Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 7 Mércores, 11 de xaneiro de 2023 Páx. 3479

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Sanidade

ANUNCIO do 15 de decembro do 2022, da Xefatura Territorial de Ourense, polo que se notifica a resolución de arquivamento de varios procedementos sancionadores por infracción en materia sanitaria (expediente 2021912AE-OU e catro máis).

A xefa territorial de Ourense ditou a resolución de arquivamento do procedemento sancionador 2021912AE-OU e catro máis por vulneración da normativa sanitaria como consecuencia da resolución da Sentenza número 183/2021, do Tribunal Constitucional, polo que se declaran inconstitucionais e nulos varios preceptos ou incisos de preceptos do Real decreto 926/2020, do 25 de outubro, nos que se baseaban os acordos de inicio dos referidos expedientes sancionadores.

Logo de intentar a notificación destas resolucións segundo o artigo 40 e seguintes da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, non se puideron efectuar, polo que mediante este anuncio se lles notifica aos interesados o contido das resolucións que figuran no anexo, segundo o disposto no artigo 44 da dita lei, para o coñecemento das persoas interesadas.

Contra estas resolucións, que non poñen fin á vía administrativa, poderán as persoas interesadas interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Sanidade, no Edificio Administrativo San Lázaro, en Santiago de Compostela, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da notificación destas resolucións, de conformidade co establecido no artigo 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro.

Este anuncio expídese para que conste e lles sirva de notificación ás persoas interesadas, en cumprimento do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro. Así mesmo, faise constar que a eficacia da notificación quedará supeditada á súa publicación no TEU do BOE.

Ourense, 15 de decembro do 2022

Laura López del Castillo
Xefa territorial de Ourense

ANEXO

Número de expediente

DNI/NIE/CNI

da persoa interesada

Última enderezo coñecido

2021912AE-OU

34955287W

Rúa da Igrexa, 23, Arnuíde, 32705 Vilar de Barrio (Ourense)

2021930AE-OU

76724732K

Lugar da Proba, 19, 32317 O Barco de Valdeorras (Ourense)

2021932AE-OU

76724468X

Rúa Galicia, 16, 2º B, 32600 Verín (Ourense)

2021935AE-OU

34948564H

Pasaxe Valle Inclán, 2, baixo, porta 22, esc. 3, 32004 Ourense

2021939AE-OU

76732393T

Rúa Canella da Fonte, 23, 1º C, 32695 Trasmiras (Ourense)