publicidade. Investimento en medios de comunicación, cartelaría, páxina web específica do proxecto, folletos, vídeos e aquelas accións promocionais que fagan máis visible a produción

– Entre o 10 % e o 15 % do orzamento do proxecto: 1 punto

– Máis do 15 % do orzamento do proxecto: 3 puntos

Ata 3 puntos

e) Premios ao texto

– Textos premiados pola Agadic non estreados con anterioridade: 9 puntos

– Outros premios: 2 puntos

Ata 9 puntos

Criterios artísticos

38 puntos

a) Interese cultural e artístico, relevancia e singularidade do proxecto presentado e dos obxectivos expostos

Ata 4 puntos

b) Estratexias de difusión e promoción do proxecto

Ata 2 puntos

c) Repercusión na creación e fomento de públicos para as artes escénicas

Ata 2 puntos

d) Viabilidade técnica e económica do proxecto proposto tendo en conta especialmente o orzamento, os recursos empresariais implicados e a adecuación do proxecto e do orzamento aos obxectivos que se perseguen

Ata 2 puntos

e) Memoria do proxecto que recolla todos os recursos relativos á posta en escena do espectáculo e inclúa o currículo de actores e actrices e traballo actoral e coreográfico, escenografía, vestiario ou outros aspectos plásticos, iluminación, música, así como calquera outro aspecto creativo que se considere

Ata 28 puntos

2. Para a modalidade 4 terase en conta o sumatorio global das producións presentadas no proxecto en cada epígrafe, dentro dos límites máximos establecidos.

3. Cando unha compañía estea formada pola fusión, escisión ou cambio de forma xurídica ou razón social dunha ou de varias compañías preexistentes, recoñeceráselle a traxectoria anterior destas para os efectos de avaliación. No suposto de escisión, o recoñecemento será pola parte proporcional que corresponda á parte escindida integrada na nova sociedade. No caso de que unha das partes escindidas non exerza actividade empresarial demostrada, a outra parte acumulará toda a traxectoria.

4. Os proxectos que se consideren subvencionables recibirán unha puntuación adicional por número de intérpretes (actores, manipuladores, bailaríns e músicos en escena) para os efectos da asignación das contías que se lles adxudiquen, tendo en conta os límites de cada modalidade. Esta puntuación será de catro puntos por cada intérprete ata un máximo de 25 puntos.

Artigo 15. Audiencia

1. Efectuada a valoración, a comisión realizará un informe no cal se concretará o seu resultado, á vista do cal o órgano instrutor elaborará unha proposta de resolución provisional debidamente motivada e que lles deberá ser notificada ás persoas interesadas para que, nun prazo de dez días, poidan formular alegacións de acordo co establecido no artigo 21.4 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

2. Non obstante, poderase prescindir do trámite a que se refire o parágrafo anterior cando non figure no procedemento ou non se vaian ter en conta na resolución outros feitos ou probas aducidas polas persoas interesadas. Neste caso, a proposta de resolución terá carácter definitivo.

Artigo 16. Resolución da convocatoria

1. Transcorrido o prazo das alegacións, se é o caso, o órgano instrutor ditará a proposta de resolución definitiva que elevará á Presidencia do Consello Reitor, indicando o número de solicitudes subvencionadas e o importe económico correspondente a cada unha delas.

O importe económico determinarase en función da dispoñibilidade orzamentaria, do orzamento do proxecto, do importe solicitado e da puntuación derivada da aplicación dos criterios de valoración. Esta proposta de resolución definitiva será elevada á presidencia do Consello Reitor da Agadic.

2. A presidencia do Consello Reitor da Agadic deberá ditar resolución expresa no prazo de 15 días desde a data de elevación da proposta de resolución.

A citada resolución deberase ditar e notificar no prazo máximo de cinco meses, contados desde o día seguinte ao da publicación desta convocatoria pública, será motivada e fará mención expresa das persoas beneficiarias, da contía da axuda e dunha desestimación xeneralizada do resto dos proxectos solicitantes.

3. O vencemento do prazo máximo indicado sen que se notifique a resolución posibilitará que as persoas interesadas poidan entender desestimada a súa solicitude por silencio administrativo.

