Pola Resolución da Alcaldía núm. 1351/2022, do 8 de novembro, aprobáronse as bases específicas reguladoras do proceso selectivo para a provisión en propiedade de dúas prazas de oficial/a de segunda de albanelaría e dúas prazas de operario/a de servizos múltiples, incluídas na oferta de emprego público extraordinaria do Concello de Vimianzo (Lei 20/2021), para a estabilización do emprego temporal (expediente TEDeC 2022/E001/000060).
Pola Resolución da Alcaldía núm. 1597/2022, do 19 de decembro, aprobáronse as bases específicas reguladoras do proceso selectivo para a provisión en propiedade de varias prazas incluídas na oferta de emprego público extraordinaria do Concello de Vimianzo (Lei 20/2021), para a estabilización do emprego temporal (expediente TEDeC 2022/E001/000060).
As bases están publicadas no taboleiro de anuncios da sede electrónica do Concello de Vimianzo: https://sede.vimianzo.gal
O prazo de presentación de solicitudes é de vinte (20) días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da data de publicación desta convocatoria no Boletín Oficial del Estado.
Vimianzo, 19 de decembro de 2022
Mónica Rodríguez Ordóñez
Alcaldesa