Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 6 Martes, 10 de xaneiro de 2023 Páx. 2676

III. Outras disposicións

Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación

RESOLUCIÓN do 29 de decembro de 2022, conxunta da Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación e da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades, pola que se adxudican as axudas da Orde do 12 de setembro de 2022 pola que se establecen as bases para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das axudas para a formación de doutores e doutoras das universidades do Sistema universitario de Galicia (SUG) en empresas e centros de innovación e tecnoloxía, programa Doutoramentos industriais, e se procede á súa convocatoria para o exercicio 2022 (código de procedemento IN606D).

A Orde do 12 de setembro de 2022 (DOG núm. 189 do 4 de outubro), conxunta da Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación e da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades, establece as bases reguladoras e a convocatoria de axudas para a formación de doutores e doutoras das universidades do Sistema universitario de Galicia (SUG) en empresas e centros de innovación e tecnoloxía, programa Doutoramentos industriais.

O obxecto desta convocatoria busca promover a execución de proxectos de investigación industriais definidos entre universidades, empresas e centros de innovación e tecnoloxía como base para a realización dunha tese doutoral, asumindo, polo tanto, a contratación de estudantes de doutoramento que realizarán neste marco a súa correspondente formación como investigadores.

Nos artigos 3 e 5.4 da orde da convocatoria determínase quen pode ser beneficiario e os requisitos que deben cumprir as persoas candidatas ás axudas.

O 9 de decembro de 2022 publicouse a listaxe definitiva de solicitudes admitidas e excluídas. Unha vez avaliadas as solicitudes, a Comisión de Selección definida no artigo 14 da orde de convocatoria, reunida o 16 de decembro, elaborou un informe para o órgano instrutor no que figuran as entidades beneficiarias, xunto coa prelación das persoas candidatas a seren destinatarias das axudas e as listas de agarda para posibles substitucións.

A competencia para resolver estas axudas correspóndelles conxuntamente á persoa titular da Presidencia da Axencia Galega de Innovación e á persoa titular da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades, de acordo co artigo 15 da convocatoria.

Con base no anterior, de acordo co establecido no artigo 15 das bases da convocatoria e atendendo á proposta de concesión elevada polo órgano instrutor,

RESOLVEMOS:

Primeiro. Conceder as axudas que se relacionan na correspondente proposta de gasto, na contía sinalada para as anualidades 2022, 2023, 2024, 2025 e 2026, para a formación de doutores e doutoras das universidades do SUG en empresas e centros de innovación e tecnoloxía, programa Doutoramentos industriais, convocadas pola Orde do 12 de setembro de 2022, ás entidades que contraten as persoas seleccionadas que se relacionan no anexo I desta resolución na que se reflicte tamén a zona da estancia concedida.

De acordo co indicado no artigo 14 da convocatoria, concédense un total de 15 axudas, 12 no ámbito das empresas e 3 no ámbito de centros de innovación e tecnoloxía.

Segundo. Establecer unha lista de agarda, que se inclúe como anexo II, para determinar posibles substitucións, segundo os criterios establecidos no artigo 14. Nesta lista figuran por orde decrecente de puntuación as solicitudes que non acadaron a puntuación suficiente para seren adxudicatarias da axuda pero que teñen unha puntuación igual ou superior á mínima establecida pola Comisión de Selección.

Terceiro. Todas as solicitudes que figuran nos anexos I e II desta resolución cumpren os requisitos establecidos nas bases da convocatoria. Así mesmo, as solicitudes que non figuran relacionadas nos citados anexos entenderanse denegadas ou desestimadas.

Cuarto. A data límite para a sinatura dos contratos, que se establecerá na resolución de adxudicación das axudas, será o 30 de decembro.