Artigo 17. Notificacións de resolucións

1. As notificacións de resolucións e actos administrativos practicaranse só por medios electrónicos, nos termos previstos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

2. De conformidade co artigo 45.2 da Lei 4/2019, do 17 de xullo, de administración dixital de Galicia, as notificacións electrónicas practicaranse mediante a comparecencia na sede electrónica da Xunta de Galicia e a través do Sistema de notificación electrónica de Galicia-Notifica.gal. Este sistema remitirá ás persoas interesadas avisos da posta á disposición das notificacións á conta de correo e/ou teléfono móbil que consten na solicitude. Estes avisos non terán, en ningún caso, efectos de notificación practicada e a súa falta non impedirá que a notificación sexa considerada plenamente válida.

3. De conformidade co artigo 47 da Lei 4/2019, do 17 de xullo, de administración dixital de Galicia, as persoas interesadas deberán crear e manter o seu enderezo electrónico habilitado único a través do Sistema de notificación electrónica de Galicia-Notifica.gal, para todos os procedementos administrativos tramitados pola Administración xeral e as entidades instrumentais do sector público autonómico. En todo caso, a Administración xeral e as entidades do sector público autonómico de Galicia poderá de oficio crear o indicado enderezo, para os efectos de asegurar o cumprimento polas persoas interesadas da súa obriga de relacionarse por medios electrónicos.

4. As notificacións entenderanse practicadas no momento en que se produza o acceso ao seu contido, entendéndose rexeitada cando transcorresen dez días naturais desde a posta á disposición da notificación sen que se acceda ao seu contido.

5. Se o envío da notificación electrónica non é posible por problemas técnicos practicarase a notificación polos medios previstos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

Artigo 18. Aceptación da subvención

1. Unha vez notificada a resolución, as persoas beneficiarias comunicarán á Agadic a aceptación por escrito da subvención concedida no prazo máximo de 10 días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da notificación da resolución de concesión. Transcorrido este prazo sen comunicarse esta aceptación ou sen producirse manifestación expresa, entenderase como tacitamente aceptada.

2. As entidades beneficiarias deberanlle remitir á Agadic a plan económico-financeiro (anexo VII) adaptado á subvención concedida (só no suposto de que a subvención recibida sexa inferior á solicitada e, como máximo, pola diferenza entre ambas as cantidades). Esta documentación deberase remitir no prazo máximo de 10 días hábiles, contados desde a notificación da resolución de concesión.

Artigo 19. Xustificación da subvención

1. Os gastos xustificados deberán responder, de maneira indubidable, á natureza da actividade subvencionada e ter correspondencia clara coas partidas do orzamento aceptadas pola Axencia Galega das Industrias Culturais na resolución de concesión da subvención ou coas modificacións ou reasignacións, de ser o caso, autorizadas.

2. Solo se considerará gasto realizado o que foi efectivamente pagado con anterioridade á finalización do período de xustificación determinado na normativa reguladora da subvención.

Cando o beneficiario da subvención sexa unha empresa, os gastos subvencionables en que incorrese nas súas operacións comerciais deberán ser aboados nos prazos de pagamento previstos na normativa sectorial que lle sexa de aplicación ou, na súa falta, nos establecidos na Lei 3/2004, do 29 de decembro, pola que se establecen medidas de loita contra a morosidade nas operacións comerciais.

3. A falta de presentación da xustificación no prazo establecido ou a concorrencia dalgunha das causas de reintegro previstas no artigo 33 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, comportará a perda do dereito ao cobramento total ou parcial da subvención, a exixencia do reintegro e demais responsabilidades establecidas na Lei de subvencións de Galicia. Neste caso, ditarase a oportuna resolución nos termos do artigo 21.1 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

4. Para a xustificación da subvención, a entidade beneficiaria deberá entregar a documentación que se indica a seguir:

a)  Memoria da actividade subvencionada (anexo X).

b) Balance dos ingresos e gastos xerados na totalidade do proxecto (anexo XI).

c) Relación clasificada e ordenada de todos os gastos imputados á actividade obxecto da subvención, polo importe total do gasto. Os documentos que non estean identificados non serán tidos en conta. A relación de gastos deberá reflectir as contías con IVE e sen IVE (anexo XII).

d)  Facturas e outros documentos de valor probatorio equivalente no tráfico xurídico mercantil ou con eficacia administrativa, entendendo por tal calquera documento presentado para xustificar que a contabilidade reflicte a imaxe fiel da realidade.

e) Certificación bancaria acreditativa da realización dos pagamentos correspondentes a todos os gastos imputados á subvención concedida.

f) Relación de subvencións, achegas ou outros recursos concedidos para o mesmo obxecto por outras administracións públicas, así como declaración das axudas concedidas en réxime de minimis durante os tres últimos exercicios (anexo IX).

