Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 6 Martes, 10 de xaneiro de 2023 Páx. 3150

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello da Lama

ANUNCIO de notificación da comunicación e requirimento para o cumprimento da obriga de xestión da biomasa vexetal e retirada de especies arbóreas (expediente 442/2022).

De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ante a imposibilidade de notificación, por causas non imputables a esta Administración, e de acordo co establecido no punto 8 da Instrución 1/2018, do 26 de abril, relativa ás actuacións administrativas en materia de cumprimento das obrigas de xestión da biomasa vexetal e retirada de especies arbóreas impostas pola Lei 3/2017, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais, faise pública a resolución de comunicación e requirimento para o cumprimento da obriga de xestionar a biomasa na parcela de referencia catastral 36025A009000880000GZ, que na súa parte dispositiva establece:

Primeiro. Efectuar comunicación para lle lembrar ao responsable o cumprimento das obrigas incumpridas en relación coa xestión da biomasa no inmoble/parcela correspondente ao transcurso dunha faixa de protección para a xestión da biomasa e retirada de especies arbóreas prohibidas do seguinte inmoble/parcela desta localidade:

Referencia catastral

36025A009000880000GZ

Localización

Lg. Liñares-Xesta

Superficie parcela

1.096,00 m2 = 0,1096 ha

Superficie afectada

1.096,00 m2 = 0,1096 ha

Rede de defensa contra incendios

Asimilable á rede secundaria de faixas de xestión da biomasa

Segundo. Identificar a Carlos Oubiña Cousiño como responsable da execución da xestión da biomasa e retirada de especies arbóreas prohibidas, por figurar como titular dos terreos na Dirección Xeral do Catastro.

Terceiro. De acordo co informe técnico municipal, emitido o 16.8.2022, apreciáronse as seguintes deficiencias:

Parámetros de xestión da biomasa

Área de actuación

Faixa 0-10 metros

Faixa 10-30 metros

Faixa 30-50 metros

Estrato arbóreo:

– Piñeiro galego

– Piñeiro do país

– Piñeiro silvestre

– Piñeiro de Monterrey

– Piñeiro de Oregón

– Mimosa

– Acacia negra

– Eucalipto

(disposición adicional 3ª)

Eliminación total de todo tipo de vexetación

 Cumpre

 Non cumpre

Eliminación total das especies citadas

 Cumpre

 Non cumpre

Eliminación total das especies citadas

 Cumpre

 Non cumpre

Estrato arbustivo:

– Queiruga

– Carqueixa

– Uz, carpaza

– Xesta

– Piorno

– Fento

– Silva

– Toxo

Eliminación total de todo tipo de vexetación

(ata 20 cm de altura)

 Cumpre

 Non cumpre

Eliminación total de todo tipo de vexetación

(ata 20 cm de altura)

 Cumpre

 Non cumpre

Eliminación total de todo tipo de vexetación

(ata 20 cm de altura)

 Cumpre

 Non cumpre

Estrato herbáceo:

– Todas as herbáceas

Eliminación total de todo tipo de vexetación

(ata 20 cm de altura)

 Cumpre

 Non cumpre

Eliminación total de todo tipo de vexetación

(ata 20 cm de altura)

 Cumpre

 Non cumpre

Eliminación total de todo tipo de vexetación

(ata 20 cm de altura)

 Cumpre

 Non cumpre

Estrato arbóreo:

Frondosas caducifolias:

– Ameneiro

– Pradairo

– Bidueiro

– Freixo/Freixa

– Castiñeiro

– Carballo

– Cerdeira

– Cerquiño

– Sobreira

– Aciñeira

– Abeleira

– Faia

– Umeiro

– Loureiro

– Sorbeira do monte

– Capudre

– Nogueira

– Érbedo

Eliminación total de todo tipo de vexetación

(ata 20 cm de altura)

 Cumpre

 Non cumpre

Permitido:

Clareo: formando masas mixtas e distanciadas 7 metros entre si

Poda:

– Árbores <11,4 m de altura: poda ata 1/3 altura.

– Árbores >11,4 m de altura: poda mínima 4 m.

 Cumpre

 Non cumpre

Permitido:

Clareo: formando masas mixtas e distanciadas 7 metros entre si

Poda:

– Árbores <11,4 m de altura: poda ata 1/3 altura.

– Árbores >11,4 m de altura: poda mínima 4 m.

 Cumpre

 Non cumpre

Vexetación seca:

Arbórea, arbustiva e herbácea

Eliminación total de todo tipo de vexetación

 Cumpre

 Non cumpre

Eliminación total de todo tipo de vexetación

 Cumpre

 Non cumpre

Eliminación total de todo tipo de vexetación

 Cumpre

 Non cumpre

A parcela denunciada conta con estrato arbóreo (incluído na disposición adicional terceira: piñeiro, mimosa, acacia e eucalipto), arbustivo e herbáceo, así como vexetación seca na maior parte da súa extensión, incumprindo deste xeito os criterios de xestión da biomasa, polo que se recomenda a eliminación total deste tipo de vexetación.

