Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 4 Xoves, 5 de xaneiro de 2023 Páx. 2372

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Sanidade

ANUNCIO do 13 de decembro de 2022, da Xefatura Territorial de Ourense, polo que se notifica a resolución de arquivamento de varios procedementos sancionadores por infracción en materia sanitaria (expediente 2021511AE-OU e catro máis).

A xefa territorial de Ourense ditou a resolución de arquivamento do procedemento sancionador 2021511AE-OU e catro máis por vulneración da normativa sanitaria como consecuencia do ditame da Sentenza número 183/2021, do Tribunal Constitucional, polo que se declaran inconstitucionais e nulos varios preceptos ou incisos de preceptos do Real decreto 926/2020, do 25 de outubro, en que se baseaban os acordos de inicio dos referidos expedientes sancionadores.

Tras intentar a notificación destas resolucións segundo o artigo 40 e seguintes da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, no puido efectuarse, polo que mediante este anuncio se notifica aos interesados o contido das resolucións que figuran no anexo, segundo o disposto no artigo 44 de dita lei, para o coñecemento das persoas interesadas.

Contra as presentes resolucións, que non poñen fin á vía administrativa, poderán as persoas interesadas interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Sanidade, Edificio Administrativo San Lázaro, en Santiago de Compostela, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da notificación destas resolucións, de conformidade co establecido no artigo 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro.

Este anuncio expídese para que conste e lles sirva de notificación ás persoas interesadas, en cumprimento do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro. Así mesmo, faise constar que a eficacia da notificación quedará supeditada á súa publicación no TEU do BOE.

Ourense, 13 de decembro de 2022

Laura López del Castillo
Xefa territorial de Ourense

ANEXO

Número de expediente

DNI/NIE

da persoa interesada

Último enderezo coñecido

2021511AE-OU

34963644X

Rúa Albarellos, núm. 29, 32514 Boborás (Ourense)

2021866AE-OU

45163000Q

Avda. de Zamora, núm. 77, 3º, 32005 Ourense

2021886AE-OU

45143729L

Rúa Salvador Dalí, núm. 5, 1º E, 32002 Ourense

2021889AE-OU

X7172309N

Rúa Vázquez Núñez, núm. 16, 3º D, 32003 Ourense

2021976AE-OU

45143028P

Extramuros, núm. 64, 32420 Ribadavia (Ourense)