Quinto. A disposición do gasto para as axudas concedidas con cargo aos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2022 e os anos sucesivos, de acordo coa seguinte distribución:

Entidade beneficiaria

Núm. de axudas

Aplicación orzamentaria e código de proxecto

Crédito (en euros)

2022

2023

2024

2025

2026

Total

Empresas

11

06.A2.561A.470.0

(2016 00004)

11.000 €

231.000 €

319.000 €

264.000 €

44.000 €

869.000 €

11

06.A2.561A.770.0

(2016 00004)

0 €

55.000 €

55.000 €

55.000 €

0 €

165.000 €

1

06.A2.561A.441.15

(2016 00004)

1.000 €

26.000 €

36.000 €

29.000 €

4.000 €

96.000 €

Centros de innovación e tecnoloxía

3

06.A2.561A.480.0

(2016 00004)

3.000 €

63.000 €

89.000 €

72.000 €

12.000 €

239.000 €

06.A2.561A.781.0

(2016 00004)

0 €

15.000 €

15.000 €

15.000 €

0 €

45.000 €

Universidades do SUG

15

10.20.561B.744.0

(2016 .00129)

0 €

150.000 €

150.000 €

150.000 €

0 €

450.000 €

Total convocatoria

15.000 €

540.000 €

664.000 €

585.000 €

60.000 €

1.864.000 €

De acordo co establecido no artigo 25 das bases da convocatoria e a vinculación de créditos que rexe para as axencias conforme a Lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia, os créditos adecuáronse á natureza xurídica das entidades beneficiarias.

A Axencia Galega de Innovación financiará as axudas que correspondan ás empresas e aos centros de innovación e tecnolóxico e a Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades só financiará as axudas que correspondan ás universidades do SUG por importe de 450.000 €, con cargo á aplicación orzamentaria 10.20.561B.744.0 (código de proxecto 2016 00129) no marco do Plan de financiamento do Sistema universitario de Galicia 2022-2026 (aprobado polo Acordo do Consello da Xunta de Galicia de 16 do decembro de 2021, DOG número 248, do 28 de decembro).

Sexto. As entidades beneficiarias deberán enviar un escrito de aceptación da axuda segundo o establecido no artigo 17 da convocatoria.

Sétimo. O artigo 18 da orde de convocatoria establece que as entidades beneficiarias e contratantes das persoas seleccionadas serán as encargadas de presentar as xustificacións correspondentes adecuadas á normativa comunitaria e nacional de aplicación e serán as perceptoras dos fondos para o pagamento dos contratos.

Segundo o establecido no artigo 45.2 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, transcorrido o prazo establecido de xustificación sen que se presentase esta ante o órgano administrativo competente, este requirirá o beneficiario para que, no prazo improrrogable de dez días, a presente. A falta de presentación da xustificación comportará a perda do dereito ao cobramento parcial ou total da subvención, a exixencia do reintegro e as demais responsabilidades establecidas na Lei de subvencións de Galicia.

Oitavo. Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, as persoas interesadas poderán interpoñer recurso potestativo de reposición ante a persoa titular da presidencia da Axencia Galega de Innovación ou ante a persoa titular da Consellería de Cultura, Educación e Universidade, no prazo dun mes a partir do día seguinte ao da publicación no Diario Oficial de Galicia, segundo o disposto nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ou directamente recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses, ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, de conformidade cos artigos 19 e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 29 de decembro de 2022

Francisco Conde López
Vicepresidente primeiro e conselleiro de Economía,
Industria e Innovación e presidente da Axencia
Galega de Innovación

O conselleiro de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades
P.D. (Orde do 9.2.2021)
Manuel Vila López
Secretario xeral técnico da Consellería de Cultura,
Educación, Formación Profesional e Universidades

ANEXO I

Axudas concedidas

Empresas

Núm. de expediente

NIF da entidade

Entidade

NIF da persoa investigadora doutoranda

Persoa investigadora doutoranda

Código de proxecto

Aplicación orzamentaria

Importe (en euros)

Réxime de minimis (Regulamento (UE) 1407/2013)

2022

2023

2024

2025

2026

TOTAL

15_IN606D_2022_2703204

B70437959

Qubiotech Health Intelligence, S.L.

***9597**

Jeremiah Poveda Martínez

2016 .4

06.A2.561A.470.0

1.000

21.000

29.000

24.000

4.000

79.000

Si

06.A2.561A.770.0

0

5.000

5.000

5.000

0

15.000

Total

1.000

26.000

34.000

29.000

4.000

94.000

23_IN606D_2022_2707220

B70326459

Biostatech, Advice, Training & Innovation In Biostatistics, S.L.

