Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 7 Mércores, 11 de xaneiro de 2023 Páx. 3506

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Lugo

ANUNCIO da aprobación definitiva do estudo de detalle para a ordenación de volumes da parcela T do parque empresarial das Gándaras, que modifica o anteriormente aprobado definitivamente polo Acordo plenario do 3 de decembro de 2012.

O Pleno da Corporación, en sesión que tivo lugar o día 26.5.2022, adoptou o seguinte acordo:

Primeiro. Aprobar definitivamente, de conformidade co informe favorable da Dirección Xeral do Patrimonio Cultural, do 25.3.2022, o estudo de detalle formulado para a ordenación de volumes da parcela T do parque empresarial das Gándaras, formulado pola entidade mercantil Norvento Enerxía, S.L., representada por Marta Fernández Castro e redactado polo arquitecto don Francisco Mangado Beloqui (artigo 80.2 da LSG).

Segundo. Proceder á publicación deste acordo de aprobación definitiva no DOG, no prazo dun mes desde a súa adopción. Xunto coa publicación deste acordo publicarase a referencia ao enderezo electrónico no cal figurará o contido íntegro deste estudo de detalle á disposición do público (artigo 82.2 da LSG).

Terceiro. Unha vez publicado o anuncio no DOG, a que fai referencia o anterior acordo, proceder á remisión dun exemplar deste estudo de detalle en soporte dixital, debidamente dilixenciado, á Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda (CMATV) para a súa inscrición no Rexistro de Planeamento Urbanístico de Galicia. Esta inscrición será requisito de eficacia do acordo de aprobación definitiva (artigo 88 da LSG). Posteriormente, procederase á publicación do anuncio no BOP, conforme o establecido nos artigos 82.3 e 88.4 da LSG.

Cuarto. Notificarlles este acordo aos interesados, indicándolles que contra el poderán interpoñer recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (artigo 10 da Lei 29/1998, do 13 de xullo) nun prazo de dous meses, contados a partir do día seguinte ao da notificación deste acto, o cal pon fin á vía administrativa (artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo), sen prexuízo de que poidan interpoñer calquera outro recurso ou reclamación que consideren conveniente ao seu dereito.

O contido íntegro do documento aprobado poderá consultarse na seguinte ligazón: https://concellodelugo.gal/gl/actuacions/normativa-urbanistica

Lugo, 15 de decembro de 2022

A alcaldesa
P.D. (Decreto 2973/2021)
Álvaro Santos Ramos
Tenente de alcalde delegado da Área de Sostibilidade Urbana