No Boletín Oficial da provincia de Ourense número 293, sábado, 24 de decembro de 2022, publicáronse integramente as bases que rexerán a convocatoria para prover varias prazas mediante o proceso de estabilización de emprego temporal, por quenda libre:
– Unha praza de operario de servizos varios, oficial de 2ª, persoal laboral fixo, mediante o sistema de concurso, xornada completa.
– Unha praza de axente de emprego e desenvolvemento local, persoal laboral fixo, mediante o sistema de concurso, xornada completa.
– Unha praza de Auxiliar de augas e eficiencia enerxética, persoal laboral fixo, mediante o sistema de concurso, xornada completa.
– Unha praza de peón, persoal laboral fixo, mediante o sistema de concurso, xornada completa.
O prazo de presentación de solicitudes será de vinte (20) días hábiles, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado.
Os sucesivos anuncios referentes a esta convocatoria, cando procedan de conformidade coas bases, faranse públicos no Boletín Oficial da provincia de Ourense e na sede electrónica do Concello de Cenlle.
Cenlle, 24 de decembro de 2022
Rebeca Sotelo Fernández
Alcaldesa