***8408**

Julia García Currás

2016 .4

06.A2.561A.470.0

1.000

21.000

29.000

24.000

4.000

79.000

Si

06.A2.561A.770.0

0

5.000

5.000

5.000

0

15.000

Total

1.000

26.000

34.000

29.000

4.000

94.000

17_IN606D_2022_2704117

A70049408

Nanogap Sub-Nm-Powder, S.A.

***4258**

María Moreno Pérez

2016 .4

06.A2.561A.470.0

1.000

21.000

29.000

24.000

4.000

79.000

Si

06.A2.561A.770.0

0

5.000

5.000

5.000

0

15.000

Total

1.000

26.000

34.000

29.000

4.000

94.000

01_IN606D_2022_2665353

B70421797

I-Grape Laboratory, S.L.

***2773**

Diego González Iglesias

2016 .4

06.A2.561A.470.0

1.000

21.000

31.000

24.000

4.000

81.000

Si

06.A2.561A.770.0

0

5.000

5.000

5.000

0

15.000

Total

1.000

26.000

36.000

29.000

4.000

96.000

14_IN606D_2022_2702732

B36575777

ABCR Laboratorio, S.L.

***0292**

Antía Santiago Alonso

2016 .4

06.A2.561A.470.0

1.000

21.000

31.000

24.000

4.000

81.000

Si

06.A2.561A.770.0

0

5.000

5.000

5.000

0

15.000

Total

1.000

26.000

36.000

29.000

4.000

96.000

20_IN606D_2022_2705898

B27848506

Norlean, S.L.

***4538**

Alejandro González Casal

2016 .4

06.A2.561A.470.0

1.000

21.000

27.000

24.000

4.000

77.000

Si

06.A2.561A.770.0

0

5.000

5.000

5.000

0

15.000

Total

1.000

26.000

32.000

29.000

4.000

92.000

08_IN606D_2022_2696452

B70548706

Triple Alpha Innovation, S.L.

***8639**

Iris García Rivas

2016 .4

06.A2.561A.470.0

1.000,00

21.000

29.000

24.000

4.000

79.000

Si

06.A2.561A.770.0

0

5.000

5.000

5.000

0

15.000

Total

1.000

26.000

34.000

29.000

4.000

94.000

11_IN606D_2022_2701291

B36927515

Inovalabs Digital, S.L.

***9709**

Juán José Gil Fernández

2016 .4

06.A2.561A.470.0

1.000

21.000

29.000

24.000

4.000

79.000

Si

06.A2.561A.770.0

0

5.000

5.000

5.000

0

15.000

Total

1.000

26.000

34.000

29.000

4.000

94.000

02_IN606D_2022_2667887

B70455605

Md. Use Innovation, S.L.

***0578**

Fabián Suárez Lestón

2016 .4

06.A2.561A.470.0

1.000

21.000

29.000

24.000

4.000

79.000

Si

06.A2.561A.770.0

0

5.000

5.000

5.000

0

15.000

Total

1.000

26.000

34.000

29.000

4.000

94.000

07_IN606D_2022_2695330

B70466537

Nerxus Quality Solutions, S.L.

***2756**

Laura Sabela Vázquez Vázquez

2016 .4

06.A2.561A.470.0

1.000

21.000

29.000

24.000

4.000

79.000

Si

06.A2.561A.770.0

0

5.000

5.000

5.000

0

15.000

Total

1.000

26.000

34.000

29.000

4.000

94.000

16_IN606D_2022_2703786

B67628859

UAV Galicia Ingeniería Técnica, S.L.

***5989**

Sara Peraleda Vázquez

2016 .4

06.A2.561A.470.0

1.000

21.000

27.000

24.000

4.000

77.000

Si

06.A2.561A.770.0

0

5.000

5.000

5.000

0

15.000

Total

1.000

26.000

32.000

29.000

4.000

92.000

19_IN606D_2022_2704978

A15476740

Galaria Empresa Pública de Servizos Sanitarios

***9754**

Joel Verísimo García

2016 .4

06.A2.561A.441.15

1.000

26.000

36.000

29.000

4.000

96.000

Si

Total

1.000

26.000

36.000

29.000

4.000

96.000

Centros de innovación e tecnoloxía

Núm. de expediente

NIF da entidade

Entidade

NIF da persoa investigadora doutoranda

Persoa investigadora doutoranda

Código do proxecto

Aplicación orzamentaria

Importe (en euros)

Réxime de minimis (Regulamento (UE) 1407/2013)

