Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 1 Luns, 2 de xaneiro de 2023 Páx. 200

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación

ANUNCIO do 30 de novembro de 2022, da Xefatura Territorial de Pontevedra, polo que se notifica a afección de dúas parcelas pola instalación eléctrica reforma LMTA SJG803 na Devesa prevista no concello de Cerdedo-Cotobade (expediente IN407A 2022/463-4).

De conformidade co disposto nos artigos 40, 42, 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE do 2 de outubro), notifícaselles ás persoas interesadas a información pública da solicitude de declaración de utilidade pública da instalación eléctrica denominada reforma LMTA SJG803 na Devesa (expediente IN407A 2022/463-4) e as afeccións das parcelas indicadas no anexo.

Segundo se establece no artigo 46 da citada lei, as persoas interesadas dispoñen dun prazo de dez (10) días, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado (BOE), para compareceren, en persoa ou debidamente representadas, nas dependencias do Servizo de Enerxía e Minas da Xefatura Provincial da Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación en Pontevedra, con enderezo na avenida María Victoria Moreno, 43, 36003 Pontevedra, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Transcorrido o dito prazo sen se efectuar a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao do vencemento do prazo sinalado para comparecer.

Pontevedra, 30 de novembro de 2022

Tomás Nogueiras Nieto
Xefe territorial de Pontevedra

ANEXO

Nº de expediente: IN407A 2022/463-4.

Denominación: reforma LMTA SJG803 na Devesa.

Concello: Cerdedo-Cotobade.

Lugar

Cultivo

Referencia catastral

Titular

Apoio

m2

1

Carballeira

Rústico

36011A027008870000JJ

Serafina Quintillán Fondós

1

1,69

2

Traleira

Rústico

36011A027007120000JP

Descoñecido/a

1

1,69