No Boletín Oficial da provincia de Lugo número 294, do 26 de decembro de 2022, publícanse integramente as bases xerais, as bases específicas e as convocatorias dos procesos extraordinarios de estabilización do emprego temporal do Concello de Cervo incluídos na oferta pública de emprego de estabilización do emprego temporal.
De conformidade co disposto nas referidas bases, o prazo para a presentación as solicitudes será de vinte (20) días naturais, contados a partir do seguinte a aquel en que apareza publicado o extracto da convocatoria no Boletín Oficial del Estado.
Cervo, 27 de decembro de 2022
Alfonso Villares Bermúdez
Alcalde