2022

2023

2024

2025

2026

TOTAL

22_IN606D_2022_2706609

G70302427

Fundación Centro Tecnolóxico de

Investigación Multisectorial (Cetim)

***3051**

Bruno Bustabad García

2016 .4

06.A2.561A.480.0

1.000

21.000

29.000

24.000

4.000

79.000

Non

06.A2.561A.781.0

0

5.000

5.000

5.000

0

15.000

Total

1.000

26.000

34.000

29.000

4.000

94.000

13_IN606D_2022_2702175

G70312020

Fundación Centro Gallego de Investigaciones del Agua (Cetaqua)

***5290**

Iago Ferreiro Crespo

2016 .4

06.A2.561A.480.0

1.000

21.000

29.000

24.000

4.000

79.000

Non

06.A2.561A.781.0

0

5.000

5.000

5.000

0

15.000

Total

1.000

26.000

34.000

29.000

4.000

94.000

04_IN606D_2022_2692965

G15305923

Fundación Instituto Tecnolóxico de Galicia (ITG)

***8319**

Míriam Timiraos Díaz

2016 .4

06.A2.561A.480.0

1.000

21.000

31.000

24.000

4.000

81.000

Non

06.A2.561A.781.0

0

5.000

5.000

5.000

0

15.000

Total

1.000

26.000

36.000

29.000

4.000

96.000

Universidades do SUG

Universidades

Núm. de axudas

Aplicación orzamentaria

Crédito (en euros)

2023

2024

2025

Total

UDC

5

10.20.561B.744.0

50.000 €

50.000 €

50.000 €

150.000 €

USC

9

90.000 €

90.000 €

90.000 €

270.000 €

UVigo

1

10.000 €

10.000 €

10.000 €

30.000 €

Total

15

150.000 €

150.000 €

150.000 €

450.000 €

ANEXO II

Lista de agarda

Empresas

Núm. de expediente

NIF da entidade

Entidade

Universidade

NIF da persoa investigadora doutoranda

Persoa investigadora doutoranda

Comunitaria

Zona de estadía

Rama do coñecemento

Puntuacións desagregadas

Puntuación total

a)

b)

c)

d)

e)

f)

g)

06_IN606D_2022_2693134

B27429885

Geneaqua, S.L.

Universidade de Santiago de Compostela

***0275**

Dorinda Torres Sabino

SI

2

Ciencias da Saúde

20

0

12

18,50

14

5

0

69,50

09_IN606D_2022_2699727

B15159015

Bionova, S.L.

Universidade de Santiago de Compostela

***9547**

Lucía González Pinto

SI

2

Ciencias

20

10

0

18,50

11

5

5

69,50

10_IN606D_2022_2699781

B02906691

Flowreserve Labs, S.L.

Universidade de Santiago de Compostela

***8759**

Santiago Paramés Estévez

SI

3

Ciencias

20

15

6

20

3

0

5

69

21_IN606D_2022_2706169

B94187028

Neboda Farms, S.L.

Universidade de Vigo

***3064**

Samuel López Novoa

SI

2

Ciencias

20

0

10

12,60

12

5

5

64,60

03_IN606D_2022_2668388

B94026481

Ozoaqua, S.L.

Universidade de Santiago de Compostela

***4164**

María Carracedo Pérez

SI

2

Ciencias

20

15

0

15

11

2,50

0

63,50

12_IN606D_2022_2701798

B09678061

Ventilatio Lab, S.L.

Universidade de Santiago de Compostela

***0178**

Adrián Sanjurjo García

SI

Física

20

0

6

13,45

12

0

0

51,45

Centros de innovación e tecnoloxía

Núm. de expediente

NIF da entidade

Entidade

Universidade

NIF da persoa investigadora doutoranda candidata

Persoa investigadora doutoranda

Comunitaria

Zona de estadía

Rama do coñecemento

Puntuacións desagregadas

Puntuación total

a)

b)

c)

d)

e)

f)

g)

18_IN606D_2022_2704915

G36997229

Fundación Centro Tecnológico de Telecomunicaciones de Galicia (Gradiant)

Universidade de Vigo

***6128**

Álvaro Vázquez Rodríguez

SI

2

Telecomunicacións

20

0

12

15,60

11

2,50

5

66,10