BDNS (Identif.): 666090.
De conformidade co previsto nos artigos 17.3.b) e 20.8.a) da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, publícase o extracto da convocatoria cuxo texto completo se pode consultar na Base de datos nacional de subvencións (http://www.pap.minhap.gob.es/bdnstrans/index).
Primeiro. Beneficiarias
Poderán ser beneficiarias das subvencións, sen prexuízo de reunir os demais requisitos establecidos nestas bases, as persoas físicas, xurídicas ou pluralidade de persoas físicas que sexan pemes do sector de transformación dos produtos pesqueiros e da acuicultura.
Segundo. Finalidade
Esta orde ten por obxecto establecer as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das axudas para investimentos en pemes de transformación dos produtos procedentes da pesca e da acuicultura, que terán como finalidade realizar investimentos:
1. Que contribúan a aforrar enerxía ou reducir o impacto no ambiente, incluíndo o tratamento de residuos.
2. Que melloren a seguridade, hixiene, saúde e as condicións de traballo.
3. Que axuden á transformación de capturas de pescado comercial que non se poidan destinar ao consumo humano.
4. Que se refiran á transformación de subprodutos obtidos das actividades principais de transformación.
5. Que se refiran á transformación de produtos de acuicultura ecolóxica en virtude dos artigos 6 e 7 do Regulamento (CE) nº 834/2007.
6. Que dean lugar a novos e mellores produtos, novos ou mellores procesos, ou novos ou mellores sistemas de xestión e organización.
Terceiro. Bases reguladoras
Orde do 16 de decembro de 2022 pola que se establecen as bases e se regula o procedemento, tramitado como expediente anticipado de gasto, para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, de axudas para investimentos en pemes de transformación dos produtos pesqueiros e de acuicultura, cofinanciadas co Fondo Europeo Marítimo e de Pesca (FEMP), e se convocan para o ano 2023 (código de procedemento PE201B).
Cuarto. Importe
Para o ano 2023 as axudas concederanse con cargo á aplicación orzamentaria 15.02.723A.771.1, correspondente á Consellería do Mar para 2023. Os importes máximos das subvencións que se concedan no dito exercicio orzamentario será de 9.726.270 euros.
A concesión estará sometida á condición suspensiva de existencia de crédito adecuado e suficiente, no momento da resolución para o gasto que se efectuará, no orzamento de gastos para o ano 2023.
Quinto. Prazo de presentación de solicitudes
Un mes contado desde o día seguinte ao da publicación da orde.
Entenderase como último día do prazo para a presentación de solicitudes o correspondente ao mesmo ordinal do día da súa publicación. Se o último día do prazo for inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte, e se no mes de vencemento non hai día equivalente ao inicial do cómputo, entenderase que o prazo finaliza o último día do mes.
Santiago de Compostela, 16 de decembro de 2022
Silvia Cortiñas Fernández
Secretaria xeral técnica da Consellería do Mar