g) Xustificantes do ingreso na Facenda pública das cantidades retidas á conta do imposto sobre a renda das persoas físicas correspondentes aos contratos de alugamento de locais de ensaio, o correspondente aos contratos laborais formalizados, de acordo coas porcentaxes de retención legalmente establecidas, así como, se é o caso, os xustificantes de pagamento das cotas da Seguridade Social correspondentes aos ditos contratos.

h) Unha copia en calquera formato electrónico dos soportes visuais, gráficos ou sonoros (catálogos, programas, carteis, vídeos, etc.) empregados para a difusión e promoción da actividade subvencionada; esta documentación poderase achegar igualmente por vía electrónica ou telemática e para os únicos efectos da comprobación da realización da actividade.

i)  Cando se trate de creación teatral, copia do texto da obra que se pretende producir, polas mesmas vías e formatos anteriormente enumerados.

j) Gravación do espectáculo en calquera formato dixital.

Ademais, deberase presentar (en relación cos dous últimos puntos) unha autorización expresa e asinada polo adxudicatario da axuda en que se faga constar que a entrega tanto da gravación do espectáculo como da copia do texto se realiza para os simples efectos de arquivo e documentación da Agadic.

Na da modalidade 4, cando o proxecto estea integrado por máis dunha produción, poderán presentar os anexos X (memoria da actividade subvencionada), XI (balance de ingresos e gastos), XII (documentación xustificativa dos gastos), adaptados ao proxecto, respectando en todo caso as epígrafes de cada un deles.

k) Carta de pagamento de remanentes non aplicados, así como os xuros derivados destes, de acordo co artigo 48.2.g) do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro.

5. Os prazos para a xustificación da subvención son os seguintes:

a) Para as modalidades 1, 2, 3:

– Anualidade correspondente ao exercicio do 2023, o período de xustificación remata o 30 de outubro do 2023. O período subvencionable será o comprendido entre o 1 de xaneiro de 2023 e o 30 de outubro do 2023.

– Anualidade correspondente ao exercicio de 2024, o período de xustificación remata o 30 de maio de 2024. O período subvencionable será o comprendido a partir do 30 de outubro do 2023 ata o 30 de maio de 2024.

b) Para a modalidade 4:

– Anualidade correspondente ao exercicio de 2023, o período de xustificación remata o 30 de outubro de 2023. O período subvencionable será o comprendido entre o 1 de xaneiro de 2023 e o 30 de outubro de 2023.

– A anualidade correspondente ao exercicio de 2024, o período de xustificación remata o 30 de outubro de 2024. O período subvencionable será o comprendido a partir do 30 de outubro de 2023 ata o 30 de outubro de 2024.

– A anualidade correspondente ao exercicio de 2025, o período de xustificación remata o 30 outubro de 2025. O período subvencionable será o comprendido a partir do 30 de outubro de 2024 ata o 30 de outubro de 2025.

Para aquelas persoas beneficiarias dunha subvención ao abeiro da Resolución do 8 de marzo de 2022 pola que se aproban as bases reguladoras das subvencións, en réxime de concorrencia competitiva, á creación escénica de 2022, que non estrearon o proxecto subvencionado nese ano, o período subvencionable abrangue desde a estrea do devandito proxecto en 2023 ata a estrea do novo proxecto subvencionado ao abeiro desta convocatoria. Polo que o período subvencionable no ano 2023 será a partir da estrea no ano 2023 ata o 30 de outubro de 2023 e o resto das anualidades tal e como se establece na alínea b) deste artigo.

6. As persoas beneficiarias que non xustifiquen a anualidade correspondente nas datas sinaladas nin solicitasen a reasignación da subvención perderán o dereito ao cobramento do importe non xustificado en tempo e forma.

7. O órgano concedente da subvención terá a obriga de comprobar o cumprimento pola persoa beneficiaria dos requisitos establecidos na presente resolución para proceder ao pagamento das subvencións, incluíndo no expediente un certificado acreditativo da verificación realizada e o alcance das comprobacións practicadas de conformidade co artigo 58 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

Igualmente, será requisito necesario para o pagamento da subvención outorgada a xustificación e o debido cumprimento da totalidade das obrigas económicas e de actividades correspondentes ás subvencións que sexan concedidas pola Agadic durante o exercicio 2023.

8. No suposto de que o importe correctamente xustificado sexa inferior ao orzamento presentado coa solicitude, a contía da subvención reducirase proporcionalmente.

