Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 6 Martes, 10 de xaneiro de 2023 Páx. 2861

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda e Administración Pública

RESOLUCIÓN do 23 de decembro de 2022, do tribunal designado para xulgar o proceso selectivo para o ingreso no corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, escala superior de seguridade e saúde no traballo, especialidades de seguridade no traballo, de hixiene industrial e de ergonomía e psicosocioloxía aplicada, convocado pola Orde do 28 de febreiro de 2019, pola que se dá publicidade de diversos acordos.

En sesións que tiveron lugar o 22 e o 23 de decembro de 2022, o tribunal nomeado por Resolución do 11 de abril de 2022 (DOG núm. 73, do 18 de abril) modificada pola Resolución do 10 de maio de 2022 (DOG núm. 94, do 16 de maio) para cualificar o proceso selectivo para o ingreso no corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, escala superior de seguridade e saúde no traballo, especialidades de seguridade no traballo, de hixiene industrial e de ergonomía e psicosocioloxía aplicada, convocado por Orde do 28 de febreiro de 2019 (DOG núm. 44, do 4 de marzo)

ACORDOU:

Primeiro. Respecto ao exame do segundo exercicio da especialidade de seguridade no traballo que tivo lugar o dia 28.11.2022, en execución das medidas cautelares interesadas pola representación procesual de Carlos Alberto Sáez Taboada en virtude do auto do 18 de maio de 2022 do Tribunal superior de Xustiza de Galicia e ao abeiro do previsto na base II.1.2.7 da convocatoria este tribunal non ten recibido alegacións e non se realiza ningunha modificación do modelo de corrección de respostas.

Segundo. De conformidade co disposto na base II.1.1.2 da convocatoria, superarán o segundo exercicio do proceso selectivo as persoas aspirantes que obtiveran unha puntuación mínima de vinte puntos (20 puntos). Para estes efectos, de conformidade coas bases da convocatoria, por Resolución deste tribunal, do 12 de xullo de 2022, pola que se dá publicidade aos parámetros para a cualificación do segundo exercicio, estableceuse que superarán o segundo exercicio as persoas aspirantes presentadas que obtiveran un mínimo de 24 respostas correctas, unha vez feitos os descontos correspondentes, para o cal se terá en conta que cada resposta incorrecta descontará un cuarto de unha pregunta correcta. As preguntas non contestadas non penalizan ni reciben puntuación.

Asignarase a valoración de vinte (20) puntos no exercicio ás persoas aspirantes que obteñan unha nota equivalente á nota de corte fixada. O resto das persoas declaradas aptas terán unha cualificación distribuída entre os 20 e os 40 puntos proporcional ao número de respostas correctas. Do mesmo xeito asignarase a puntuación proporcional que corresponda as persoas aspirantes declaradas non aptas.

Feita a corrección en sesión do 21 de decembro de 2022, acadaron a puntuación mínima de 20 puntos un total de:

– Especialidade de seguridade no traballo:

Acceso libre: 1 aspirante.

Terceiro. Publicar as puntuacións obtidas polas persoas aspirantes que superaron este exame correspondente ao segundo exercicio da especialidade de seguridade no traballo, que tivo lugar o día 28.11.2022, do proceso selectivo para o ingreso no corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1 escala superior de seguridade e saúde no traballo, especialidade de seguridade no traballo, de hixiene industrial e de ergonomía e psicosocioloxía aplicada no portal web corporativo funcionpublica.xunta.gal, así como a relación das que non acadaron os mínimos establecidos na base II.1.1.2 da convocatoria.

Cuarto. De acordo co disposto na base II.1.2.8 da convocatoria, as persoas aspirantes poderán presentar as alegacións que consideren oportunas con relación ás puntuacións, no prazo de dez (10) días hábiles contados desde o seguinte ao de publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Quinto. Declarar exento de realizar o terceiro exercicio da fase de oposición do proceso selectivo a Carlos Alberto Sáez Taboada, por ter acreditado o nivel de coñecemento da lingua galega requirido neste proceso selectivo ante a Dirección Xeral da Función Pública, ao abeiro do previsto na base II.1.1.3 da convocatoria.

Sexto. De conformidade co disposto na base III.13 da orde de convocatoria, contra este acordo poderase interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Facenda e Administración Pública, nos termos previstos nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Santiago de Compostela, 23 de decembro de 2022

Ángel López Álvarez
Presidente do tribunal