Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 1 Luns, 2 de xaneiro de 2023 Páx. 192

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación

RESOLUCIÓN do 30 de novembro de 2022, da Xefatura Territorial de Pontevedra, pola que se somete a información pública a petición de autorización administrativa e de declaración de utilidade pública, en concreto, dunha instalación eléctrica no concello de Redondela (expediente IN407A 2022/404-4).

Para os efectos previstos na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización administrativa e de declaración de utilidade pública, en concreto, e a urxente ocupación que leva implícita da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Domicilio social: avenida de América, 38, 28028 Madrid.

Denominación: LMTS, CS Redondela.

Situación: Redondela.

Características técnicas: liña de media tensión subterránea (LMTS), a 15 kV, con condutor RHZ1, en catro actuacións. A primeira actuación é de 1.415 metros, con orixe no centro de seccionamento (CS) Galpel 36CZV3 e final no centro de seccionamento proxectado. A segunda é de 78 metros, con orixe no empalme na LMT TRO703 (CS 36CYX5) e final no centro de seccionamento proxectado. A terceira actuación ten 9 metros, con orixe no empalme na LMT TRO703 (CS 36P990) e final no centro de seccionamento proxectado. A cuarta ten 78 metros, con orixe no empalme na LMT TRO703 (CS 36P989) e final no centro de seccionamento proxectado. Centro de seccionamento, 4L, telecontrolado, con celas compactas e corte en SF6, situado na estrada Redondela-Peinador. A instalación está situada na estrada Porto Cabeiro e estrada Redondela Peinador, no concello de Redondela (Pontevedra).

A relación concreta e individualizada dos bens ou dereitos que se van expropiar figura no anexo.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presentar as súas alegacións nesta xefatura territorial, avenida María Victoria Moreno, 43, 36003 Pontevedra, no prazo máximo de trinta días, a partir da última publicación ou notificación individual.

O proxecto encóntrase á disposición do público para a súa consulta no portal da Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación (http://ceei.xunta.gal/transparencia/documentos-sometidos-a-informacion-publica) durante o prazo de trinta días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Durante o dito período calquera persoa poderá achegar, por escrito, os datos oportunos para rectificar posibles erros na relación de persoas, bens e dereitos afectados, así como formular as posibles alegacións por razón do disposto no artigo 145 do Real decreto 1955/2000 anteriormente citado.

Pontevedra, 30 de novembro de 2022

Tomás Nogueiras Nieto
Xefe territorial de Pontevedra

ANEXO

Nº de expediente: IN407A 2022/404-4.

Denominación: LMTS, CS Redondela.

Concello: Redondela.

Lugar

Uso

Referencia catastral

Titular

CS

1

Estrada
Redondela-Peinador

Aparcadoiro

0663810NG3706S0001BB

Hrdos. Constatino Barreiro Villar (representante: Clara Cuíñas)

1

15,00