Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 4 Xoves, 5 de xaneiro de 2023 Páx. 2370

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Sanidade

ANUNCIO do 13 de decembro de 2022, da Xefatura Territorial de Ourense, polo que se notifica a resolución de arquivamento de varios procedementos sancionadores por infracción en materia sanitaria (expediente 2021314AE-OU e catro máis).

A xefa territorial de Ourense ditou a resolución de arquivamento do procedemento sancionador 2021314AE-OU e cuatro máis por vulneración da normativa sanitaria como consecuencia da decisión da Sentenza 183/2021 do Tribunal Constitucional, pola que se declaran inconstitucionais e nulos varios preceptos ou incisos de preceptos do Real decreto 926/2020, do 25 de outubro, en que se baseaban os acordos de inicio dos referidos expedientes sancionadores.

Tras intentar a notificación destas resolucións segundo o artigo 40 e seguintes da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, non se puido efectuar, polo que, mediante este anuncio, se lles notifica ás persoas interesadas o contido das resolucións que figuran no anexo, segundo o disposto no artigo 44 da dita lei, para o seu coñecemento.

Contra as presentes resolucións, que non poñen fin á vía administrativa, poderán as persoas interesadas interpor recurso de alzada ante o conselleiro de Sanidade, Edificio Administrativo de San Lázaro, Santiago de Compostela, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da notificación destas resolucións, de conformidade co establecido no artigo 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro.

Este anuncio expídese para que conste e lles sirva de notificación ás persoas interesadas, en cumplimiento do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro. Así mesmo, faise constar que a eficacia da notificación quedará supeditada á súa publicación no TEU do BOE.

Ourense, 13 de decembro de 2022

Laura López del Castillo
Xefa territorial de Ourense

ANEXO

Número de expediente

DNI/NIE

da persoa interesada

Último enderezo coñecido

2021314AE-OU

51117692P

Calle Muller, núm. 39, 28039 Madrid

2021317AE-OU

34631061F

Rúa da Fonte, núm. 42, 32695 Trasmiras (Ourense)

2021318AE-OU

46096470P

Rúa da Fonte, núm. 42, 32695 Trasmiras (Ourense)

2021322AE-OU

X5695511K

Rúa Pascual Veiga-Paraíso, núm. 27 - 3º, Castro, 15689 Ordes (A Coruña)

2021342AE-OU

44484964C

Porqueiros, s/n, 32880 Muíños (Ourense)