Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 5 Luns, 9 de xaneiro de 2023 Páx. 2651

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Salvaterra de Miño

ANUNCIO de requirimento de xestión da biomasa.

Intentada a notificación do acordo do concelleiro delegado de Medio Ambiente e ao non resultar posible a súa práctica efectiva, ou logo de ignorarse o lugar da notificación do seguinte interesado, de acordo co previsto no artigo 44 da Lei 39/2015, notifícase mediante a publicación no BOE, DOG e no taboleiro de anuncios do Concello o seguinte:

Acto que se notifica

Propietario

Parcela catastral

– Acordo de resolución de expediente de eliminación de árbores e broza no terreo sito no Torrón-Cabreira (Resolución do 14.9.2022)

Manuel Aranda Pulido

Polígono 90, parcela 333

Requírese o propietario para que no prazo máximo de quince (15) días naturais, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no BOE, proceda á xestión da biomasa na parcela indicada, de conformidade cos artigos 21 e 22 da Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia, e artigos 135 e 136 da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia.

En caso de incumprimento, poderase proceder á execución subsidiaria con repercusión dos custos de xestión da biomasa, e de ser o caso, ao comiso das especies arbóreas prohibidas retiradas pola Administración, nas condicións establecidas no artigo 22 da Lei 3/2007, ou á execución forzosa mediante a imposición de multas coercitivas de 1.000 a 10.000 euros, reiterables ata acadar a execución do ordenado. Todo isto, sen prexuízo da instrución do procedemento sancionador que corresponda.

O texto íntegro do documento e do resto de trámites do expediente poderán consultarse por comparecencia da persoa interesada, no Departamento de Secretaría do Concello de Salvaterra de Miño para o seu coñecemento.

Salvaterra de Miño, 5 de decembro de 2022

Marta Valcárcel Gómez
Alcaldesa