Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 246 Mércores, 28 de decembro de 2022 Páx. 66363

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación

RESOLUCIÓN do 5 de decembro de 2022, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se concede a autorización administrativa de peche dunha instalación de distribución de enerxía eléctrica no concello da Coruña (expediente IN407A 2022/237-1).

Expediente: IN407A 2022/237-1.

Solicitante: UFD Distribución Electricidad, SA.

Denominación: desmontaxe CT Escorial aéreo (15ABN4). Concello da Coruña.

Concello: A Coruña.

Feitos:

Primeiro. UFD Distribución Electricidad, S.A. (CIF: A63222533), empresa distribuidora de enerxía eléctrica inscrita no Rexistro de Distribuidores, Comercializadores e Consumidores Cualificados, sección 1ª, do Ministerio de Industria, Enerxía e Turismo co nº R1-002, é a empresa titular da infraestrutura denominada CT Escorial, integrada na arquitectura da LMT GRN-716 da súa rede de distribución e rexistrada nesta xefatura territorial baixo os seguintes

Antecedentes:

Denominación da infraestrutura eléctrica

CT Escorial

Nº expediente

51.472 e IN407A 2016/287-1

Segundo. O 23.8.2022, UFD Distribución Electricidad, S.A. solicitou a esta xefatura territorial o outorgamento da autorización administrativa de peche das instalacións descritas no proxecto de execución denominado Desmontaxe CT Escorial aéreo (15ABN4). Concello da Coruña, dentro dun plan de reordenación de instalacións no contorno do lugar de Penarredonda (termo municipal da Coruña); para tal fin, proxéctase a desmontaxe do centro de transformación Escorial manténdose a continuidade da LMT GRN-716 que o alimenta.

Terceiro. O promotor achegou xunto coa dita solicitude o proxecto de execución, que inclúe memoria, planos e orzamento, conforme establece o artigo 123 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, que comprende os seguintes documentos:

– Proxecto de execución denominado Desmontaxe CT Escorial aéreo (15ABN4). Concello da Coruña, subscrito por Victoriano González Lemos, enxeñeiro técnico industrial (colexiado nº 2.980 do COETI de Vigo), acompañado de declaración responsable asinada o 1.7.2022 polo técnico proxectista, conforme a Instrución 5/2012, do 15 de novembro, da Dirección Xeral de Industria, Enerxía e Minas, sobre os criterios que se aplican para exixir visado colexial en materia de industria e enerxía (DOG nº 229, do 30 de novembro).

Cuarto. Coa mención expresa recollida no punto 4. Regulamentación da memoria do dito proxecto, o técnico proxectista acredita o cumprimento da normativa de aplicación nos termos dispostos no artigo 53.1.b) da Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, e na Resolución do 19 de febreiro de 2014, da Dirección Xeral de Enerxía e Minas da Consellería de Economía e Industria, pola que se aproba o procedemento de autorización administrativa de construción (DOG nº 54, do 19 de marzo).

Quinto. O proxecto presentado por UFD Distribución Electricidad, S.A. non se someteu ao trámite de información pública, de conformidade co disposto no artigo 50 da Lei 9/2021, do 25 de febreiro, de simplificación administrativa e de apoio á reactivación económica de Galicia (DOG nº 39, do 26 de febreiro).

En cumprimento do artigo 46.e) da dita lei, o solicitante declarou que na execución das instalacións recollidas no proxecto de referencia non se afectan bens e/ou dereitos de propiedade particular.

Sexto. O 2.12.2022, os servizos técnicos da xefatura territorial emitiron informe sobre a solicitude feita por UFD Distribución Electricidad, S.A.

Consideracións legais e técnicas:

1. O xefe territorial da Coruña da Consellería de Economía, Industria e Innovación é competente para resolver o presente expediente, ao abeiro do disposto no Decreto 9/2017, do 12 de xaneiro, da Consellería de Economía, Emprego e Industria, polo que se establecen os órganos competentes para a resolución dos procedementos de autorización de instalacións eléctricas que sexan competencia da Comunidade Autónoma de Galicia (DOG nº 22, do 1 de febreiro), e no Decreto 116/2022, do 23 de xuño, da Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación, polo que se establece a estrutura orgánica da Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación (DOG nº 126, do 4 de xullo).

2. A lexislación de aplicación a este expediente é:

– Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (BOE nº 310, do 27 de decembro).

– Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica (BOE nº 310, do 27 de decembro).

– Real decreto lei 23/2020, do 23 de xuño, polo que se aproban medidas en materia de enerxía e noutros ámbitos para a reactivación económica (BOE nº 175, do 24 de xuño).

– Real decreto 223/2008, do 15 de febreiro, polo que se aproban o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en liñas eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias ITC-LAT 01 a 09 (BOE nº 68, do 18 de marzo).

– Real decreto 337/2014, do 9 de maio, polo que se aproban o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en instalacións eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias ITC-RAT 01 a 23 (BOE nº 139, do 9 de xuño).

– Real decreto 842/2002, do 2 de agosto, polo que se aproba o Regulamento electrotécnico para baixa tensión (BOE nº 224, do 18 de setembro).

