Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 6 Martes, 10 de xaneiro de 2023 Páx. 2886

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación

ACORDO do 19 de decembro de 2022, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se somete a información pública a solicitude de autorización administrativa previa, de construción e declaración de utilidade pública, en concreto, dunha instalación de distribución eléctrica no concello de Lousame (expediente IN407A 2019/222-1).

Expediente: IN407A 2019/222-1.

Solicitante: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Denominación: modificado 1 da LMTS, CTC e RBT Carantoña e Abeixón.

Concello: Lousame.

1. Características técnicas:

– Centro de transformación prefabricado de formigón, tipo rural, de 160 kVA de potencia e relación de transformación 20/0,4 kV para instalar no lugar de Carantoña.

– Substitución do apoio núm. 135-21 (matrícula 9ODODRG5) da LMT BOI-806 procedente da subestación Boiro (expediente IN407A 2016/2090-1), de formigón tipo HV-800/14, polo novo apoio metálico tipo C-2000-14, no que se proxecta a instalación dun paso aéreo-soterrado (PA/S) e un interruptor telecontrolado (ITC).

– LMT soterrada, a 20 kV, de 586 metros de lonxitude, en condutor tipo RHZ1-2OL 12/20 KV 3 (1 x 150) mm² Al, con orixe no novo apoio núm. 135-21 proxectado e remate no CT proxectado.

– Retensado do condutor LA-28 (condutor existente), no treito aéreo da LMT BOI-806, a 20 kV, de 184 metros de lonxitude, comprendido entre o apoio núm. 135/20 (matrícula 9OENB9RE) existente e o apoio núm. 135-22 (matrícula 9OBUA23I) existente.

2. Lexislación de aplicación:

– Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro).

– Lei 40/2015, do 1 de outubro, de réxime xurídico do sector público (BOE núm. 236, do 2 de outubro).

– Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (BOE núm. 310, do 27 de decembro).

– Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica (BOE núm. 310, do 27 de decembro).

– Resolución do 19 de febreiro de 2014, da Consellería de Economía e Industria, pola que se aproba o procedemento de autorización administrativa de construción, de acordo co previsto na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (DOG núm. 54, do 19 de marzo).

– Lei do 16 de decembro de 1954, sobre expropiación forzosa (BOE núm. 351, do 17 de decembro).

– Decreto do 26 de abril de 1957 polo que se aproba o Regulamento da Lei de expropiación forzosa (BOE núm. 160, do 20 de xuño).

A relación concreta e individualizada dos bens e dereitos afectados que se considera de necesaria expropiación figura no anexo que se xunta con este acordo.

A declaración de utilidade pública, segundo o artigo 56 da Lei 24/2013, do sector eléctrico, levará implícita, en todo caso, a necesidade de ocupación dos bens ou de adquisición dos dereitos afectados e implicará a urxente ocupación, para os efectos do artigo 52 da Lei de expropiación forzosa.

A documentación estará á disposición das persoas interesadas nas dependencias da Sección de Enerxía da Xefatura Territorial da Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, industria e Innovación da Coruña, rúa Vicente Ferrer, 2, 2º andar, 15071 A Coruña, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, así como no Concello. Isto faise público para coñecemento xeral e particular das persoas propietarias dos predios que figuran na relación anexa a este acordo e das persoas titulares dos dereitos reais ou intereses económicos sobre os bens afectados que fosen omitidos. Poderán examinar a documentación técnica e, de ser o caso, achegar as alegacións ou observacións que consideren axeitadas no prazo de trinta (30) días, contados a partir do día seguinte ao da derradeira publicación deste acordo.

Ademais, poderase consultar no portal web da Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación:

https://edicionportais.xunta.es/web/portal-cei-2014/transparencia/informacion-publica/en-tramitacion/instalacions-electricas-distribucion-e-transporte.

A Coruña, 19 de decembro de 2022

Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña

ANEXO

Relación de propietarias/os, bens e dereitos afectados

Nº do predio: 1.

Referencia catastral: polígono 502, parcela 1051.

Lugar: Segade.

Cultivo: urbano.

Propietaria: Aurora Resúa Castro.

Afección do solo en pleno dominio:

– Centro de transformación : 2,00 m².

Afección do solo por servidume de paso:

– Metros lineais soterrados: 10 m.

– Superficie liña soterrada: 34,20 m2.