Cuarto. Fixar o prazo de quince días naturais (contados desde o día seguinte ao da recepción da notificación da comunicación definitiva tras o trámite de audiencia ou a publicación definitiva do correspondente anuncio no Boletín Oficial del Estado tras o trámite de audiencia), para que o responsable realice as actuacións arriba indicadas, en cumprimento do previsto no artigo 22.1 da Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia.

Quinto. Transcorrido o devandito prazo, que os servizos técnicos municipais realicen unha visita de comprobación e emitan informe respecto diso para verificar a execución das actuacións materiais descritas por parte do interesado.

Sexto. Apercibir o responsable da execución da xestión da biomasa e retirada de especies arbóreas prohibidas de que, se non realiza as actuacións indicadas voluntariamente no prazo conferido para o efecto, o Concello procederá, sen máis trámites, á súa execución subsidiaria.

Lembrar ao responsable a obriga que ten de facilitar o acceso ao suxeito que realice os traballos de execución subsidiaria, sen que sexa necesario contar co seu consentimento.

Sétimo. Determinar que, segundo valoración técnica, a liquidación provisional dos custos a que previsiblemente dará lugar a execución subsidiaria ascende a:

Ud.

Actuación

Prezo unitario

Cantidade

Importe

ha

Roza matogueira c/ motorrozadora, ø<3 cm, pte<30 %

1.512,84 €

0,1096

165,81 €

Roza manual empregando motorrozadora dunha matogueira de diámetro basal igual ou inferior a 3 cm, en terreos con pendentes inferiores ao 30 %, e cunha superficie cuberta do 100 %, respectando aqueles exemplares que, por calquera motivo, deban conservarse. No caso de que a superficie cuberta sexa inferior ao 100 %, a medición verase afectada por un coeficiente redutor equivalente á proporción de superficie cuberta expresada en tanto por un

Corta polo pé de árbores ø >30 cm

1,81 €

10

18,10 €

Corta manual de pés con diámetro normal superior a 30 cm, densidade menor ou igual a 750 pés/ha

m3

Tronza de fustes de ø >30 cm

3,09 €

8,478

26,20 €

Tronza de fustes con motoserra, de árbores de diámetro normal superior a 30 cm, en toros de 2,5 m

ha

Recollida e amoreamento de residuos, dens<10 t/ha, pte<30 %

274,01 €

0,1096

30,03 €

Recollida e amoreamento de residuos forestais procedentes conxuntamente de rozas, podas e/ou rareos ou clareos, con densidade inferior a 10 toneladas/hectárea, distancia máxima de recollida de 30 metros e pendente do terreo inferior ao 30 %

ha

Queima de residuos, densidade <10 t/ha (Seaga)

190,47 €

0,1096

20,88 €

Queima controlada de residuos forestais amoreados procedentes de tratamentos silvícolas, con distancias entre piras inferiores a 20 m, e cunha densidade de residuo inferior a 10 toneladas por hectárea

Total actuación

95,20 €

Coa advertencia de que, en caso de persistir no incumprimento, tras o transcurso do prazo de quince días concedido, procederase á exacción do importe a que ascende a liquidación provisional.

Todo iso sen prexuízo da liquidación definitiva que proceda unha vez finalizados, de ser o caso, os traballos de execución subsidiaria.

Oitavo. Advertir que, en caso de persistencia no incumprimento despois do transcurso do prazo de quince días outorgado, se iniciará tamén o correspondente procedemento sancionador.

Así mesmo, procederase ao comiso cautelar da madeira resultante da corta das especies arbóreas que deban ser retiradas.

Noveno. Notificar a presente resolución aos interesados para que, no prazo de dez días, poidan examinar o expediente, formular alegacións e presentar os documentos e xustificacións que consideren pertinentes. Recibidas as alegacións ou transcorrido o prazo de audiencia outorgado, a Alcaldía formulará comunicación definitiva ao responsable, co contido sinalado no punto sétimo da Instrución 1/2018, do 26 de abril, en que se lle lembrarán as mencionadas obrigas incumpridas e se lle concederá para cumprilas un prazo máximo de quince días naturais.

O que se comunica para o seu coñecemento e efectos, de conformidade co artigo 82 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas. Advírtese de que se trata dun acto de trámite e, como tal, non procede a interposición de recursos contra el.

No entanto, contra as resolucións e os actos de trámite que decidan, directa ou indirectamente, o fondo do asunto, determinen a imposibilidade de continuar o procedemento, produzan indefensión ou prexuízo irreparable a dereitos e intereses lexítimos, de conformidade co artigo 112.1 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, poderase interpor recurso potestativo de reposición, que caberá fundar en calquera dos motivos de nulidade e anulabilidade previstos nos artigos 47 e 48 da citada lei. O prazo para interpor recurso potestativo de reposición será dun mes contado desde o día seguinte ao da recepción da presente notificación. O prazo máximo para ditar e notificar a resolución do recurso de reposición será dun mes, desde a súa interposición (artigo 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro).

Así mesmo, e de conformidade co disposto nos artigos 64 e 82 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, por medio deste anuncio dáselle un prazo de dez días para que se presente nas dependencias deste concello e examine o expediente, para os efectos de que poida alegar e presentar os documentos e xustificacións que xulgue pertinentes.

A Lama, 13 de decembro de 2022

Jorge Canda Martínez
Alcalde presidente