Mediante este anuncio faise público que, pola Resolución da Xefatura Territorial de Vigo da Consellería do Mar do 27 de novembro de 2022, se autorizou a transmisión da titularidade do parque de cultivos mariños que se describe:
Identificación e localización: parcela número 237 dos planos anexos ao documento de revisión dos parques de moluscos do Carril, termo municipal de Vilagarcía de Arousa.
Superficie: 146,60 m2.
Data da resolución do outorgamento: 29.3.2019 (DOG núm. 76, do 22.4.2019).
Remate da vixencia: 23.4.2029.
Especies autorizadas: ameixa fina (Ruditapes decussatus), ameixa babosa (Venerupis corrugata), ameixa xaponesa (Ruditapes philippinarum), berberecho (Cerastoderma edule) e berberecho birollo (Cerastoderma glaucum).
Tipo de transmisión: mortis causa (mediante pacto sucesorio de mellora).
Actual titular: José Antonio Crespo Seoane (***2122**).
Novo titular: José Antonio Crespo Lorenzo (***6767**).
O novo titular subrógase no prazo, nos dereitos e nas obrigas do anterior.
Vigo, 28 de novembro de 2022
Sonia Lorenzo Santos
Xefa territorial de Vigo