Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 9 Venres, 13 de xaneiro de 2023 Páx. 4459

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Sanidade

ANUNCIO do 21 de decembro de 2022, da Xefatura Territorial de Ourense, polo que se notifica a resolución de arquivamento de varios procedementos sancionadores por infracción en materia sanitaria (expediente 20211035AE-OU e catro máis).

A xefa territorial de Ourense ditou a resolución de arquivamento do procedemento sancionador 20211035AE-OU e catro máis por vulneración da normativa sanitaria como consecuencia da resolución da Sentenza nº 183/2021, do Tribunal Constitucional, polo que se declaran inconstitucionais e nulos varios preceptos ou incisos de preceptos do Real decreto 926/2020, do 25 de outubro, en que se baseaban os acordos de inicio dos referidos expedientes sancionadores.

Logo de intentar a notificación destas resolucións segundo o artigo 40 e seguintes da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, no se puido efectuar, polo que mediante este anuncio notifícaselles aos interesados o contido das resolucións que figuran no anexo, segundo o disposto no artigo 44 da dita lei, para o coñecemento das persoas interesadas.

Contra estas resolucións, que non poñen fin á vía administrativa, poderán as persoas interesadas interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Sanidade, Edificio Administrativo San Lázaro, en Santiago de Compostela, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da notificación destas resolucións, de conformidade co establecido no artigo 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro.

Este anuncio expídese para que conste e lles sirva de notificación ás persoas interesadas, en cumprimiento do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro. Así mesmo, faise constar que a eficacia da notificación quedará supeditada á súa publicación no TEU do BOE.

Ourense, 21 de decembro de 2022

Laura López del Castillo
Xefa territorial de Ourense

ANEXO

Número de expediente

DNI/NIE/CNI da
persoa interesada

Último enderezo coñecido

20211035AE-OU

44662180K

Rúa Sobredo, núm. 18 32356 Petín (Ourense)

20211042AE-OU

55149427G

Rúa Riveira de Canedo, núm. 8 -1º A, 32001 Ourense

20211046AE-OU

44499623M

Rúa Praza 200, núm. 1-3º C, 32001 Ourense

20211119AE-OU

34911887A

Rúa Ervedelo, núm. 68-3º D, 32002 Ourense

20211120AE-OU

34576842E

Rúa Emilia Pardo Bazán, núm. 11-4º D, 32004 Ourense