3. As características máis significativas das instalacións recollidas no proxecto Desmontaxe CT Escorial aéreo (15ABN4). Concello da Coruña, obxecto da solicitude de outorgamento da autorización administrativa de peche, son:

• Desconexión e desmontaxe do CT intemperie Escorial (expedientes 51.472 e IN407A 2016/287-1/matrícula: 15ABN4), de 160 kVA de potencia e relación de transformación 15/0,4-0,23 kV, instalado entre apoios de formigón pertencentes ás LLMMTT GRN-714 e GRN-716, a modo de pórtico, que se manteñen dándolles continuidade ás citadas liñas.

• Desconexión e desmontaxe de toda a aparellaxe MT e BT de protección, manobra e telexestión, así como dos seus respectivos soportes.

• Reordenación da rede de baixa tensión alimentada desde o CT Escorial, que pasará a ser subministrada desde o CT Facultade de Filoloxía (expediente IN407A 2019/1931-1/matrícula: 15SPE1).

• Localización: avenida de Nova York, lugar de Penarredonda. Termo municipal da Coruña.

4. A Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, establece no seu artigo 38.2 que se considerarán elementos constitutivos da rede de distribución todos aqueles activos da rede de comunicacións, proteccións, control, servizos auxiliares, terreos, edificacións e demais elementos auxiliares, eléctricos ou non, necesarios para o axeitado funcionamento das redes de distribución, incluídos os centros de control en todas as partes e elementos que afecten as instalacións de distribución.

5. No seu artigo 39.1, a dita Lei 24/2013, do 26 de decembro, dispón que o peche das instalacións de distribución estará sometido, con carácter previo, ao réxime de autorizacións establecido no artigo 53 precisando, polo tanto, autorización administrativa previa. O procedemento para o seu outorgamento é o indicado nos artigos 135 a 139 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro.

6. No expediente administrativo consta un informe dos servizos técnicos do Servizo de Enerxía e Minas desta xefatura territorial en que se manifesta que a solicitude feita por UFD Distribución Electricidad, S.A., de outorgamento da autorización administrativa de peche das instalacións eléctricas recollidas no proxecto Desmontaxe CT Escorial aéreo (15ABN4). Concello da Coruña (expediente IN407A 2022/237-1), cumpre cos requisitos legais.

De acordo con todo o indicado,

RESOLVO:

Conceder a UFD Distribución Electricidad, S.A. a autorización administrativa de peche dos seguintes elementos:

• CT intemperie Escorial (expedientes 51.472 e IN407A 2016/287-1/matrícula: 15ABN4), de 160 kVA de potencia e relación de transformación 15/0,4-0,23 kV e de toda a súa aparellaxe MT e BT de protección, manobra e telexestión, así como dos seus respectivos soportes.

Todo o anterior, coas seguintes consideracións:

– De conformidade co disposto no artigo 138.2. do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, aténdese ao solicitado por UFD Distribución Electricidad, S.A., de tal xeito que as instalacións descritas no proxecto Desmontaxe CT Escorial aéreo (15ABN4). Concello da Coruña, serán desmanteladas na súa totalidade.

– A presente autorización outórgase sen prexuízo daquelas concesións e autorizacións que sexan necesarias de acordo con outras disposicións que sexan de aplicación segundo a lexislación vixente e, en especial, as relativas á ordenación do territorio e ao ambiente, tal e como se dispón no artigo 120.2. do título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro.

– Segundo o establecido no artigo 111 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, a presente autorización circunscríbese ás instalacións de tensión maior de 1 kV.

– Considerando a proposta indicada no proxecto de referencia polo titular da infraestrutura, a desconexión e o desmantelamento das instalacións estarán rematados no prazo previsto de catro (4) meses, contado a partir da data de obtención da última autorización administrativa que sexa necesario obter por parte de UFD Distribución Electricidad, S.A. para a execución dos traballos.

– Unha vez rematado o desmantelamento, UFD Distribución Electricidad, S.A. solicitará a esta xefatura territorial o levantamento da acta de peche da instalación para o que presentará a seguinte documentación:

a) Un certificado do/da director/a da desmontaxe en que se garantirá o cumprimento das especificacións do proxecto e prescricións complementarias, se as houber, así como das regulamentacións e normas que resulten de aplicación.

b) Xustificación e/ou certificación do tratamento dos residuos xerados no proceso de desconexión e desmonte das instalacións.

– En cumprimento do establecido no artigo 155 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, as servidumes de paso de enerxía eléctrica establecidas no seu momento pola construción do CT Escorial, que son as inherentes ás instalacións de distribución, quedarán extinguidas no momento en que sexa emitida a acta de peche.

Contra a presente resolución, que non é definitiva en vía administrativa, poderase interpor recurso de alzada ante o vicepresidente primeiro e conselleiro de Economía, Industria e Innovación no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da notificación ou publicación, segundo o disposto nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE nº 236, do 2 de outubro), sen prexuízo de que os interesados poidan promover calquera outra acción que consideren pertinente para a defensa dos seus intereses.

Mediante este documento notifícaselle a UFD Distribución Electricidad, S.A. esta resolución, segundo o exixido no artigo 40.1 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE nº 236, do 2 de outubro).

A Coruña, 5 de decembro de 2022

Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña