Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 6 Martes, 10 de xaneiro de 2023 Páx. 2920

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Infraestruturas e Mobilidade

ANUNCIO do 23 de decembro de 2022, da Dirección Xeral de Mobilidade, polo que se somete ao trámite de información pública o proxecto de trazado de aparcadoiros disuasorios para o fomento do vehículo compartido asociados á implantación de zonas de baixas emisións nas cidades galegas, avenida de Breogán, actuación financiada polo Plan de recuperación, transformación e resiliencia, financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU, de clave LU/22/217.06, así como a relación individual de bens, dereitos e propietarios afectados polo proxecto referido.

Pola Resolución da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Infraestruturas e Mobilidade, do 7 de outubro de 2021, e a súa posterior modificación do 28 de outubro de 2022, encoméndase á Axencia Galega de Infraestruturas a xestión técnica dos proxectos referidos a actuacións de fomento da mobilidade sustentable en contornos urbanos e metropolitanos.

Pola Resolución do director da Axencia Galega de Infraestruturas, do 23 de decembro de 2022, realizouse a aprobación técnica previa do trazado do proxecto de mobilidade sustentable de aparcadoiros disuasorios para o fomento do vehículo compartido asociados á implantación de zonas de baixas emisións nas cidades galegas, avenida de Breogán, de clave LU/22/217.06, no municipio de Lugo, que se tramitará segundo o disposto nos artigos 19 e seguintes da Lei 18/2021, do 27 de decembro, de medidas fiscais e administrativas.

Considerando o exposto e o establecido na normativa vixente,

ACORDO:

Primeiro. Someter ao trámite de información pública o proxecto de trazado referenciado, actuación financiada polo Plan de recuperación, transformación e resiliencia, financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU, de clave LU/22/217.06, para que as persoas que o consideren oportuno poidan formular, mediante escrito dirixido á Axencia Galega de Infraestruturas, as alegacións que crean convenientes relativas á concepción global da actuación e das distintas alternativas analizadas, de ser o caso, de acordo co disposto no artigo 21 da Lei 18/2021, do 27 de decembro, de medidas fiscais e administrativas.

Segundo. Someter ao trámite de información pública a relación individual de bens, dereitos e propietarios afectados polo proxecto, descritos na relación anexa, para que calquera persoa poida achegar por escrito os datos oportunos para rectificar posibles erros da relación publicada ou opoñerse, por razóns de fondo ou forma, á necesidade da ocupación. Neste caso, indicará os motivos polos que deba considerarse preferente a ocupación doutros bens ou a adquisición doutros dereitos distintos e non comprendidos na relación, como máis conveniente ao fin que se persegue, de acordo co disposto nos artigos 17, 18 e 19 da Lei do 16 de decembro de 1954, sobre expropiación forzosa.

Terceiro. O prazo para presentar alegacións será de trinta (30) días hábiles contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

A documentación que compón o proxecto estará á disposición da cidadanía na sede central da Axencia Galega de Infraestruturas (San Caetano, s/n, 15781 Santiago de Compostela), no Servizo de Infraestruturas de Lugo (Ronda da Muralla, 70, 27071 Lugo) e na Casa do Concello de Lugo (Praza Maior, 1, 27001 Lugo).

Así mesmo, estará dispoñible na páxina web da Consellería de Infraestruturas e Mobilidade: https://infraestruturasemobilidade.xunta.gal/transparencia/procedementos-informacion-publica/outros-expedientes, a seguinte documentación:

• A documentación íntegra do proxecto.

• Un extracto do documento cos obxectivos, localización e descrición da actuación.

Santiago de Compostela, 23 de decembro de 2022

Ignacio Maestro Saavedra
Director xeral de Mobilidade

ANEXO

Relación de bens, dereitos e propietarios afectados
Aparcadoiros disuasorios para o fomento do vehículo compartido asociados á implantación
de zonas de baixas emisións nas cidades galegas. Avenida de Breogán
Clave: LU/22/217.06

Concello de Lugo

Ref. catastral

Políg.

Parc.

Propietario/s

DNI

Clase de

solo

(Catastro)

Clasificación

urbanística

Sit. básica

do solo

(RD 7/2015)

Exprop.
(m2)

Bens afectados

Cantidade

Unidades

Descrición

1

27900A02000005

20

5

María Ramona Núñez Barreiro

***7319**

RU

Solo urbanizable delimitado

Rural

2.397,7

3,00

147

ud

m

Árbore de xardín

Sebe viva

2

27900A02000068

20

68

Hrdos. de José Díaz Pardo

***9274**

RU

Solo urbanizable delimitado

Rural

34

3

27900A02000069

20

69

Hrdos. de Manuel Gorgoso Burgo

***9098**

RU

Solo urbanizable delimitado

Rural

99

4

ud

Árbore de xardín

4

27900A02000212

20

212

María Ramona Núñez Barreiro

***7319**

RU

Solo urbanizable delimitado

Rural

2.468

1

15,50

47

ud

m

m

Árbore de xardín

Arame con postes

Sebe viva

5

27900A02000004

20

4

Hrdos. de Antonia Rodríguez Prado

***8979**

RU

Solo urbanizable delimitado

Rural

1.000

1

8,80

30

ud

m3

m

Árbore de xardín

Muro de cachotaría

Sebe viva

5-AR

Espacio Publicidad Exterior, S.A.

A28457059

2

ud

Traslado de cartel publicitario

6

27900A02000003

20

3

Antonio Rodríguez Prado

***7968**

RU

Solo urbanizable delimitado

Rural

371,84

7

27900A02009004

20

9004

Concello de Lugo

P2702800J

RU

Solo urbanizable delimitado

Rural

255,9

8

27900A02000251

20

251

Concello de Lugo

P2702800J

RU

Solo urbanizable delimitado

Rural

501,7

9

27900A01909047

19

9047

Concello de Lugo

P2702800J

RU

Solo urbanizable delimitado

Rural

31,26

10

27900A02009005

20

9005

Concello de Lugo

P2702800J

RU

Solo urbanizable delimitado

Rural

256,54