Para os efectos previstos na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización administrativa e de declaración de utilidade pública, en concreto, e a urxente ocupación que leva implícita da instalación eléctrica que se describe:
Solicitante: UFD Distribución Electricidad, S.A.
Domicilio social: avenida de América, 38, 28028 Madrid.
Denominación: substitución de apoios na LMT MOS707 no tramo MOS7070361 e LMTA.
Situación: Mos.
Características técnicas: substitución dos apoios A3MDKHCX e A3N3IN17 da LMTA MOS707, no tramo M087070361, e tendido de 36 metros de liña de media tensión aérea (LMTA) con condutor LA-56, entre ambos apoios. Retensado dos vans contiguos aos apoios proxectados. A instalación está situada en Seixabre, Torroso, no concello de Mos (Pontevedra).
A relación concreta e individualizada dos bens ou dereitos que se van expropiar figura no anexo.
Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presentar as súas alegacións nesta xefatura territorial, avenida María Victoria Moreno, 43, 36003 Pontevedra, no prazo máximo de trinta días, a partir da última publicación ou notificación individual.
O proxecto encóntrase á disposición do público para a súa consulta no portal da Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación (http://ceei.xunta.gal/transparencia/documentos-sometidos-a-informacion-publica) durante o prazo de trinta días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.
Durante o dito período calquera persoa poderá achegar, por escrito, os datos oportunos para rectificar posibles erros na relación de persoas, bens e dereitos afectados, así como formular as posibles alegacións por razón do disposto no artigo 145 do Real decreto 1955/2000 anteriormente citado.
Pontevedra, 30 de novembro de 2022
Tomás Nogueiras Nieto
Xefe territorial de Pontevedra
ANEXO
Nº de expediente: IN407A 2022/383-4.
Denominación: substitución de apoios na LMT MOS707 no tramo MOS7070361 e LMTA.
Concello: Mos.
Nº |
Lugar |
Cultivo |
Referencia catastral |
Titular |
Apoio |
|
nº |
m² |
|||||
1 |
Torroso-Marfaña |
Viña |
36033A042000120001DE |
Representante/apoderado Martín Areal Villas |
A3N3IN17 |
2,00 |