9. Do mesmo xeito, e segundo as previsións contidas no artigo 27 da Lei 9/2007, de subvencións de Galicia, e no artigo 43 do Decreto 11/2009, polo que se aproba o Regulamento da Lei de subvencións de Galicia, a persoa beneficiaria dunha subvención da Agadic unicamente poderá subcontratar total ou parcialmente a actividade subvencionada ata o 50 % do seu importe, e en ningún caso poderá subcontratar unha única persoa física ou xurídica por máis do 25 % do importe total da subvención outorgada, nin tampouco se poderán subcontratar as actividades que, aumentando o custo do proxecto subvencionado, non acheguen valor engadido ao seu contido.

10. Deberá entregarse a documentación acreditativa do número de funcións realizadas mediante certificados de actuación, certificación expedida pola entidade de xestión de dereitos que corresponda, contratos de actuacións ou por calquera outro medio ou documento que acredite, de forma fidedigna, a realización do número mínimo de funcións exixidas para cada unha das modalidades.

11. Consideraranse gastos realizados os que foron efectivamente pagados con anterioridade á finalización do período de xustificación determinado no artigo 8.1.

12. Cando o beneficiario da subvención sexa unha empresa, os gastos subvencionables en que incorrese nas súas operacións comerciais deberán ser aboados nos prazos de pagamento previstos na normativa sectorial, que lle sexa de aplicación ou, na súa falta, nos establecidos na Lei 3/2004, do 29 de decembro, pola que se establecen medidas de loita contra a morosidade nas operacións comerciais.

Artigo 20. Pagamento

1. O pagamento de cada anualidade realizarase unha vez recibida a documentación xustificativa da subvención e realizadas as actuacións de comprobación oportunas para verificar o cumprimento da actividade subvencionada polos órganos competentes da Axencia.

2. Procederá a minoración da subvención concedida cando o investimento realizado teña un custo inferior ao inicialmente previsto e sempre que esta minoración, debidamente xustificada pola entidade beneficiaria, non supoña unha realización deficiente da actuación subvencionada.

3. Previamente ao pagamento, as entidades beneficiarias acreditarán que están ao día das súas obrigas tributarias e coa Seguridade Social e que non teñen pendente de pagamento ningunha débeda por ningún concepto coa Administración pública da Comunidade Autónoma de Galicia e non son debedoras por resolución de procedencia de reintegro.

4. Para estes efectos, se a persoa beneficiaria se opón á consulta ou denega expresamente a autorización para que sexa o órgano xestor quen recade esta información, deberá achegar as ditas certificacións, de conformidade co disposto no artigo 9.2.

Conforme o artigo 20.3 da Lei 9/2007, de 13 de xuño, de subvencións de Galicia, se as actuacións de oficio realizadas polo órgano instrutor, desen como resultado que as persoas beneficiarias teñen débedas ou obrigas con algunha destas administracións, requiriráselles que regularicen a súa situación e presenten por si mesmas os correspondentes certificados.

Artigo 21. Pagamentos anticipados

1. As persoas beneficiarias, unha vez ditada a resolución de concesión da subvención, poderán solicitar un anticipo de ata o 80 % da subvención concedida, ao abeiro do disposto no artigo 63.3 do Regulamento da Lei de subvencións de Galicia, aprobado polo Decreto 11/2009, de 8 de xaneiro, que prevé a excepcionalidade de modificar as porcentaxes sinaladas no artigo 63.2, logo de autorización do Consello da Xunta de Galicia. A concesión do anticipo realizarase mediante resolución motivada que en ningún caso poderá superar a anualidade prevista en cada exercicio orzamentario.

Artigo 22. Pagamentos á conta

1. As persoas beneficiarias poderán solicitar pagamentos á conta ata un 80 % da subvención concedida sen que superen as cantidades previstas para cada anualidade, respondendo ao ritmo de execución do proxecto obxecto da subvención e logo da xustificación dos gastos conforme o establecido nestas bases para a xustificación.

2. O importe conxunto dos pagamentos á conta e dos pagamentos anticipados non poderá ser superior ao 80 % da porcentaxe subvencionada e estarán exentos da constitución de garantía, de conformidade co disposto nos artigos 62.2 e 67.4 do decreto.

