Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 6 Martes, 10 de xaneiro de 2023 Páx. 3149

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Friol

ANUNCIO de estabilización do emprego temporal.

No Boletín Oficial da provincia de Lugo número 299, do 31 de decembro, publicáronse integramente as bases que rexerán a convocatoria para prover dúas prazas de encargado/a do Punto de Atención á Infancia e persoal de apoio do Punto de Atención á Infancia, do cadro de persoal laboral fixo, para cubrir polo sistema de concurso dentro do procedemento extraordinario de estabilización do emprego temporal.

O prazo de presentación de solicitudes será de vinte (20) días hábiles, contados desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado.

Os sucesivos anuncios referidos a esta convocatoria, cando procedan de conformidade coas bases, faranse públicos no Boletín Oficial da provincia de Lugo, e/ou no taboleiro de anuncios e na sede electrónica deste concello.

Friol, 2 de xaneiro de 2023

José Angel Santos Sánchez
Alcalde