Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 8 Xoves, 12 de xaneiro de 2023 Páx. 3892

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Instituto Galego da Vivenda e Solo

ANUNCIO do 19 de decembro de 2022, da Área Provincial de Pontevedra, polo que se empraza a persoa interesada para ser notificada por comparecencia no procedemento de selección de adquirentes de vivenda de promoción pública en segundas transmisións no concello de Mos.

De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ao non constar enderezo, emprázase a persoa interesada que se sinala no anexo para ser notificada por comparecencia da exclusión do sorteo de selección de adquirentes en segundas ou posteriores transmisións de vivenda de promoción pública para a vivenda situada na Urbanización San Eleuterio, núm. 62-bl. E-1-3º B, do concello de Mos (expediente PO95/501-13).

A comparecencia para coñecer o contido íntegro do dito acto deberá efectuarse no prazo de dez días, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, na Xefatura da Área Provincial do Instituto Galego da Vivenda e Solo, rúa Alcalde Hevia, 7, 4º andar, Pontevedra.

A eficacia desta notificación queda supeditada a súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado.

Pontevedra, 19 de decembro de 2022

María Martínez Allegue
Xefa da Área Provincial de Pontevedra

ANEXO

Expediente: 2ªs transmisións concello de Mos.

DNI: 15494083H.

DNI: 44816066Z.

DNI: 53183515V.

DNI: 53975570K.

DNI: 77547895Z.

DNI: 77004918K.

DNI: 01853331Z.

Acto obxecto de notificación: exclusión sorteo segundas transmisións PO95/501-conta 13.