Artigo 23. Obrigas das persoas beneficiarias

1. As persoas beneficiarias destas axudas adquiren os seguintes compromisos e obrigas, de conformidade co establecido no artigo 11 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, sen prexuízo das demais obrigas que resulten da presente convocatoria:

a) Cumprir o obxectivo e realizar a actuación subvencionada de conformidade co proxecto presentado ou, se é o caso, co modificado coa autorización da Agadic.

b) As persoas beneficiarias das modalidades 1, 2 e 3 estarán obrigadas a realizar, no prazo de seis meses desde a data da estrea do espectáculo, un mínimo de oito representacións do espectáculo subvencionado (3 representacións, se o espectáculo é de danza ou novo circo) co límite do 30 de setembro de 2024, e para a modalidade 4 a data límite para presentar a xustificación da xira das funcións subvencionadas será o 30 de outubro de 2025. Non se procederá ao pagamento de máis do 80 % da subvención concedida mentres non se xustifique o cumprimento da realización das funcións incluídas na subvención.

c) Cando o importe do gasto subvencionable supere as contías establecidas no texto refundido da Lei de contratos do sector público, para o contrato menor, a persoa beneficiaria deberá solicitar como mínimo tres ofertas de diferentes provedores, con carácter previo á contratación do compromiso para a obra, prestación do servizo ou entrega do ben, salvo que polas súas especiais características non exista no mercado suficiente número de entidades que as realicen, presten ou subministren, ou salvo que o gasto se realizase con anterioridade á solicitude da subvención.

d) Someterse ás actuacións de comprobación, control e inspección que efectúe o órgano concedente e ás de control financeiro que lle corresponden á Intervención Xeral da Comunidade Autónoma, ás previstas na lexislación do Tribunal de Contas e do Consello de Contas ou a outros órganos da Administración estatal ou da Unión Europea, aos cales se facilitará canta información lles sexa requirida para este efecto, todo isto de conformidade co disposto na Lei 9/2007, de subvencións de Galicia, e demais normativa regulamentaria de desenvolvemento, e conservar os documentos xustificativos de aplicación dos fondos recibidos, incluídos os documentos electrónicos, en canto poidan ser obxecto das actuacións de comprobación e control, e de conformidade co procedemento recollido nos artigos 23 e concordantes da Lei de réxime financeiro e orzamentario de Galicia.

e) Comunicarlle ao órgano concedente a obtención doutras subvencións, ingresos, axudas ou recursos para a mesma finalidade, procedentes de calquera das administracións públicas ou entes públicos autonómicos, nacionais ou internacionais, así como calquera outra modificación das circunstancias que no seu día foron tidas en conta para a súa concesión, e dos compromisos e obrigas asumidos polas persoas beneficiarias. Esta comunicación deberase efectuar no momento en que se coñeza e, en todo caso, con anterioridade á xustificación da aplicación dada aos fondos percibidos.

f) Dar a axeitada publicidade do carácter público do financiamento dos programas, actividades, investimentos ou actuacións de calquera tipo que sexan obxecto de subvención. Tanto nos actos públicos coma no material de difusión que se elabore debe facerse mención expresa da colaboración da Xunta de Galicia no desenvolvemento das actividades subvencionadas. A persoa beneficiaria comprométese a utilizar en todo o material de difusión que realice a imaxe corporativa da Xunta de Galicia, seguindo as normas respectivas en materia de identidade corporativa, dispoñibles na web da Xunta de Galicia.

2. O incumprimento das anteriores obrigas por parte dos adxudicatarios dará lugar á exixencia das responsabilidades ou sancións previstas no título IV da Lei 9/2007, sen prexuízo do disposto no artigo 25 destas bases.

Artigo 24. Modificación da resolución

1. A Axencia Galega das Industrias Culturais ten a facultade de revisar as axudas concedidas e modificar a resolución de concesión no caso de alteración das condicións tidas en conta para a concesión da subvención.

2. A persoa beneficiaria ten a obriga de solicitar á Agadic a aceptación de calquera modificación ou alteración relevante ou significativa sobre o proxecto subvencionado. Para que tales modificacións poidan ser tidas en conta na xustificación deberán ser previamente aceptadas pola Agadic. As alteracións non autorizadas, ou non solicitadas, poderán dar lugar á minoración da subvención concedida ou á súa revogación.

Permitiranse, sen necesidade de autorización previa polo órgano concedente, incrementos que non superen o 20 % nas partidas de gastos dos conceptos subvencionables de axuda que figuren na resolución de concesión, sempre que se compensen con diminucións doutros, que non afecte custos de persoal, que non se supere o límite do 7 % para os gastos xerais e que non se altere o importe total da anualidade e da axuda no seu conxunto. A persoa beneficiaria deberá acreditar, debidamente, o cambio na documentación de xustificación presentada.

