Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 7 Mércores, 11 de xaneiro de 2023 Páx. 3477

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Sanidade

ANUNCIO do 15 de decembro do 2022, da Xefatura Territorial de Ourense, polo que se notifica a resolución de arquivamento de varios procedementos sancionadores por infracción en materia sanitaria (expediente 2021946AE-OU e catro máis).

A xefa territorial de Ourense ditou a resolución de arquivamento do procedemento sancionador 2021946AE-OU e catro máis por vulneración da normativa sanitaria como consecuencia da resolución da Sentenza número 183/2021, do Tribunal Constitucional, polo que se declaran inconstitucionais e nulos varios preceptos ou incisos de preceptos do Real decreto 926/2020, do 25 de outubro, nos que se baseaban os acordos de inicio dos referidos expedientes sancionadores.

Logo de intentar a notificación destas resolucións segundo o artigo 40 e seguintes da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, non se puideron efectuar, polo que mediante este anuncio se lles notifica aos interesados o contido das resolucións que figuran no anexo, segundo o disposto no artigo 44 da dita lei, para o coñecemento das persoas interesadas.

Contra estas resolucións, que non poñen fin á vía administrativa, poderán as persoas interesadas interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Sanidade, no edificio administrativo de San Lázaro, en Santiago de Compostela, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da notificación destas resolucións, de conformidade co establecido no artigo 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro.

Este anuncio expídese para que conste e lles sirva de notificación ás persoas interesadas, en cumprimento do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro. Así mesmo, faise constar que a eficacia da notificación quedará supeditada á súa publicación no TEU do BOE.

Ourense, 15 de decembro do 2022

Laura López del Castillo
Xefa territorial de Ourense

ANEXO

Número de expediente

DNI/NIE/CNI

da persoa interesada

Último enderezo coñecido

2021946AE-OU

76724468X

Rúa Galicia, 16, 2º B, 32600 Verín (Ourense)

2021958AE-OU

47229992K

Praza de José Otero, 5, 5º B, 32300 O Barco de Valdeorras (Ourense)

2021968AE-OU

44464712P

Avenida de Zamora, 3, 3º A, 32005 Ourense

2021978AE-OU

44491789Z

Rúa Valboa, 2, Valboa, 32522 Boborás (Ourense)

2021996AE-OU

76717731N

Rúa de Vigo, 1, 32300 O Barco de Valdeorras (Ourense)