Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 6 Martes, 10 de xaneiro de 2023 Páx. 2917

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Infraestruturas e Mobilidade

ANUNCIO do 23 de decembro de 2022, da Dirección Xeral de Mobilidade, polo que se somete ao trámite de información pública o proxecto de trazado de aparcadoiros disuasorios para o fomento do vehículo compartido asociados á implantación de zonas de baixas emisións nas cidades galegas, Comarca Ferrolterra, actuación financiada polo Plan de recuperación, transformación e resiliencia, financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU, de clave AC/22/151.06, así como a relación individual de bens, dereitos e propietarios afectados polo proxecto referido.

Antecedentes:

Pola Resolución da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Infraestruturas e Mobilidade do 7 de outubro de 2021, e a súa posterior modificación do 28 de outubro de 2022, encoméndase á Axencia Galega de Infraestruturas a xestión técnica dos proxectos referidos a actuacións de fomento da mobilidade sustentable en contornos urbanos e metropolitanos.

Pola Resolución do director da Axencia Galega de Infraestruturas, do 22 de decembro de 2022, realizouse a aprobación técnica previa do trazado do proxecto de mobilidade sustentable de aparcadoiros disuasorios para o fomento do vehículo compartido asociados á implantación de zonas de baixas emisións nas cidades galegas, Comarca Ferrolterra, de clave AC/22/151.06, nos municipios de Ferrol, Narón e San Sadurniño, que se tramitará segundo o disposto nos artigos 19 e seguintes da Lei 18/2021, do 27 de decembro, de medidas fiscais e administrativas.

Considerando o exposto e o establecido na normativa vixente,

ACORDO:

Primeiro. Someter ao trámite de información pública o proxecto de trazado referenciado, actuación financiada polo Plan de recuperación, transformación e resiliencia, financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU, de clave AC/22/151.06, para que as persoas que o consideren oportuno poidan formular, mediante escrito dirixido á Axencia Galega de Infraestruturas, as alegacións que crean convenientes relativas á concepción global da actuación e das distintas alternativas analizadas, de ser o caso, de acordo co disposto no artigo 21 da Lei 18/2021, do 27 de decembro, de medidas fiscais e administrativas.

Segundo. Someter ao trámite de información pública a relación individual de bens, dereitos e propietarios afectados polo proxecto, descritos na relación anexa, para que calquera persoa poida achegar por escrito os datos oportunos para rectificar posibles erros da relación publicada ou opoñerse, por razóns de fondo ou forma, á necesidade da ocupación. Neste caso, indicará os motivos polos que deba considerarse preferente a ocupación doutros bens ou a adquisición doutros dereitos distintos e non comprendidos na relación, como máis conveniente ao fin que se persegue, de acordo co disposto nos artigos 17, 18 e 19 da Lei do 16 de decembro de 1954, sobre expropiación forzosa.

Terceiro. O prazo para presentar alegacións será de trinta (30) días hábiles contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

A documentación que compón o proxecto estará á disposición da cidadanía na sede central da Axencia Galega de Infraestruturas (San Caetano, s/n, 15781 Santiago de Compostela), no Servizo de Infraestruturas da Coruña (rúa Vicente Ferrer, 2, 15071 A Coruña) e nas casas dos concellos de Ferrol, Narón e San Sadurniño.

Así mesmo, estará dispoñible na páxina web da Consellería de Infraestruturas e Mobilidade: https://infraestruturasemobilidade.xunta.gal/transparencia/procedementos-informacion-publica/outros-expedientes, a seguinte documentación:

• A documentación íntegra do proxecto.

• Un extracto do documento cos obxectivos, localización e descrición da actuación.

Santiago de Compostela, 23 de decembro de 2022

Ignacio Maestro Saavedra
Director xeral de Mobilidade

ANEXO

Relación de bens, dereitos e propietarios afectados

Aparcadoiros disuasorios para o fomento do vehículo compartido asociados á implantación
de zonas de baixas emisións nas cidades galegas. Comarca Ferrolterra

Clave: AC/22/151.06

Nº predio

Concello

Ref. catastral

Políg.

Parc.

Nome

NIF codificado

Clase
de solo

(catastro)

Clasificación urbanística

Sit. básica do solo

(RD 7/2015)

Superficie que se expropiará (m2)

Bens afectados

Cantidade

Unidades

Descrición

01

Ferrol

3762423NJ6136S0001TF 

37624

23

Divarian Propiedad, S.A.

A81036501

UR

Solo (Ordenanza 13c)

Urbanizado

144,00

1

8

Ud.

m

Portalón de 2 follas

Muro perimetral

02

Ferrol

3762401NJ6136S0001XF

37624

1

Inversiones Vistabonita, S.L.

B36937571

UR

Solo (Ordenanza 13c)

Solo urbanizado e rural

3.051,12

20,00

Ud.

Vida árbore madeireira grande

02-AR

Ferrol

Impacto Central de Medios Concertados, S.L.

B15485733

0,00

2,00

Ud.

Traslado módulo publicitario

03

Ferrol

3762410NJ6136S0001UF

27624

10

Francisco Javier González Solloso

***7825**

UR

Solo (Ordenanza 13c)

Urbanizado

66,00

5,00

m2

Muro de bloques

04

San Sadurniño

15077A052000370000UW

52

37

Herdeiros de María Prieto Díaz

***0510**

RU

Solo non urbanizable de masas forestais

Rural

1.091,07

122,00

Ud.

Vida árbore madeireira grande