No Boletín Oficial da provincia de Lugo núm. 286, do 16 de decembro de 2022, publicáronse integramente as bases xerais, as bases específicas e as convocatorias dos procesos selectivos incluídos na OPE de estabilización do emprego temporal do organismo autónomo Residencia de Maiores Nosa Señora do Carme.
De conformidade co previsto nas referidas bases, o prazo para a presentación de solicitudes será de 20 días naturais contados a partir do seguinte a aquel en que apareza publicado o extracto da convocatoria no Boletín Oficial del Estado.
Os sucesivos anuncios realizaranse na sede electrónica da web municipal:
https://sarria.sedelectronica.es
Sarria, 16 de decembro de 2022
Claudio Melquiades Garrido Martínez
Alcalde