3. Non se aceptarán modificacións que afecten os requisitos para poder optar ás subvencións exixidos no artigo 3.3 e 3.4 da presente resolución.

4. En canto ao resto das modificacións solicitadas, a Agadic poderá acordar, de xeito motivado, a modificación da resolución de concesión, coa minoración proporcional derivada das alteracións.

5. A distribución de anualidades adxudicadas poderá modificarse, logo de solicitude da persoa beneficiaria na cal motive suficientemente a alteración, atendendo ás dispoñibilidades orzamentarias, e mediante resolución motivada do director da Agadic. A modificación da repartición entre anualidades exixirá a tramitación da correspondente modificación do expediente de gasto, de acordo co establecido no artigo 35 do Regulamento da Lei de subvencións de Galicia.

6. A reasignación de anualidades debe solicitarse, como mínimo, cun mes de antelación á data de xustificación da anualidade en que se pretende facer efectiva á reasignación e terá en conta o seguinte:

a) Cando a reasignación implique diferir o importe da anualidade corrente para a anualidade seguinte, a cantidade que se vai reasignar non poderá supor máis do 80 % do importe da anualidade que se xustifique.

b) Cando a reasignación implique adiantar a xustificación de anualidades futuras á anualidade que se xustifique, o importe que se vaia reasignar poderá acadar o 80 % dos importes das anualidades futuras.

Artigo 25. Incumprimento, reintegro e sancións

1. O incumprimento das obrigas contidas nesta convocatoria ou na demais normativa aplicable, así como das condicións que, de ser o caso, se establezan na resolución de concesión, dará lugar á obriga de devolver total ou parcialmente as subvencións percibidas, así como os xuros de demora, desde o momento do pagamento da subvención ata a data en que se acorde a procedencia do reintegro, nos casos e termos establecidos no título II da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, así como no título V do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e en particular polo incumprimento de calquera dos requisitos e obrigas estipulados nesta convocatoria pública.

2. Para facer efectiva a devolución a que se refire o punto anterior, tramitarase o oportuno procedemento de reintegro, que se axustará ao previsto no título II da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

3. Cando o cumprimento pola persoa beneficiaria se aproxime de modo significativo ao cumprimento total e se acredite unha actuación inequivocamente tendente á satisfacción dos compromisos adquiridos, a cantidade que hai que reintegrar responderá ao principio de proporcionalidade e determinarase aplicando os mesmos criterios de avaliación que se empregaron para a concesión referidos á realidade finalmente comprobada.

4. Ás persoas beneficiarias das subvencións reguladas nestas bases seralles de aplicación o réxime de infraccións e sancións previsto no título IV da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

5. Sen prexuízo do establecido no punto anterior, procederá unha perda parcial do dereito ao total da subvención nos seguintes casos:

1º. Perda dun 2 % da subvención concedida por non dar publicidade á financiación do proxecto obxecto da subvención segundo o establecido nestas bases

2º. Perda dun 2 % da subvención concedida por non comunicar a obtención doutras subvencións, axudas, ingresos ou recursos que financien as actividades subvencionadas, así como a modificación das circunstancias que fundamentaron a concesión das subvencións, unha vez recalculada e descontado o exceso obtido sobre os topes máximos legalmente establecidos.

3º. Perda dun 2 % da subvención por non comunicar a data de estrea do espectáculo subvencionado segundo o establecido nestas bases.

Artigo 26. Réxime de recursos

A convocatoria destas axudas, as súas bases, as resolucións de concesión e todos cantos actos administrativos deriven dela poderán ser impugnados interpoñendo os seguintes recursos, sen prexuízo de que os interesados poidan exercer calquera outro que consideren procedente:

a) Recurso potestativo de reposición ante o presidente do Consello Reitor da Axencia Galega das Industrias Culturais, no prazo dun mes contado a partir do seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

b) Recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da publicación da resolución de conformidade co disposto no artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, ante os xulgados do contencioso-administrativo de Santiago de Compostela.

Disposición derradeira primeira. Habilitación para o desenvolvemento

Facúltase o director da Axencia Galega das Industrias Culturais para que leve a cabo as actuacións que sexan precisas para o desenvolvemento e aplicación desta resolución.

Disposición derradeira segunda. Entrada en vigor

Esta resolución entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file