Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 9 Venres, 13 de xaneiro de 2023 Páx. 4458

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Sanidade

ANUNCIO do 21 de decembro de 2022, da Xefatura Territorial de Pontevedra, polo que se notifican os requirimentos da documentación necesaria para resolver os expedientes de solicitude de asistencia sanitaria para persoas non aseguradas (expediente 66411 e tres máis).

Intentada a notificación do requirimento da documentación necesaria para resolver o expediente de solicitude de asistencia sanitaria para persoas non asegurada ás persoas interesadas que se especifican no anexo, e ao non ser posible a súa práctica, notifícanselle por medio deste anuncio co fin de que poidan coñecer o seu contido íntegro e para constancia de tal coñecemento, en cumprimento do disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Para tal efecto, os interesados poderán comparecer no prazo de 10 días hábiles contados desde o seguinte ao da publicación desde anuncio, nas dependencias da Xefatura Territorial (Tarxeta Sanitaria), sita na rúa García Barbón, núm. 51, 3º andar (Vigo), das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida.

Advírtese que, conforme o artigo 68.1 da dita Lei 39/2015, de non xuntaren os documentos que lles son requiridos no mencionado prazo, teranse por desistidos da súa petición.

Vigo, 21 de decembro de 2022

Natalia Botana Rey
Xefa territorial de Pontevedra

ANEXO

Nº de expediente

DNI/NIE/PAS

Data do requirimento

66411

A12426672

23.9.2022

68032

AX881696
(representante AY431157)

25.10.2022

68621

AX669958

27.10.2022

68910

AW196085

4.11.2022