Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 5 Luns, 9 de xaneiro de 2023 Páx. 2652

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Sanxenxo

ANUNCIO de aprobación inicial da modificación puntual do Plan parcial do SU-12 do Plan Xeral de Ordenación Municipal, tramitado por instancia da sociedade Acciona Inmobiliaria, S.L.U. (expediente 2021007127).

A Xunta de Goberno Local, en sesión do día 9 de decembro de 2022, acordou prestar aprobación inicial á modificación puntual do Plan parcial do SU 12 do PXOM de Sanxenxo, tramitada por instancia da sociedade Acciona Inmobiliaria, S.L.U.

De conformidade co establecido no artigo 75 da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia, exponse o expediente á información pública durante o prazo de dous meses, contado a partir do día seguinte ao da publicación do anuncio no Diario Oficial de Galicia e nun dos xornais de máis ampla difusión da provincia, co obxecto de que se poidan formular as alegacións que se consideren procedentes.

O documento inicialmente aprobado pode consultarse no taboleiro de anuncios da sede electrónica do Concello de Sanxenxo (https://concellodesanxenxo.sedelectronica.gal) e nas dependencias do Servizo de Urbanismo do Concello de Sanxenxo, con cita previa no teléfono 986 72 00 75.

Sanxenxo, 13 de decembro de 2022

Telmo Martín González
Alcalde presidente