Mediante Resolución da Alcaldía do 23 de decembro de 2022 aprobáronse as bases e a convocatoria para cubrir, mediante as modalidades de concurso-oposición e concurso, as seguintes prazas:
Concurso-oposición:
– 6 prazas de auxiliar de axuda no fogar.
– 1 praza de operario/a do Servizo de Obras, Ambiente e Maquinaria.
– 1 praza de mestre/a do Punto de Atención á Infancia.
– 1 praza de técnico/a sociocultural e administrativo/a.
– 3 prazas de operarios/as de limpeza de edificios municipais.
Concurso:
– 8 prazas de auxiliar de axuda no fogar.
– 1 praza de operario/a do Servizo de Obras e Servizo de Augas.
O prazo de presentación de solicitudes será de vinte (20) días hábiles contados desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado.
No taboleiro de anuncios e na sede electrónica deste concello:
concellosancristovodecea.sedelectronica.gal aparecen integramente publicadas as bases que deben rexer a convocatoria e o proceso de selección.
Os sucesivos anuncios desta convocatoria publicaranse na sede electrónica deste concello: concellosancristovodecea.sedelectronica.gal e no taboleiro de anuncios, para maior difusión.
San Cristovo de Cea, 23 de decembro de 2022
José Luis Valladares Fernández
Alcalde presidente