Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 7 Mércores, 11 de xaneiro de 2023 Páx. 3536

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Valdoviño

ANUNCIO da convocatoria para a adxudicación de 4 permisos para o exercicio de actividades de escolas de surf e similares nas praias (agás Pantín e Campelo) durante as tempadas 2023 a 2025 por quedaren vacantes na convocatoria de 2022.

A Xunta de Goberno Local do Concello de Valdoviño, en sesión que tivo lugar o 15 de decembro, acordou a apertura da convocatoria para a concorrencia no procedemento de concesión de 4 permisos vacantes na convocatoria de 2022 para o exercicio de actividades de escolas de surf e similares nos areais do concello de Valdoviño (agás Pantín e Campelo).

As bases íntegras que rexen a convocatoria están publicadas na páxina web municipal no punto: convocatorias.

O prazo para presentar solicitudes será de 10 días naturais desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio.

Valdoviño, 21 de decembro de 2022

Alberto González Fernández
Alcalde