Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 1 Luns, 2 de xaneiro de 2023 Páx. 198

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación

RESOLUCIÓN do 1 de decembro de 2022, da Xefatura Territorial de Pontevedra, pola que se somete a información pública a petición de autorización administrativa e de declaración de utilidade pública, en concreto, dunha instalación eléctrica no concello de Pontevedra (expediente IN407A 2022/450-4).

Para os efectos previstos na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización administrativa e de declaración de utilidade pública, en concreto, e a urxente ocupación que leva implícita da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Domicilio social: avenida de América, nº 38, 28028 Madrid.

Denominación: soterramento LAT 66 kV DC Mourente-Pontesampaio entre os apoios nº 4 e nº 21.

Situación: Pontevedra.

Características técnicas: soterramento da LAT 66 kV DC Mourente-Pontesampaio. Liña de alta tensión subterránea, a 66 kV, dobre circuíto, de 11.726 metros de condutor Al630+h165 Cu, con orixe no novo apoio nº 4 de transición aéreo subterráneo e final no novo apoio nº 21 de transición aéreo subterráneo. Desmantelamento do tramo aéreo, 3.087 metros en dobre circuíto, desde o apoio 4 ao apoio 21. A instalación está situada no concello de Pontevedra.

A relación concreta e individualizada dos bens ou dereitos que se van expropiar figura no anexo.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presentar as súas alegacións nesta xefatura territorial, avenida María Victoria Moreno, nº 43, 36003 Pontevedra, no prazo máximo de trinta días, a partir da última publicación ou notificación individual.

O proxecto encóntrase á disposición do público para a súa consulta no portal da Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación (http://ceei.xunta.gal/transparencia/documentos-sometidos-a-informacion-publica) durante o prazo de trinta días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Durante o dito período calquera persoa poderá achegar, por escrito, os datos oportunos para rectificar posibles erros na relación de persoas, bens e dereitos afectados, así como formular as posibles alegacións por razón do disposto no artigo 145 do Real decreto 1955/2000 anteriormente citado.

Pontevedra, 1 de decembro de 2022

Tomás Nogueiras Nieto
Xefe territorial de Pontevedra

ANEXO

Nº de expediente: IN407A 2022/450-4.

Denominación: soterramento LAT 66 kV DC Mourente-Pontesampaio entre os apoios nº 4 e nº 21.

Concello: Pontevedra.

Lugar

Cultivo

Referencia catastral

Titular

Apoio

Afeccións

m2

ml sub.

m2 sub.

1

Fonte Grande

Agrario

36900A11600110

Virginia María Sieiro Caramés

María Dolores Sieiro Caramés

1

29,00

2

Fonte Grande

Agrario

36900A11600073

Virginia María Sieiro Caramés

María Dolores Sieiro Caramés

1

6,00

15,00

43,00

3

Loxe

Agrario

36900A08200046

Antonio Filgueira Boullosa

1

34,00

36,00

107,00